Enxunta
Aparencia
A enxunta[1] ou sobrazo[2] é o espazo de forma triangular que queda entre un arco e o rectángulo que o enmarca. Tamén se coñece como tímpano do arco[3]. A nivel construtivo é un elemento arquitectónico que define o espazo entre dous arcos ou o delimitado polo extradorso do arco e o alfiz[4] que o enmarca. Refírese o termo tamén aos espazos triangulares curvilíneos entre os arcos que sosteñen unha cúpula e o tambor desta.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Detalle dunha enxunta decorada no Palacio da Aljafería de Zaragoza.
-
Enxunta decorada no Taj Mahal.
-
Medallóns nos sobrazos.
-
Ponte cun sobrazo aberto, 1888.
-
Enxunta románica na tribuna do Priorado de Serrabona (~1150).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Termo galego empregado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC
- ↑ Termo galego empregado no Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004.
- ↑ Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC
- ↑ Moldura que envolve os tímpanos de arco do estilo árabe e que pode arrancar desde as impostas ou desde o chan. Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Vexa a entrada do Galizionario acerca de enxunta |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martín González, J.J. Historia del arte. Gredos. ISBN 9788424917227.