Eladio López Muñiz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1909 |
Morte | 6 de novembro de 1967 (57/58 anos) Lugo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Eladio López Muñiz, nado en 1909 finado en Lugo o 6 de novembro de 1967, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no colexio dos Maristas de Lugo e despois fixo Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1932.[1] Colaborou en Loita. Foi nomeado xuíz municipal do Páramo en agosto de 1934.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 afiliouse a Falanxe,[3] e foi secretario provincial de Prensa e Propaganda.[4] Foi secretario do concello de Castroverde. Posteriormente foi nomeado secretario provincial da Delegación de Abastecementos e Transportes, vicepresidente provincial de Obras Sindicais e vicepresidente do Club Deportivo Lugo.[5] Era propietario da librería Excelsior de Lugo. Finou en Lugo o 6 de novembro de 1967.[6]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María de la Concepción Rodríguez Regueiro en novembro de 1938,[7] e foi pai de Eladio, Manuel e María Luisa López Rodríguez.