Edward R. Murrow
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Egbert Roscoe Murrow 25 de abril de 1908 Greensboro, Estados Unidos de América |
Morte | 27 de abril de 1965 (57 anos) Pawling, Estados Unidos de América (en) |
Causa da morte | cancro de pulmón |
Educación | Universidade Estatal de Washington Burlington-Edison High School (en) Aiglon College (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Xornalista |
Ocupación | xornalista |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra do Vietnam Guerra de Corea |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Janet Huntington Brewster (1935–1965) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Edward R. "Ed" Murrow, nado como Egbert Roscoe Murrow[1] no condado de Guilford o 25 de abril de 1908 e finado en Pawling o 27 de abril de 1965, foi un xornalista estadounidense. Traballou como locutor de noticias para a CBS na radio e na televisión.
Alcanzou a fama como locutor de radio durante a segunda guerra mundial. As súas transmisións eran seguidas por millóns de ouvintes nos Estados Unidos. Os principais historiadores do período considérano unha das grandes figuras do xornalismo do seu tempo. Murrow contratou un equipo de correspondentes de guerra de grande altura e caracterizouse pola súa honradez e integridade á hora de difundir as novas. Foi un dos pioneiros da televisión e produciu unha serie de reportaxes que o enfrontaron co senador Joseph McCarthy.
Honras
[editar | editar a fonte]- Murrow recibiu en varias ocasións o premio Peabody, individualmente e en grupo.[2]
- En 1947 Murrow recibiu o Alfred I. duPont Award.[3]
- En 1964, Murrow recibiu a Medalla Presidencial da Liberdade.
- Recibiu un George Polk Award especial en 1951 e 1952.
- En 1967, recibiu un premio Grammy ao mellor álbum falado por Edward R. Murrow – A Reporter Remembers, Vol. I The War Years.
- O Edward R. Murrow Award é entregado anualmente pola Radio Television Digital News Association ao "mérito destacado en xornalismo electrónico".
- Existe unha estatua a Edward R. Murrow no Greensboro Historical Museum.[4]
- En 1984, Murrow foi incluído postumamente no Television Hall of Fame.
- En 1996, Murrow foi nomeado # 22 nas "50 maiores estrelas da televisión de todos os tempos" de TV Guide.[5]
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]Rodáronse varios filmes inspirados completa ou parcialmente por Murrow. En 1986, HBO estreou o biopic Murrow, con Daniel J. Travanti como protagonista e Robert Vaughn nun papel secundario. Good Night, and Good Luck é un filme de 2005 dirixido, coprotagonizado e coescrito por George Clooney sobre o conflito entre Murrow e Joseph McCarthy en See It Now. Murrow foi interpretado polo actor David Strathairn, que recibiu unha candidatura ao Oscar ao mellor actor.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Edward R. Murrow". NCPedia. State Library of North Carolina. Consultado o 10 de agosto de 2016.
- ↑ "George Foster Peabody Award Winners" (PDF). Universidade de Xeorxia. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26-07-2011. Consultado o 11-8-2012.
- ↑ All duPont–Columbia Award Winners Arquivado 14 de agosto de 2012 en Wayback Machine., Columbia Journalism School. Consultado o 6-8-2013.
- ↑ "Edward R. Murrow". Greensboro Daily Photo. 2 de abril de 2009. Consultado o 20 de novembro de 2023.
- ↑ TV Guide Book of Lists. Running Press. 2007. pp. 188. ISBN 0-7624-3007-9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Edward R. Murrow |
A Galipedia ten un portal sobre: Estados Unidos de América |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Life and Work of Edward R. Murrow: an archives exhibit Arquivado 22 de setembro de 2018 en Wayback Machine., Digital Collections and Archives, Tufts University
- Murrow Papers at Mount Holyoke College Arquivado 02 de decembro de 2013 en Wayback Machine.