Saltar ao contido

Emiliano García-Page

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEmiliano García-Page

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1968 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Toledo, España Editar o valor en Wikidata
Presidente da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha
4 de xullo de 2015 –
← María Dolores de Cospedal
Deputado nas Cortes de Castela-A Mancha
18 de xuño de 2015 –
Lexislatura: Q30752883 Traducir

Circunscrición electoral: Toledo (en) Traducir

Secretario Xeral PSOE Castela-A Mancha
26 de febreiro de 2012 –
← José María Barreda (pt) Traducir
Senador de España
16 de setembro de 2011 – 4 de xullo de 2015
Alcalde de Toledo
16 de xuño de 2007 – 13 de xuño de 2015
← José Manuel Molina GarcíaMilagros Tolón →
Deputado nas Cortes de Castela-A Mancha
17 de xuño de 2003 – 3 de abril de 2007
Lexislatura: Q47495851 Traducir

Circunscrición electoral: Toledo (en) Traducir

Conselleiro voceiro do Goberno de Castela-A Mancha
21 de febreiro de 2001 – 3 de maio de 2004
Deputado nas Cortes de Castela-A Mancha
7 de xullo de 1999 – 1 de abril de 2003
Lexislatura: Q47495850 Traducir

Circunscrición electoral: Toledo (en) Traducir

Conselleiro voceiro do Goberno de Castela-A Mancha
24 de marzo de 1998 – 22 de xullo de 1999
← Máximo Díaz-Cano del Rey (mul) Traducir
Conselleiro de Obras Públicas do Goberno de Castela-A Mancha
10 de xullo de 1997 – 24 de marzo de 1998
Conselleiro voceiro do Goberno de Castela-A Mancha
1 de setembro de 1993 – 11 de xullo de 1997 – Máximo Díaz-Cano del Rey (mul) Traducir →
Concelleiro de Toledo
30 de xuño de 1987 – 1 de setembro de 1993 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatólico romano Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Castela-A Mancha - licenciatura en Dereito Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Toledo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, avogado Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Participou en
26 de outubro de 2020quinto aniversario de El Español Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm13352082 Twitter: garciapage Editar o valor en Wikidata

Emiliano García-Page Sánchez, nado en Toledo o 11 de xuño de 1968, é un político español, actual presidente da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha.

Foi alcalde de Toledo e senador por Castela-A Mancha entre 2011 e 2015. Desde febreiro de 2012 é tamén secretario xeral do PSOE de Castela-A Mancha.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en dereito na Universidade de Castela-A Mancha.[cando?][Cómpre referencia]

Foi vicepresidente segundo da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha

Xa antes de cumprir os 18 anos afiliouse ás Xuventudes Socialistas. Ao superar a maioría de idade pasou formar parte do PSOE. O seu primeiro posto político foi o de concelleiro socialista no concello de Toledo de 1987 a 1993. De 1991 a 1993 foi tenente de alcalde baixo o goberno de Joaquín Sánchez Garrido. Mentres tanto, foi escalando posicións dentro do PSOE, primeiro foi membro do Comité Local (1987-1993), despois do Comité Provincial (1991-1995) e desde 1991 da Comisión Executiva Rexional. En 1997 foi elixido Secretario Provincial do PSOE.

Por outro lado, ocupou diversos cargos no goberno rexional de Castela-A Mancha, primeiro baixo a presidencia de José Bono e despois co seu sucesor, José María Barreda. Foi voceiro do goberno, Conselleiro de Obras Públicas, Conselleiro de Benestar Social e Conselleiro de Relacións Institucionais, así como Vicepresidente Rexional, posto que abandonou para presentarse ás eleccións municipais do 27 de maio de 2007. O seu principal rival foi o daquelas alcalde da cidade, José Manuel Molina García, do PP. A súa candidatura quedou en segundo lugar con 18.011 votos (o 43,35%), o que se traduciu en 11 concelleiros de 25 posibles. Pese a quedar por detrás do candidato do Partido Popular José Manuel Molina, asinou un pacto de goberno cos dous concelleiros de Izquierda Unida (encabezados por Aurelio San Emeterio), converténdonse no alcalde da cidade o 16 de xuño de 2007.

A finais de novembro do ano 2007, prohibiu ceder espazos municipais a unha conferencia atea denominada I Concilio Ateo (Toledo) organizada pola FIDA (Federación Internacional de Ateos) e a Plataforma Foro Ateo, tendo cedido el mesmo lugar en ocasións anteriores a grupos católicos, o que levou a unha gran polémica local, ficando en interdito a súa neutralidade en materia relixiosa.[1]

Nas eleccións municipais de 2011 enfrontouse como candidato a Paloma Barredo, candidata do Partido Popular e, de novo, a Aurelio San Emeterio por Izquierda Unida. En ditos comicios a súa candidatura foi a máis votada, obtendo un total de 20.025 votos, o que se traduciu en 12 concelleiro fronte a 11 do PP e 2 de IU, gañando o seu partido unhas eleccións municipais por primeira vez en democracia e sendo o primeiro alcalde socialista en repetir no cargo. Foi reelixido como alcalde sen contar cos votos de IU así que o PSOE empezou a súa lexislatura en solitario.

As Cortes de Castela-A Mancha, a iniciativa do Grupo Parlamentario Socialista, designárono senador autonómico o 16 de setembro de 2011. O 26 de febreiro de 2012 foi elixido secretario xeral do PSOE de Castela-A Mancha co 95'82 % dos votos.[2]

En 2015 convértese en presidente da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
José Manuel Molina García
 
Alcalde de Toledo
 
2007-2015
Sucesor:
Milagros Tolón
Predecesor:
José María Barreda
 
Secretario xeral do PSCM-PSOE
 
2012-actualidade
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
María Dolores de Cospedal
 
Presidente da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha
 
2015-actualidade
Sucesor:
No cargo