Dziga Vertov
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xaneiro de 1896 Białystok (Imperio Ruso) |
Morte | 12 de febreiro de 1954 (58 anos) Moscova (Unión Soviética) |
Causa da morte | cancro |
Lugar de sepultura | cemiterio Novodevichii |
Actividade | |
Ocupación | guionista, director de fotografía, montador, director de cinema, realizador |
Período de actividade | 1917 - |
Xénero artístico | Documental |
Familia | |
Cónxuxe | Elizaveta Svilova (1929–1954) |
Irmáns | Mikhail Kaufman Boris Kaufman |
Premios | |
Descrito pola fonte | UbuWeb Obálky knih, Enciclopedia soviética armenia, volume 11, (p.420) |
|
David Abelevich Kaufman (ruso Дави́д А́белевич Ка́уфман), nado o 2 de xaneiro de 1886 en Białystok e finado o 12 de febreiro de 1954 en Moscova —máis coñecido polo seu pseudónimo Dziga Vertov, ou Vertof (ruso Дзи́га Ве́ртов)— foi un director e teórico pioneiro do cine documental soviético. As súas teorías sobre a rodaxe influíron sobre o estilo de cinéma vérité de realización de documentais e sobre o Grupo Dziga Vertov, unha cooperativa de cinema que estivo activa nos anos 1960.
No 2012, nunha enquisa de Sight and Sound, os críticos votaron o filme de Vertov Tchelovek s kinoapparatom (1929) o oitavo mellor filme xamais feito.[1]
Os irmáns de Vertov Boris Kaufman e Mikhail Kaufman foron tamén afamados cineastas, así como a súa muller, Elizaveta Svilova.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- 1918 Кинонеделя (Kino Nedelya/Cine Semana)
- 1919 Годовщина революции (Aniversario da Revolución)
- 1922 История гражданской войны (Historia da Guerra Civil)
- 1924 Советские игрушки (Xoguetes soviéticos)
- 1924 Кино-глаз (Kino-Glaz/Cine-Ollo)
- 1925 Киноправда (Kino Pravda/Cine Verdade)
- 1926 Шестая часть мира (Unha sexta parte do mundo)
- 1928 Одиннадцатый (O onceno ano)
- 1929 Человек с киноаппаратом (Tchelovek s kinoapparatom)
- 1930 Энтузиазм (Симфония Донбаса) (Entuziazm/Entusiasmo)
- 1934 Три песни о Ленине (Tres Cancións Sobre Lenin)
- 1937 Памяти Серго Орджоникидзе (En Memoria de Sergo Ordzhonikidze)
- 1937 Колыбельная (Canción de ninar)
- 1938 Три героини (Tres Heroínas)
- 1942 Казахстан — фронту! (Casaquistán á fronte!)
- 1944 В горах Ала-Тау (Nos Montes de Ala-Tau)
- 1954 Новости дня (Novas do Día)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sight & Sound Revises Best-Films-Ever Lists". studiodaily. 1 de agosto de 2012. Arquivado dende o orixinal o 5 de febreiro de 2021. Consultado o 1 de agosto de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |