Saltar ao contido

Ecgberht de Wessex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEcgberht de Wessex

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ang) Ecgbryht
(en) Egbert, Eagberht Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento771 (>775) Editar o valor en Wikidata
Wessex Editar o valor en Wikidata
Morte839 Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
Wessex Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacatedral de Winchester
Winchester Editar o valor en Wikidata
Rei de Mercia
829 – 830
← Wiglaf de MerciaWiglaf de Mercia →
Rei de Wessex
802 – 839
← Beorhtric de WessexAethelwulf de Wessex → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Wessex Editar o valor en Wikidata
Cónxuxeunnamed wife of King Egbert of Wessex Editar o valor en Wikidata
FillosAethelwulf de Wessex, Aethelstan de Kent, Eadgyth Editar o valor en Wikidata
PaisEalhmund de Kent Editar o valor en Wikidata  e unnamed mother of King Egbert of Wessex Editar o valor en Wikidata
IrmánsÆthelburh of Wilton Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Dictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Wessex-3
Ecgberht: retrato imaxinario, realizado por un artista descoñecido. Descoñécese a súa aparencia verdadeira.

Ecgberht (Egbert, Egberto Ecgbert), nado c. 770 e finado en xullo de 839, foi rei de Wessex desde 802 até a súa morte. Baixo o seu reinado, Wessex converteuse no máis poderoso dos reinos anglosaxóns, derrocando a supremacía de Mercia. Foi chamado Bretwalda ("gobernante de Britania"). O seu neto Alfredo o Grande foi o primeiro en usar o título de "rei dos anglosaxóns".

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Os historiadores discrepan sobre a ascendencia de Ecgberht. A primeira versión da Crónica anglosaxoa, a Crónica de Parker, comeza cun limiar xenealóxico que rastrea a ascendencia do fillo de Ecgberht, Æthelwulf, a través de Ecgberht, Ealhmund (que se cre que es Ealhmund de Kent), e os descoñecidos Eoppa e Eafa até Ingild, irmán do rei Ine de Wessex , quen abdicou do trono no 726 e continúa até Cerdic, fundador da Casa de Wessex.[1]

A descendencia de Ecgberht dende Ingild foi aceptada por Frank Stenton aínda que non a continuidade da xenealoxía anterior de , pero no la genealogía anterior até Cerdic.[2] Por outra banda, Rory Naismith consideraba que a orixe de Kent era pouco probable, e que é máis probable que "Ecgberht nacese dunha poboación real de Wessex".[3]

O ano 825, a Crónica anglosaxoa afirma que Ecgberht enviou ao seu fillo Aethelwulf a Kent para recuperar os territorios que lle correspondían por dereito familiar. O pai de Ecgberht chamábase Ealhmund e atópase un homónimo Ealhmund, rei de Kent, nunha carta datada o ano 784, que é identificado co pai de Ecgberht, nun anexo posterior á Crónica datado no ano 784. É posíbel, con todo, que a Crónica de 825 se refira a algunha reclamación por Ine de Wessex, de cuxo irmán Ingeld, Ecgberht foi descendente.

Seguindo coa conquista de Kent, Ecgberht emitiu unha carta como rei dos saxóns occidentais e dos habitantes de Kent[4].

Despois do asasinato do rei Cynewulf de Wessex en 786, Ecgberht pode disputar a sucesión, pero o trono foi para Beorhtric, un aliado de Offa de Mercia. Ecgberht marchou ao exilio ao ser expulsado por Offa e Beorhtric, probabelmente en 789. Durante este período viviu cos francos no continente, e aínda que se di que durou tres anos, algúns historiadores suxeriron que este lapso realmente pode durar trece anos (789-802), co que se explicaría o paradoiro de Ecgberht durante todo o período que precedeu á morte de Beorhtric.

Beorhtric gobernou suxeito aos reis mercianos (Offa e, desde 796, Coenwulf) e Ecgberht, probabelmente, buscou maior independencia para Wessex.

Recoñecido este como rei polos saxóns occidentais á morte de Beorhtric en 802, pero o mesmo día do seu ascenso ao trono, Æthelmund, conde de Hwicce, conduciu unha incursión a Wessex. Æthelmund foi derrotado e asasinado por Weoxtan, conde de Wiltshire, quen tamén perdeu a vida nesta batalla.

En 815 Ecgberht devastou todos os territorios dos galeses occidentais, que probabelmente neste tempo non incluían moito máis que Cornualla; probabelmente, desde o seu reinado, Cornualla pode ser considerado suxeito a Wessex.

O seguinte acontecemento importante no reinado foi a derrota de Beornwulf de Mercia nun lugar chamado Ellandun en 825. Despois desta vitoria, Kent, Surrey, Sussex e Essex sometéronse a Wessex, mentres os anglos do leste, quen se levantaron contra o reinado dos mercianos e volvéronse bruscamente cara a Beornwulf pouco despois, recoñeceron a Ecgberht como señor. Para consolidar estas conquistas, en 827 fundábase o reino de Inglaterra.

En 829 o rei conquistou Mercia e Eanred de Northumbria aceptouno como señor despois de rexeitarse a pelexar contra el en Dore (hoxe un suburbio de Sheffield). En 830 liderou unha exitosa expedición contra os galos e ese mesmo ano, Mercia recobrou a súa independencia baixo a rexencia de Wiglaf, aínda que non existe certeza sobre a orixe desta independencia, unha rebelión ou resultado dunha concesión de Ecgberht a Wiglaf. En 836 Ecgberht foi derrotado polos daneses, pero en 838 gañou unha batalla contra eles e os seus aliados, os galeses do oeste en Hingston Down en Cornualla.

Matrimonio e descendencia

[editar | editar a fonte]

Ecgberht casou con Redburga, unha princesa franca (posibelmente unha irmá ou cuñada do emperador Carlomagno) e tiveron dous fillos, Aethelwulf de Wessex e Aethelstan de Kent, e unha filla, Milia de Wessex que casou con Rodrigo Romaes, neto de Froila I e sobriño de Afonso II.[5]

Falecemento

[editar | editar a fonte]

Morreu aproximadamente no ano 839 e foi sepultado na antiga igrexa de Winchester. Varios cofres mortuorios que contiñan os ósos dos reis de Wessex e Inglaterra foron transferidos á súa nova localización na Catedral de Winchester o século XI. Durante a Guerra civil inglesa, os soldados parlamentarios vertieron os ósos de Ecgberht e outros reis e utilizáronos para crebar as xanelas da igrexa. Os ósos revoltos foron recolocados nos cofres. Pero é imposíbel distinguilos sen un exame forense (agora hai catro cranios no cofre de Ecgberht xunto a outros ósos).

Foi sucedido polo seu fillo, o rei Aethelwulf de Wessex.

  1. Garmonsway, G.N., ed. (1955). The Anglo-Saxon Chronicle (en inglés). J. M. Dent & Sons, Ltd. pp. pp. XXXII, 2 e4. 
  2. Stenton (1971), pp. 65–66
  3. Naismith (2011), p. 16
  4. anglo-saxons.net
  5. Diario, Nós (2019-01-20). "Milia de Wessex: a princesa británica que deu raíñas a Galiza". Nós Diario. Consultado o 2022-08-03. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]