Saltar ao contido

Epaminondas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEpaminondas

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Ἐπαμεινώνδας Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento420 a. C. ↔ 415 a. C. Editar o valor en Wikidata
Tebas, Grecia Editar o valor en Wikidata
Morte362 a. C. Editar o valor en Wikidata (55/56 anos)
Mantineia, Grecia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorto en combate Editar o valor en Wikidata
Beotarca (pt) Traducir
372 a. C. – 371 a. C.
Beotarca (pt) Traducir
371 a. C. – 370 a. C.
Beotarca (pt) Traducir
370 a. C. – 369 a. C.
Beotarca (pt) Traducir
368 a. C. – 367 a. C.
Beotarca (pt) Traducir
363 a. C. – 362 a. C.
Estratego
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónRelixión da Grecia antiga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMilitar Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Tebas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, estadista, líder militar, militar, oficial do exército Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAntigüidade clásica Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoBatalha de Leuctra (pt) Traducir
Batalha de Mantineia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiPolymnis Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteReal'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX916126

Epaminondas (en grego: Ἐπαμεινώνδας), nado c. -418 e finado en -362, foi un xeneral e político grego do século -IV que transformou a cidade-estado de Tebas para convertela na nova potencia hexemónica de Grecia, en substitución de Esparta.

Epaminondas redibuxou o mapa político de Grecia, fragmentou antigas alianzas, creou novas e supervisou a construción de cidades enteiras. Tamén tivo grande influencia militar, inventando e poñendo en funcionamento diversas e moi importantes tácticas de batalla. Antes do seu mandato, Tebas atopábase nunha situación de dominio espartano. Epaminondas logrou mellorar a capacidade militar de Tebas para situala nunha posición preeminente dentro da política de Grecia, creando o que se coñecería como a hexemonía tebana. No proceso acabou coa supremacía militar espartana na Batalla de Leuctra e liberou os ilotas de Mesenia, un grupo de gregos do Peloponeso que foran reducidos á servidume baixo o dominio de Esparta durante uns 200 anos.

O orador romano Cicerón chamouno o primeiro home de Grecia, aínda que Epaminondas caeu nunha relativa escuridade nos tempos modernos. Os cambios que Epaminondas levou á orde política grego non lle sobreviviron moito tempo, dado que o ciclo de hexemonías e alianzas aínda non se estabilizou. Tan só 27 anos despois da súa morte, Tebas foi destruída por Filipo II de Macedonia, batalla na que tamén participou o seu fillo Alexandre Magno. Por todo iso, Epaminondas non é lembrado tanto como un idealista e liberador (como o vían no seu tempo), senón por unha década de campañas (desde -371 até -362) que deron forma e forza aos grandes poderes de Grecia e que pavimentou o camiño para a posterior conquista macedonia.

Fontes históricas

[editar | editar a fonte]

Aínda que Epaminondas foi unha figura moi significativa do seu tempo, hai comparativamente moi pouca información sobre a súa vida ao alcance dos historiadores modernos, e non existe ningún historiador clásico que nos mostre unha imaxe completa do personaxe. Algunhas das biografías máis completas son traballos de Cornelio Nepote, Pausanias, Plutarco, Diodoro Sículo e Xenofonte, aínda que non todas elas chegaron até os nosos días.

En particular, unha das principais biografías perdidas é a realizada por Plutarco sobre Epaminondas nas súas Vidas paralelas. Epaminondas era unha das aproximadamente 50 figuras históricas analizadas por Plutarco na súa obra, e na que o comparaba co político romano Publio Cornelio Escipión o Africano. Con todo, estas dúas biografías non perduraron até os nosos días[1]. Plutarco escribiu uns 600 anos despois da vida de Temístocles, polo que se trata dunha fonte moi secundaria, pero o seu valor radica en que a miúdo menciona os nomes das súas fontes, o cal dá certo grao de verificabilidade ás súas afirmacións[2].

De todas as biografías que perduraron, a máis completa que existe á nosa disposición é a de Cornelio Nepote, do século -I, que se converte por tanto na principal fonte sobre a vida de Epaminondas[3]. Con todo, a biografía de Cornelio Nepote é curta, aínda que se poden atopar algúns datos máis na Descrición de Grecia de Pausanias. No que respecta á obra de Plutarco, e a pesar de terse perdido a súa biografía, pódense atopar algúns dos detalles sobre a súa vida e traballos nas biografías sobre Pelópidas e Axesilao II.

