Edovius
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Edovius é unha deidade acuática galega da cultura castrexa. Acredita a súa veneración unha inscrición de trazos prerromanos, aínda que en latín, atopada nos alicerces da arqueta das augas termais de Caldas de Reis dedicada a unha divindade indíxena por un asinante de onomástica indíxena. Desta inscrición queda copia no frontispicio do balneario Dávila da localidade, xa que o orixinal desapareceu en 1909 logo da Exposición Rexional de 1909 en Santiago de Compostela. Unha segunda inscrición de características semellantes e texto máis longo foi salvada polos veciños da vila en 2009. Procedía dun camión de desentullo de obra dunha casa particular na que formaba parte dos muros. Consérvase no Museo de Pontevedra pendente de interpretación.
Inscrición
[editar | editar a fonte]EDOVIO ADALUS CLOUTAI V(OTUM) S(OLVIT) L(IBENS) M(ERITO).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Diez de Velasco, Francisco. "Tutorial de la asignatura Historia de las Religiones". Universidad de La Laguna.