Saltar ao contido

Edward Gorey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEdward Gorey

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Edward Saint John Gorey Editar o valor en Wikidata
22 de febreiro de 1925 Editar o valor en Wikidata
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte15 de abril de 2000 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Hyannis, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
ResidenciaElephant House (en) Traducir (1979–2000) Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard (1946–1950)
School of the Art Institute of Chicago (en) Traducir (1943–1943)
Francis W. Parker School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, diseñador de vestuario, ilustrador, monicrequeiro Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioEduard Blutig
E. D. Ward
Ogdred Weary
Garrod Weedy
O. Mude
Regera Dowdy
Ædwyrd Goré
Edward Bloody
Dogear Wryde Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
PaisEdward Lee Gorey Editar o valor en Wikidata  e Helen Dunham Garvey Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteArquivos biográficos da biblioteca e museo Billy Ireland Cartoon
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webedwardgorey.org Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0330854 IBDB: 5282
BNE: XX925972 Musicbrainz: 45a917b2-1a46-4361-90e3-6cda03a54b62 Discogs: 65720 WikiTree: Gorey-15 Find a Grave: 6640365 Editar o valor en Wikidata

Edward St. John Gorey, nado en Chicago o 22 de febreiro de 1925 e finado o 15 de abril de 2000, foi un artista recoñecido polos seus debuxos torcidos e macabros.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Asistiu a varias escolas primarias locais e logo á Escola Francis W. Parker. Entre 1944 e 1946 estivo no exército en Dugway Proving Ground, e entre 1946 e 1950 asistiu a Harvard, onde estudou francés e compartiu habitación co poeta Frank O'Hara.

Aínda que adoitaba declarar que a súa aprendizaxe artística formal foi insignificante, Gorey estudou arte durante un semestre no Chicago Art Institute en 1943, chegando a ser co tempo un ilustrador profesional. Entre 1953 e 1960 viviu en Nova York e traballou para o Departamento de Arte de Doubleday Anchor, ilustrando portadas de libros. O seu primeiro traballo, The Unstrung Harp (A Arpa sen encordar), foi publicado en 1953. Tamén publicou baixo pseudónimos como Ogdred Weary, un anagrama do seu primeiro nome e o apelido.

Os libros de historias ilustradas e debuxos de Gorey, cos seus aires ominosos enmarcados nas épocas victoriana e eduardina, tiveron un seguimento de culto, pero Gorey chegou a ser ben coñecido desde a súa chegada á serie da PBS Mystery! en 1980 e os seus deseños para a produción de Broadway de Drácula en 1977, mercede á que gañou o Tony Award ó Mellor Deseño de Vestiario e foi tamén nomeado para o Mellor Deseño Escénico.

En anos posteriores, Gorey viviu en Yarmouth Port, Massachusetts, en Cape Cod, onde escribiu e dirixiu numerosos espectáculos nocturnos, onde decotío presentaba as súas propias marionetas de papel maché, nunha compañía coñecida como La Theatricule Stoique. O seu maior traballo teatral foi o libreto para "Opera Seria for Handpuppets", The White Canoe, para unha partitura do compositor Daniel James Wolf.

Foi notable pola súa afección ó ballet (durante moitos anos asistiu a tódalas representacións do New York City Ballet) e ós gatos. Ambas figuras aparecen na súa obra. O seu coñecemento da literatura e cine era infrecuentemente extenso, e nas súas entrevistas nomeaba como artistas favoritos a Jane Austen, Francis Bacon, George Balanchine, Balthus, Louis Feuillade, Ronal Firbank, Lady Murasaki Shikibu, Robert Musil, Yasujiro Ozu, Anthony Trollope ou Vermeer.
Entre 1996 e a súa morte en abril de 2000 viviu só, e seguiu traballando como ilustrador. Nese tempo foi o centro dun documental dirixido por Christopher Seufert, aínda pendente de estrenarse.
A súa casa en Cape Cod é chamada Elephant House e agora serve como galería e museo.

Escribiu máis de 100 libros, incluíndo:

  • The Unstrung Harp, 1953
  • The Doubtful Guest, 1957
  • The Object-Lesson, 1958
  • The Curious Sofa: a Pornographic Tale by Ogdred Weary, 1961
  • The Hapless Child, 1961
  • The Willowdale Handcar: or, the Return of the Black Doll, 1962
  • The Gashlycrumb Tinies, 1963
  • The Insect God, 1963
  • The West Wing, 1963
  • The Gilded Bat, 1967
  • The Epilectic Bicycle, 1969
  • The Iron Tonic: or, a Winter Afternoon in Lonely Valley, 1969
  • The Awdrey-Gore Legacy, 1972
  • The Glorious Nosebleed, 1975
  • Gorey Stories, 1983
  • The Haunted Tea Cosy, 1998
  • The Headless Bust: A Melancholy Meditation for the False Millenium, 1999
  • The Other Statue, 2001

Moitas das obras de Gorey foron publicadas imperceptiblemente e son difíciles de encontrar ou caras. Porén, os seguintes catro recompilatorios recollen xuntos boa parte do seu material. Dado que os seus libros orixinais son curtos, os recompilatorios conteñen ata 15 por cada volume.

  • Amphigorey 1972 - Foi publicado en castelán e contén The Unstrung Harp, The Listing Attic, The Doubtful Guest, The Object-Lesson, The Bug Book, The Fatal Lozenge, The Hapless Child, The Curious Sofa, The Willowdale Handcar, The Gashlycrumb Tinies, The Insect God, The West Wing, The Wuggly Ump, The Sinking Spell, e The Remembered Visit.
  • Amphigorey Too, 1975.
  • Amphigorey Also, 1983.
  • Amphigorey Again, 2004.

Tamén ilustrou outros 60 traballos doutros autores, como Edward Lear, John Bellairs ou John Ciardi. Serviu de importante influencia a Tim Burton.

A Gorey gustábanlle moito os xogos de palabras, en particular os anagramas. Escribiu moitos dos seus libros baixo pseudónimos que eran frecuentemente anagramas do seu propio nome. "Eduard Blutig" é outro xogo de palabras: "Blutig" é o correspondente en alemán (lingua na que escribiu o título das obras escritas con ese pseudónimo) de "bloody" (sanguento), un sinónimo de "gory".

  • Ogdred Weary - The Curious Sofa, The Beastly Baby
  • Mrs. Regera Dowdy - The Pious Infant
  • Eduard Blutig - The Evil Garden (traducido de Der Böse Garten por Mrs. Regera Dowdy), The Tuning Fork (traducido de Der Zeitirrthum por Mrs. Regera Dowdy)
  • Raddory Gewe - The Eleventh Episode
  • Dogear Wryde - The Broken Spoke/Cycling Cards
  • E. G. Deadworry - The Awdrey-Gore Legacy
  • D. Awdrey-Gore - The Toastrack Enigma, The Blancmange Tragedy, The Postcard Mystery, The Pincushion Affair, The Toothpaste Murder, The Dustwrapper Secret (Estes libros, aínda que atribuídos a Awdrey-Gore no libro de Gorey, The Awdrey-Gore Legacy, non foron realmente escritos.)
  • Edward Pig - The Untitled Book
  • Wardore Edgy
  • Madame Groeda Weyrd - The Fantod Deck

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]