Saltar ao contido

Elliott Smith

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaElliott Smith

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Steven Paul Smith Editar o valor en Wikidata
6 de agosto de 1969 Editar o valor en Wikidata
Omaha, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte21 de outubro de 2003 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Echo Park, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteundetermined, stab wound to the chest (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónHampshire College (en) Traducir
Lincoln High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantautor, escritor, guitarrista, compositor, cantante, músico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1991 Editar o valor en Wikidata - 2003 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Heatmiser (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoIndie rock, indie pop, indie folk e Lo-fi Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioElliott Smith Editar o valor en Wikidata
TesituraTenor Editar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra, voz e piano Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoVirgin Records
DreamWorks Records
Cavity Search Records (en) Traducir
Domino Records
Caroline Records
Kill Rock Stars Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio websweetadeline.net Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0808129 Rottentomatoes: celebrity/elliott_smith_2
Facebook: elliottsmithofficial Spotify: 2ApaG60P4r0yhBoDCGD8YG iTunes: 2893902 Last fm: Elliott+Smith Musicbrainz: 03ad1736-b7c9-412a-b442-82536d63a5c4 Songkick: 299589 Discogs: 243300 Allmusic: mn0000172167 WikiTree: Smith-220919 Find a Grave: 8009229 Genius: Elliott-smith Editar o valor en Wikidata

Steven Paul "Elliott" Smith, nado en Omaha (Nebrasca) o 6 de agosto de 1969 e finado en Echo Park (Os Ánxeles, California) o 21 de outubro de 2003, foi un cantante, compositor e multiinstrumentista estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Medrou principalmente en Texas, e pasou gran parte da súa vida en Portland, Oregón, onde comezou a conseguir popularidade. O seu instrumento principal foi a guitarra, aínda que tamén tocaba o piano, o clarinete, o baixo, a batería e a harmónica. Smith tiña un estilo vocal peculiar, caracterizado pola súa "entrega susurrante",[1] e adoitaba a usar gravacións multipista para crear capas, texturas e harmonías de voces. Despois de tocar na banda de rock Heatmiser durante varios anos, Smith comezou a súa carreira en solitario en 1994, publicando traballos a través dos selos independentes Cavity Search e Kill Rock Stars. No ano 1997 fichou por DreamWorks Records e publicou dous álbums coa discográfica.[2] A música de Smith chegou ao gran público cando a súa canción "Miss Misery", incluída na banda sonora da película Good Will Hunting (1997), foi nomeada ao Óscar á Mellor canción orixinal en 1998.[3]

Smith bebía e usaba drogas e diagnosticáronlle trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH) e trastorno depresivo maior. Os seus problemas coas drogas e a súa saúde mental afectaron á súa vida e ao seu traballo, e adoitaban a aparecer nas súas letras. En 2003, con 34 anos, morreu nos Ánxeles, California, por dúas puñaladas no peito.[4] A autopsia non puido determinar se as feridas foran autoinflixidas ou se se trataba dun homicidio.[5] No momento da súa morte Smith estaba traballando no seu sexto álbum de estudio, From a Basement on the Hill, que foi postumamente rematado e publicado no 2004.

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Roman Candle 1994 Cavity Search
Elliott Smith 1995 Kill Rock Stars
Either/Or 1997 Kill Rock Stars
XO 1998 DreamWorks Records
Figure 8 2000 DreamWorks Records
From a Basement on the Hill 2004 ANTI-, Domino completado e rematado tras a súa morte
  1. "Elliott Smith - Elliott Smith | Songs, Reviews, Credits | AllMusic" (en inglés). Consultado o 2020-09-28. 
  2. "Elliott Smith: Figure 8". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-09-28. 
  3. "Today's Candy: Elliott Smith 'Miss Misery'". www.wearetheguard.com. 2012-09-06. Consultado o 2020-09-28. 
  4. "Rocker's Autopsy Doesn't Rule Out Homicide". The Smoking Gun (en inglés). 2010-07-12. Consultado o 2020-09-28. 
  5. Dansby, Andrew; Dansby, Andrew (2003-12-31). "Smith Autopsy Inconclusive". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-09-28.