O período da historia de Grecia que transcorre a partir do ano -411 foi relatado principalmente polo historiador Xenofonte, que vía a súa obra como unha continuación da Historia da Guerra do Peloponeso de Tucídides[4]. Con todo, Xenofonte, que idolatraba a Esparta e ao seu rei Axesilao II, evita mencionar a Epaminondas sempre que lle é posíbel e nin sequera fai mención da súa presenza na Batalla de Leuctra[5]. Por último, o papel de Epaminondas nos conflitos do século -IV tamén é descrita por Diodoro Sículo na súa obra Biblioteca histórica, pero Diodoro escribiu no século -I, e tamén é unha fonte moi secundaria, aínda que útil para corroborar os detalles que aparecen noutras fontes[6][7].

Por todas estas razóns hoxe en día atopámonos nunha situación na que o personaxe histórico de Epaminondas é virtualmente descoñecido, e en particular en comparación con personaxes case contemporáneos como o conquistador macedonio Alexandre Magno ou o xeneral ateniense Alcibíades[8].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mocidade, educación e vida persoal

[editar | editar a fonte]
Epaminondas salvando a vida de Pelópidas.

Segundo Cornelio Nepote o pai de Epaminondas, Polimnis, era un descendente empobrecido dunha nobre familia tebana. Con todo, iso non impediu que Epaminondas recibise unha educación excelente: os seus profesores de música estaban dentro dos mellores da súa disciplina, do mesmo xeito que os seus instrutores de danza. Máis notábel aínda foi o seu profesor de filosofía, Lisis de Tarento, que foi un dos últimos grandes filósofos pitagóricos. Lisis fora a vivir con Polimnis na época do seu exilio, o cal permitiu a Epaminondas traballar moito con el, polo que terminou destacando nos seus excelentes estudos filosóficos. Con todo, Epaminondas non era só un académico. Tamén resaltou polas súas calidades físicas e durante a súa mocidade dedicou moito tempo á preparación física cara ao combate[9].

Epaminondas comezou pronto o seu servizo como soldado, pouco despois da adolescencia. Plutarco relata un incidente acaecido nunha batalla en Mantinea[10]. Aínda que non se explicita claramente, probabelmente se trate do ataque de Esparta sobre Mantinea no ano -385 descrito por Xenofonte, posto que Plutarco afirma que Epaminondas formaba parte da forza tebana que axudaba aos espartanos, o cal encaixa na descrición[11][12]. O que é seguro é que Epaminondas non era o suficientemente maior como para servir na batalla de Mantinea do ano -418.

Sexa como for, o feito é que nesa batalla tivo lugar un dos eventos máis importantes da mocidade de Epaminondas, posto que nesa batalla salvou a vida do seu futuro colega Pelópidas pondo en grave risco a súa propia. Plutarco di que este incidente puido cimentar a súa amizade, e Pelópidas converteríase no compañeiro político de Epaminondas durante os seguintes vinte anos. A través de toda a súa carreira, Epaminondas seguiría sendo destacado pola súa capacidade táctica e o seu manexo do combate corpo a corpo.

Epaminondas non casou nunca, o cal lle supuxo moitas críticas por parte dos seus contemporáneos, que pensaban que un personaxe como el estaba obrigado a prover ao seu Estado co beneficio de fillos que fosen tan grandes como o foi o seu pai. En resposta Epaminondas dixo que a súa vitoria en Leuctra era unha filla destinada a vivir por sempre. Sábese, con todo, que tivo diversas relacións amorosas con mozos gregos, un costume que era habitual na antiga Grecia, e que o era moi particularmente en Tebas. Plutarco recolle que os lexisladores tebanos instituíron a práctica para «temperar as formas e o carácter dos mozos»[13]. Unha anécdota contada por Cornelio Nepote indica que Epaminondas intimara cun mozo chamado Micito. Plutarco tamén menciona a dous dos seus amantes: Asópico, que loitou con el na Batalla de Leuctra, na que se distinguiu enormemente; e Capisdoro, que morreu con Epaminondas en Mantinea e foi enterrado ao seu lado[14][15].

Epaminondas viviu toda a súa vida nunha situación próxima á pobreza, debido ao seu rexeitamento do enriquecemento persoal a través do seu poder político. Cornelio Nepote deixa constancia da súa incorruptibilidade, describindo como rexeitou a un embaixador persa que chegou a el cun suborno. Seguindo o costume dos pitagóricos, era dadivoso cos seus amigos e recomendáballes que fixesen o mesmo cos demais. Todos estes aspectos do seu carácter contribuíron de forma moi importante ao renome que adquiriu tras a súa morte[16].

