Saltar ao contido

Encefalomielite aguda diseminada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Encefalomielite aguda diseminada
Clasificación e recursos externos
ICD-10G04.0
ICD-9323.81
DiseasesDB158
eMedicineneuro/500
MeSHD004673
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A encefalomielite aguda diseminada[1] (EMAD) é unha doenza neurolóxica agrupada dentro do grupo das doenzas desmielinizantes.[2] Ten unha causa inmunolóxica[3][4][5][6], aparecendo días ou semanas despois após unha vacinación fronte a un determinado organismo, sobre todo fronte ás vacinas da varíola e da rabia. Neste senso, é unha especie de reacción adversa á vacinación. Tralo antecedente de vacinación, un proceso autoinmune provoca a inflamación brusca e monofásica do encéfalo e máis da medula espiñal. que afecta á substancia branca producíndose unha desmielinización, igual que acontece coa esclerose múltiple. De feito, moitos autores considérana unha esclerose múltiple borderline[7][8]. A incidencia desta doenza é da orde de 8 persoas por cada 1 000 000 de habitantes por ano.[9]

A sintomatoloxía principal consiste en:

Tratamento

[editar | editar a fonte]

Non existe un tratamento curativo da doenza. Así, o tratamento farmacolóxico céntrase en reducir a inflamación por medio de antiinflamatorios. Así, adoitan pautarse corticoides intravenosos a doses altas.

  1. Diccionario galego de termos médicos. Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Santiago de Compostela, 2002. encefalomielite aguda diseminadaPáxina 248.
  2. JJ Zarranz; Neuroloxía. Ed Esselvier, 4º edición. Capítulo 20: Doenzas desmielinizantes.
  3. Dale RC (2003). "Acute disseminated encephalomyelitis". Semin Pediatr Infect Dis 14 (2): 90–5. PMID 12881796. doi:10.1053/spid.2003.127225. 
  4. Garg RK (2003). "Acute disseminated encephalomyelitis". Postgrad Med J 79 (927): 11–7. PMC 1742586. PMID 12566545. doi:10.1136/pmj.79.927.11. 
  5. Jones CT (2003). "Childhood autoimmune neurologic diseases of the central nervous system". Neurol Clin 21 (4): 745–64. PMID 14743647. doi:10.1016/S0733-8619(03)00007-0. 
  6. Huynh W, Cordato DJ, Kehdi E, Masters LT, Dedousis C (2008). "Post-vaccination encephalomyelitis: literature review and illustrative case". J Clin Neurosci 15 (12): :1315–1322. PMID 18976924. doi:10.1016/j.jocn.2008.05.002. 
  7. Rust RS (2000). "Multiple sclerosis, acute disseminated encephalomyelitis, and related conditions". Semin Pediatr Neurol 7 (2): 66–90. PMID 10914409. doi:10.1053/pb.2000.6693. 
  8. Poser CM, Brinar VV (2007). "Disseminated encephalomyelitis and multiple sclerosis: two different diseases - a critical review". Acta Neurol. Scand. 116 (4): 201–6. PMID 17824894. doi:10.1111/j.1600-0404.2007.00902.x. 
  9. Leake JA, Albani S, Kao AS; et al. (2004). "Acute disseminated encephalomyelitis in childhood: epidemiologic, clinical and laboratory features". Pediatr. Infect. Dis. J. 23 (8): 756–64. PMID 15295226. doi:10.1097/01.inf.0000133048.75452.dd. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]