Saltar ao contido

Eosuquios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os eosuquios (Eosuchia) son unha orde extinta de réptiles diápsidos. Dependendo de en que taxons son incluídos a orde pode abranguer desde o Carbonífero tardío ao Eoceno, pero o consenso actual é que os eosuquios están restrinxidos ao intervalo que vai do Permiano ao Triásico.

Eosuchia foi inicialmente definido para incluír todos os réptiles "tecodontos" que non tiñan fiestra anteorbital, pero posuían tabulares, postparietais e grandes forames pineais (Broom, 1914). Broom acuñou o termo como unha nova suborde para o fósil Youngina.

Unha definición que sirva para a inclusión dun animal na orde é difícil: é case máis fácil facer unha lista dos réptiles diápsidos primitivos que non foron incluídos nela nun momento ou outro. A orde practicamente foi tratada como un caixón de xastre para os diáosidos que non eran obviamente lepidosauros ou arcosauros. Unha consecuencia foi a suxestión feita por Romer da orde alternativa Younginiformes, que se aplicaría estritamente a aquelas formas coa primitiva forma diápsida, en concreto, co arco máis inferior completo a medida que os ósos cuadratoxugal e xugal do cranio se encontran.[1]

Un fósil que constantemente foi clasificado como eosuquio foi Youngina, un pequeno réptil do tamaño dun lagarto do Perminao superior de Suráfrica. Este e un par doutros xéneros, que poden ser ou non sinónimos de Youngina, constitúen a familia Younginidae.

Os tangasáuridos, unha familia que comprende formas aparentemente adaptadas a nadar en auga doce, tamén adoitan incluírse.[2]

Nalgunhas filoxenias Eosuchia foi tratado (probablemente de forma errada) como un grupo irmán dos taxons de lepidosauros Squamata e Rhynchocephalia.[3]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Eosuchia s.s. (Syn:Younginiformes)

?Noteosuchus
?Acerosodontosaurus
Familia: Galesphyridae
Galesphyrus
Familia: Younginidae
Heleosuchus
Youngina
Familia: Tangasauridae
Hovasaurus
Tangasaurus
Thadeosaurus
Kenyasaurus
  1. http://tolweb.org/articles/?article_id=465 Arquivado 15 de maio de 2007 en Wayback Machine. Como exemplo e discusión
  2. http://www.fmnh.helsinki.fi/users/haaramo/metazoa/Deuterostoma/Chordata/Reptilia/Neodiapsida.htm Arquivado 31 de agosto de 2006 en Wayback Machine. Filoxenia que trata Eosuchia en sentido estrito
  3. http://tolweb.org/Diapsida Arquivado 25 de maio de 2007 en Wayback Machine. Nun momento ou outro todos os taxóns en letra grosa nesta filoxenia foron situados dentro de "Eosuchia" nun sentido ou noutro

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.