Elena Facio Lince
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Salamina, Colombia (pt) |
Morte | c. século XX |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Elena Facio Lince, nada en Salamina no século XIX, tamén coñecida como Elena F. Lince, foi unha poetisa colombiana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada na cidade de Salamina,[1] está documentada durante a primeira metade do século XIX como poeta.[2] Deuse a coñecer con composicións como A Medellín, composta nunha "redondilla" hendecasílaba, La querida memoría de mi amiga Ana Rosa Rodríguez, dedicada a Ricardo Rodríguez, e A un pajarillo, composto por estrofas saficas e adónicas.[3] Foi colaboradora de varios xornais literarios.[1]
O seu irmán José María Facio tamén era poeta, mais morreu prematuramente.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Laverde Amaya, Isidoro (1882). Apuntes sobre bibliografía colombiana con muestras escogidas en prosa y en verso (en castelán). Bogotá: Librerías Soldevilla y Curriols.
- ↑ 2,0 2,1 Jaramillo Escobar, Jaime (2006). Medellín en la poesía: siglos XIX y XX (en castelán). Medellín: Instituto Tecnológico Metropolitano. pp. 319, 339.
- ↑ Suárez, José Bernardo (1878). Rasgos biográficos de mujeres célebres de América (en castelán). París e México: Librería de C. Bouret. pp. 93–95.