Comezos da súa carreira

[editar | editar a fonte]

Epaminondas viviu unha época particularmente turbulenta na historia tebana. Despois da Guerra do Peloponeso, en -404, Esparta embarcouse nunha política unilateral e individualista moi agresiva contra o resto de poles gregas, e rapidamente foi alienando a moitos dos seus antigos aliados[17]. Tebas, mentres tanto, incrementara moito o seu poder durante a guerra, e buscaba gañar o control sobre outras cidades de Beocia (a rexión da antiga Grecia ao noroeste da Ática). Esta política, así como algunhas outras disputas máis, levaron a Tebas a un conflito con Esparta (o seu antigo aliado) na Guerra de Corinto[18]. Nesa guerra, que se prolongou durante oito anos e acabou sen decantarse definitivamente por ningún dos dous bandos, producíronse algunhas derrotas tebanas moi sanguentas en enfrontamentos contra Esparta. Para cando acabou a guerra Tebas viuse forzada a esquecer as súas ambicións expansionistas e volver á súa antiga alianza con Esparta[19].

En -382, con todo, o comandante espartano Fébidas cometeu un erro estratéxico que fixo que Tebas se volvese en contra de Esparta definitivamente, e que pavimentou o camiño para a chegada ao poder de Epaminondas[20]. Atravesando Beocia para unha campaña, Fébidas aproveitouse dunha revolta civil en Tebas para asegurar a entrada á cidade ás súas tropas. Unha vez dentro, asediou Cadmea (a acrópole tebana), e forzou ao partido antiespartano a fuxir da cidade[21]. Epaminondas, aínda que estaba asociado a esa facción, puido quedar na cidade porque se pensaba que non era máis que un filósofo empobrecido e completamente inofensivo[22]. Os espartanos instalaron un goberno monicreque en Tebas e impuxeron unha gornición espartana en Cadmea para asegurarse o comportamento ao seu favor dos tebanos.

Golpe de estado en Tebas

[editar | editar a fonte]

Nos anos posteriores á toma de control de Esparta, os tebanos exiliados polo novo goberno reagrupáronse en Atenas e preparáronse, co apoio encuberto dos atenienses, a reconquistaren a súa cidade. Comunicáronse con Epaminondas, que comezou a preparar aos mozos da cidade para un intento de asaltar o poder. En -379, un pequeno grupo de exiliados liderados por Pelópidas infiltráronse na cidade e asasinaron aos líderes do goberno proespartano. Epaminondas e Górxidas dirixiron a un grupo de mozos que entraron nas armerías, colleron armas, e rodearon aos espartanos en Cadmea asistidos por unha forza de hoplitas atenienses.

Na asemblea tebana celebrada ao día seguinte Epaminondas e Górxidas trouxeron a Pelópidas e aos seus homes fronte á audiencia e exhortaron aos tebanos a loitar pola súa liberdade. A asemblea respondeu aclamando a Pelópidas e aos seus homes como liberadores e, temendo polas súas vidas, a gornición espartana rendeuse e foi evacuada. Aos tebanos do partido proespartano tamén se lles permitiu renderse, pero foron posteriormente executados polos insurxentes.

Despois do golpe de estado

[editar | editar a fonte]

Cando chegaron a Esparta as noticias do levantamento en Tebas, enviouse en primeiro lugar un exército baixo o mando do rei espartano Cleómbroto I, que volveu sen ter chegado a entrar en combate contra os tebanos. Seguidamente enviouse un novo exército comandado polo diarca espartano Axesilao II para someter á cidade. Os tebanos, con todo, decidiron non enfrontarse directamente ao exército espartano no campo de batalla, e construíron unha trincheira e unha barricada nos arredores de Tebas, tras a que se parapetaron, evitando o avance espartano contra a cidade. Os espartanos dedicáronse a saquear a zona tratando de facer saír aos tebanos, pero estes permaneceron no seu refuxio e, finalmente, os espartanos fóronse, co que Tebas mantivo a súa independencia[23]. A vitoria subiu a moral dos tebanos, que comezaron a afrontar unha serie de operacións militares dirixidas contra outras cidades veciñas[24].

