Eileen Heckart
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de marzo de 1919 Columbus, Estados Unidos de América |
Morte | 31 de decembro de 2001 (82 anos) Norwalk (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | cancro de pulmón |
Educación | Universidade Estatal de Ohio Bexley High School (en) Universidade de Ohio HB Studio |
Actividade | |
Ocupación | actriz de teatro, actriz de televisión, actriz de cinema, actriz |
Período de actividade | 1943 - |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Anna Eileen Herbert,[1][2] nada en Columbus (Ohio) o 29 de marzo de 1919 e finada en Norwalk (Connecticut) o 31 de decembro de 2001 foi unha actriz estadounidense coñecida como Eileen Heckart.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Heckart naceu en Columbus, Ohio, filla de Esther Stark, que casou con Leo Herbert (que non era o pai da nena) pola insistencia da súa nai para que a filla non tivese o estigma de ilexítima. A nena axiña foi adoptada polo segundo marido da súa avoa materna, J.W. Heckart, co apelido co que sería coñecida toda a súa vida.
Tras estudar arte dramática na Universidade Estatal de Ohio comezou a súa carreira en Broadway como axudante de escena en 1943. Continuou no teatro toda a súa vida, e en 2000, con 81 anos apareceu na obra The Waverly Gallery, de Kenneth Lonergan, no off-Broadway, gañando varios premios.
En 1972 gañou o Óscar á mellor actriz secundaria por Butterflies Are Free.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1956 | Miracle in the Rain | Grace Ullman | |
1956 | Somebody Up There Likes Me | Ma Barbella | |
1956 | Bus Stop | Vera | |
1956 | The Bad Seed | Hortense Daigle | |
1958 | Hot Spell | Alma's Friend | |
1960 | O pistoleiro de Cheyenne | Mrs. Lorna Hathaway | |
1967 | Up the Down Staircase | Henrietta Pastorfield | |
1968 | No Way to Treat a Lady | Mrs. Brummel | |
1969 | The Tree | Sally Dunning | |
1972 | Butterflies Are Free | Mrs. Baker | |
1974 | Zandy's Bride | Ma Allan | |
1975 | The Hiding Place | Katje | |
1976 | Burnt Offerings | Roz Allardyce | |
1983 | Trauma Center | Amy Decker R.N. | |
1986 | Seize the Day | Funeral Woman #1 | |
1986 | O sarxento de ferro | Little Mary Jackson | |
1994 | The 5 Mrs. Buchanans | Emma Buchanan | |
1996 | The First Wives Club | Catherine MacDuggan |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "On March 29, 1919, Anna Eileen Herbert was born, and her surname was quickly changed to Heckart." Yankee, Luke. Just Outside the Spotlight: Growing Up with Eileen Heckart. BackStage Books (2006), p. 16; ISBN 0-8230-7888-4; Library of Congress Control# 2006921113
- ↑ Pogrebin, Robin (2 de xaneiro de 2002). "Eileen Heckart, Oscar-Winning Actress, Is Dead at 82". The New York Times. Consultado o 1 de maio de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eileen Heckart |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Yankee, Luke (2006). Just Outside the Spotlight: Growing Up with Eileen Heckart. Back Stage Books. ISBN 0-8230-7888-4.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Eileen Heckart na IMDb (en inglés).