Saltar ao contido

Eclipse de Lúa de setembro de 2015

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eclipse total de Lúa
28 de setembro de 2015
Anterior Eclipse | Eclipse total | Saros
Posterior Eclipse | Eclipse total | Saros

A Lúa pasando de dereita a esquerda a traverso da sombra da Terra.
Saros 137 (26 de 78)
Duración (h:min:s)
Total 01:11:55
Parcial 03:19:52
Penumbra 05:10:41
Contactos
P1 00:11:47 UTC
U1 01:07:11 UTC
Máximo 02:47:07 UTC
U4 04:27:03 UTC
P4 05:22:27 UTC

A Lúa atravesa a sombra da Terra en Piscis, pasando de oeste a leste (dereita a esquerda). Urano, de magnitude 5,7 pode ser visto con binoculares 16 graos ó leste da eclipse total de Lúa.

Unha eclipse superlunar total terá lugar entre a medianoite do 27 e o albor do 28 de setembro de 2015, segundo das dúas eclipses[1] lunares totais de 2015 e o derradeiro das eclipses das Lúas de sangue ou da tétrade de (2014-2015). Ocorrerá tamén acompañado polo fenómeno lunar chamado «superlúa».[2]

A seguinte eclipse total non terá lugar ata xaneiro de 2018.

Visualización

[editar | editar a fonte]

O seguinte mapa amosaa as rexións dende as que será posible ver a eclipse. En gris, as zonas que non verán a eclipse; en branco, as que si o verán; en celeste, as que poderán vela na saída ou recollida lunar.

Perspectiva da Lúa

[editar | editar a fonte]
As imaxes amosan a perspectiva dende a Lúa no máximo da eclipse. O fenómeno será visible sobre o océano Atlántico, Europa, América e África.

Superlúa

[editar | editar a fonte]

Esta Lúa eclipsada verase un 12,9 % maior en diámetro que outras eclipses lunares, (29,66' para unha eclipse de tamaño aparente menor, e 33,47' para esta eclipse, diámetros vistos dende o centro da Terra. As seguintes imaxes dan unha idea da diferenza:

Véxase tamén: Superlúa.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Eclipse lunar.
Esta animación en vídeo explica a eclipse superlunar do 27 e 28 de setembro de 2015.

Esta eclipse lunar ocorre cando a Lúa pasa dentro da sombra da Terra. Ao comezar a eclipse ás 00:11:47 (UTC), a sombra da Terra escureceu primeiro un pouco a Lúa. A sombra comezou a cubrir a Lúa, comunicándolle unha cor vermella-marrón escura (a cor pode variar en función das condicións atmosféricas). A Lúa parece ser de cor arrubiada pola dispersión de Rayleigh (o mesmo efecto que fai que o solpor apareza de cor vermella) e a refracción da luz pola atmosfera da Terra na súa umbra. O seu momento máximo máis avermellado é 02:47:07 (UTC), finalizando cara ás 05:22:27 (UTC).

A seguinte simulación amosa o aspecto aproximado da Lúa ó pasar a traverso da sombra da Terra. Nela, o brillo da Lúa é esaxerado dentro da sombra limiar. A parte norte da Lúa, máis próxima ó centro da sombra, aparece máis escura, e a aparencia da maioría é vermella.


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • OAN Sección de eclipses da páxina de efemérides do Observatorio Astronómico Nacional de España, con gráficos da secuencia da eclipse dende Madrid e dende Tenerife.