En pouco tempo os tebanos lograron reconstruír a súa antiga confederación de Beocia nunha nova forma democrática. As cidades de Beocia uníronse como unha federación cun consello executivo formado por sete xenerais ou beotarcas, elixidos do sete distritos de Beocia[25]. A fusión política tivo tanto éxito que máis adiante os nomes tebano e beocio usáronse indistintamente como mostra da unión dos habitantes da rexión.

Buscando acabar coa unión deste novo estado, os espartanos invadiron tres veces a rexión de Beocia durante os seguintes anos. Aínda que ao principio se fuxía do enfrontamento directo, os beocios aos poucos foron gañando suficiente confianza como para saíren ao campo aberto e foron capaces de loitar cos espartanos directamente[26]. A pesar de que Esparta permanecía sendo o poder terrestre dominante en Grecia, os habitantes de Beocia demostraran que eles tamén eran unha ameaza militar e un poder político a ter en conta[27]. Ao mesmo tempo, Pelópidas, defensor dunha política antiespartana, deuse situado como un dos principais líderes políticos de Tebas[28].

É difícil determinar con exactitude cal sería o papel de Epaminondas nos acontecementos acaecidos até o ano -371. Certamente, Epaminondas serviu nos exércitos tebanos na súa defensa de Beocia nesa década, e para o -371 converteuse xa nun dos beotarcas[29]. Parece probábel que, vista a súa forte amizade e a súa colaboración a partir dese ano, que Epaminondas e Pelópidas tamén colaborasen de forma estreita no período anterior, entre -378 e -371[30].

Acontecementos do ano -371.

[editar | editar a fonte]

Conferencia de paz do ano -371.

[editar | editar a fonte]

Non existe fonte ningunha que nos indique en que momento foi elixido Epaminondas como beotarca por primeira vez, pero no ano -371 ocupaba o posto e, o ano seguinte, estaba á cabeza dunha conferencia de paz que tivo lugar en Esparta.

Os anos posteriores ao golpe de estado de Tebas foran testemuñas das loitas entre Esparta e Tebas, sendo Atenas tamén arrastrada ao conflito. Fíxose un intento de lograr un acordo de Paz Común en -375, pero volveuse ás hostilidades entre Atenas e Esparta en -373 (como moi tarde)[31]. No ano -371 Atenas e Esparta volvían estar preocupadas pola guerra, polo que tivo lugar unha nova conferencia de paz[32].

Nela, Epaminondas presentouse como beotarca, e dirixiu á delegación de Beocia na conferencia de paz. Chegouse a un acordo de paz, e presumibelmente os tebanos asinarían o tratado no seu propio nome[33]. Con todo, ao día seguinte, Epaminondas provocou unha importante ruptura con Esparta cando insistiu en asinar non só en nome dos tebanos, senón no de todos os beocios. Axesilao II negouse a permitilo, insistindo en que as cidades de Beocia deberían ser independentes, pero Epaminondas contraargumentou que se iso fose así, entón as cidades de Laconia deberían selo tamén. Ante esta situación, Axesilao expulsou os tebanos da conferencia e do tratado, polo que a delegación volveu a Tebas e ambos os bandos preparáronse para a guerra[34].

Na parte superior descríbese a orde de batalla hoplita habitual, mentres que na parte inferior aparece a estratexia de Epaminondas en Leuctra. A á esquerda, máis forte, avanza, mentres que a débil á dereita retrocede. Os bloques vermellos mostran a localización das tropas de elite en cada falanxe.

Inmediatamente despois do fracaso da conferencia de paz, enviáronse ordes desde Esparta ao rei espartano Cleómbroto I, que se atopaba á cabeza do exército desprazado ao distrito de Fócida, ordenándolle marchar directamente a Beocia. Desviouse cara ao norte para evitar os pasos montañosos onde os beocios preparábanse para emboscalo, e entrou no territorio de Beocia desde unha dirección inesperada desde a que pronto tomou unha fortaleza e capturou entre 10 e 12 trirremes. Desde aí marchou cara a Tebas e acampou en Leuctra, no territorio de Tespias e até aí acudiu o exército beocio para atoparse con eles. O exército espartano estaba composto duns 10.000 hoplitas, dos cales 700 eran guerreiros de elite coñecidos como espartíatas. Os beocios enfrontábanse a eles cun número inferior, de só uns 6.000, aínda que acompañados dunha cabalaría superior á dos peloponesios[35].

