Duvidha
Aparencia
Duvidha | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Duvidha |
Director | Mani Kaul |
Produtor | Film Finance Corporation (NFDC) National Music Dance Centre |
Guión | Mani Kaul |
Baseado en | Duvidha de Vijaydan Detha |
Intérpretes | Ravi Menon Raisa Padamsee |
Fotografía | Navroz Contractor |
Montaxe | Ravi Patnaik |
Estrea | 1973 30 de marzo de 2021 (CGAI) |
Duración | 84 minutos |
Orixe | India |
Xénero | Pantasmas |
Na rede | |
Duvidha é un filme indio de 1973 dirixido por Mani Kaul, baseado nunha historia rajasthani homónima escrita por Vijaydan Detha.[1] Está protagonizado por Ravi Menon e Raisa Padamsee. O filme foi aclamado pola crítica e valeulle ó director o Premio Nacional de Cinema á mellor dirección[2] e o Premio da Crítica ó mellor filme nos Premios Filmfare de 1974.[3] Foi refeito no ano 2005 baixo o título Paheli, protagonizado por Shahrukh Khan e Rani Mukherjee.
Estreouse subtitulado en galego o 30 de marzo de 2021, no Centro Galego de Artes da Imaxe (A Coruña).[4]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Raisa Padamsee como Lachhi
- Ravi Menon como Krishnalal, fillo do mercador
- Hardan
- Shambhudan
- Manohar Lalas
- Kana Ram
- Bhola Ram
Produción
[editar | editar a fonte]O filme foi rodado na vila de Borunda, en Tehsil Bilara, no distrito de Jodhpur, a vila natal do autor Vijay Dan Detha' Bijji.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Profile". upperstall.com.
- ↑ "21st National Film Awards" (PDF). Directorate of Film Festivals. p. 2,32. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de abril de 2012. Consultado o 29 de setembro de 2011.
- ↑ "Filmmaker Mani Kaul dead". The Hindu. 6 de xullo de 2011.
- ↑ cgai.xunta.gal (ed.). "Duvidha no Centro Galego de Artes da Imaxe". Consultado o 13 de xullo de 2021.