Epaminondas recibiu o mando do exército beocio, quedando os outros seis beotarcas como conselleiros. Pelópidas, mentres tanto, quedou como capitán ao mando do Batallón Sacro de Tebas, o grupo de soldados de elite do exército tebano. Antes da batalla houbo unha longa discusión entre os beotarcas sobre a conveniencia ou non de loitar. Epaminondas, defensor dunha política agresiva, desexaba loitar, e foi capaz de conseguir que se adoptase esa decisión co apoio de Pelópidas[36]. Durante o transcurso da batalla, Epamindondas poría en práctica tácticas militares non vistas até entón na historia bélica grega[37].

Ao preparar ás súas tropas para a batalla, Epaminondas utilizou unha estratexia que non se viu nunca nas tácticas de guerra gregas. A formación de falanxe utilizada polos exércitos gregos tiña tendencia a trasladarse cara á dereita durante a batalla, porque "o medo fai que cada home faga o posíbel para escudar o seu lado descuberto co escudo do home situado á súa dereita"[38]. En consecuencia, tradicionalmente as falanxes aliñábanse para a batalla coas tropas de elite situadas na dereita, o "flanco de honra", coa finalidade de contrarrestar esta tendencia[39]. Por tanto, na falanxe espartana Cleómbroto situara os seus espartíatas na dereita, mentres que os aliados con menos experiencia estaban á esquerda. Epaminondas, que necesitaba dalgún modo poder superar a vantaxe numérica dos espartanos, desenvolveu e puxo en funcionamento dúas innovacións tácticas.

En primeiro lugar, colocouse xunto coas súas tropas de elite tebanas, o Batallón Sacro de Tebas, no flanco esquerdo, de forma que quedasen enfrontadas a Cleómbroto e os espartanos[40]. En segundo lugar, vendo que non podía alongar as súas tropas para igualar a lonxitude da fronte espartana sen que quedasen sen suficiente profundidade, abandonou calquera intento de igualar as frontes. No seu lugar fixo á súa falanxe moito máis profunda no lado esquerdo, facéndoa dunhas cincuenta filas en lugar das habituais oito ou doce. Cando comezase a batalla, o flanco fortalecido podería avanzar ao ataque ao dobre de velocidade, mentres que o flanco máis débil tiña ordes de se retirar e de tratar de atrasar o combate. A táctica da falanxe profunda xa foi utilizada anteriormente por outro xeneral tebano chamado Pagondas, que utilizou unha falanxe de 25 homes de profundidade na Batalla de Delio[41]. Doutra banda, a idea dunha liña de ataque descompensada ou "orde oblicua", así como a reversión da orde de colocación das tropas foi unha innovación de Epaminondas. Por tanto, Epaminondas foi o xeneral que inventou a táctica militar de rexeitar un dos dous flancos[42].

A batalla comezou cun enfrontamento entre as cabalarías, enfrontamento do que os tebanos saíron vitoriosos sobre a inferior cabalaría espartana, que foi rexeitada e enviada contra a súa propia falanxe, o que provocou que a formación se vise desordenada. Vendo niso unha vantaxe, os beocios lanzáronse a un enfrontamento xeral, no que o fortalecido flanco esquerdo tebano avanzou con velocidade redobrada contra o flanco dereito espartano, mentres que o flanco dereito retrocedía. Tras unha intensa loita, o flanco espartano comezou a fraquear fronte á gran masa de tebanos que tiña en fronte, e Cleómbroto morreu na batalla. Aínda que os espartanos se mantiveron firmes suficiente tempo como para recuperar o corpo do seu rei, as súas liñas acabaron rompéndose polo pulo do asalto tebano. Os aliados dos peloponesios, situados na á esquerda, tamén romperon filas e comezaron a fuxir ao veren aos espartanos en retirada[43].

Morreron un milleiro de soldados do Peloponeso, fronte a unhas 300 baixas de Beocia. Ademais, e o máis importante, morreron no campo de batalla 400 dos 700 espartíatas que participaron na batalla, o cal supuxo unha perda catastrófica que levou a unha seria ameaza para a capacidade militar futura de Esparta[44]. Cando, tras a batalla, os espartanos solicitaron poder recoller aos mortos xunto co resto de aliados peloponesios, Epaminondas sospeitou que os espartanos poderían tentar encubrir a escala das súas perdas. Por iso, permitiu aos peloponesios recoller aos seus mortos primeiro, de forma que os que quedasen habían sersería presumibelmente espartiatas, salientando a escala da vitoria tebana[45].

A vitoria tebana en Leuctra socavou os cimentos da hexemonía espartana en Grecia. Dado que o número de espartiatas foi sempre relativamente pequeno, Esparta necesitara aos seus aliados para poder formar exércitos o suficientemente grandes. Con todo, a derrota de Leuctra supuxo que os aliados do Peloponeso estivesen menos inclinados a acceder ás esixencias espartanas. Ademais, debido á perda de homes en Leuctra e noutras batallas, os espartanos non estaban nunha posición o suficientemente forte como para reafirmar o seu dominio sobre os seus antigos aliados[46].

A década dos anos -360.

[editar | editar a fonte]

Inmediatamente despois da batalla de Leuctra, os tebanos consideraron a posibilidade de aproveitar a súa vitoria desencadeando a súa vinganza sobre Esparta, e mesmo convidaron a Atenas a unírselles niso. Con todo, os seus aliados de Tesalia, dirixidos por Xasón de Feres, disuadíronnos de destruír o que quedaba do exército espartano[47]. No seu lugar, Epaminondas ocupouse de consolidar a confederación de Beocia, exhortando á pole de Orcómeno, que até entón estivera aliñada con Esparta, a que se unisen á liga[48].

O ano seguinte os tebanos invadiron o Peloponeso, buscando acabar co poder espartano de forma definitiva. Non está claro cando comezaron os tebanos a pensar non só en acabar coa hexemonía espartana, senón en substituíla coa súa propia, pero en calquera caso chegou un momento en que ese se converteu no seu obxectivo. Hans Beck di que, ao contrario do que pasara con Esparta e a liga do Peloponeso ou con Atenas e a liga de Delos, Tebas non tentou de ningún modo crear un imperio ou atar aos seus aliados nalgún tipo de organización permanente e estábel. No seu lugar, tras a batalla de Leuctra os obxectivos de Tebas dirixíronse a esforzos diplomáticos na Grecia central, en lugar de en esquemas de dominación máis aló desas fronteiras[49]. A finais do ano -370, a rede de alianzas tecida desde Tebas deulle seguridade na súa área, o que non tivera antes de Leuctra, e permitiulle suficiente marxe de manobra como para pensaren na expansión da influencia tebana máis aló deses límites[50].

Primeira Invasión do Peloponeso

[editar | editar a fonte]
Antiga Grecia.

Cando, xusto despois da batalla de Leuctra, os tebanos enviaron a un emisario a Atenas para informar do resultado da batalla, o mensaxeiro foi recibido cun silencio sepulcral. Os atenienses decidiron entón aproveitar a grave situación espartana, mantendo unha conferencia en Atenas na que se reproduciron as condicións de paz propostas en -371, que foron ratificadas por todas as cidades (excepto Elis). Para entón, o tratado declaraba explicitamente que todas as cidades do Peloponeso, antes baixo o dominio de Esparta, eran independentes[51]. Aproveitándose disto, Mantinea decidiu unificar os asentamentos que a compuñan nunha soa cidade para logo fortificala, decisión que enfadou enormemente ao rei Axesilao. Ademais, Texea, apoiada por Mantinea, instigou á formación dunha alianza en Arcadia, a chamada Liga Arcadia. Todo iso levou a que os espartanos declarasen a guerra a Mantinea, onde a maioría das cidades de Arcadia se uniron para se oporen aos espartanos (formando a confederación que os espartanos tentaban previr), solicitando así mesmo a axuda de Tebas. O exército tebano chegou a finais de -370, dirixido por Epaminondas e Pelópidas, sendo ambos beotarcas nese momento[52].

A medida que viaxaban cara a Arcadia, os tebanos fóronse unindo a distintos continxentes armados procedentes de moitos dos antigos aliados de Esparta, que lles permitiron incrementar as súas forzas até entre 50 e 70.000 homes[53].

Epaminondas forzou o paso a través das fortificacións no istmo de Corinto e marchou ao sur cara a Esparta, enfrontándose a continxentes espartanos e dos seus aliados ao longo do camiño. Unha vez en Arcadia expulsou o exército espartano que ameazaba Mantinea, e logo supervisou a fundación da nova cidade de Megalópole e a formación dunha Liga Arcadia modelada a imaxe da liga Beocia, como novo centro de poder oposto a Esparta[54]. Logo, co apoio de Pelópidas e dos habitantes de Arcadia, logrou persuadir ao resto de beotarcas para invadir a propia Laconia. Máis ao sur cruzou o río Eurotas, fronteira de Esparta, que ningún exército hostil chegara a atravesar antes na historia. Os espartanos, que non desexaban enfrontarse en batalla campal a un exército de tan masivas dimensións, refuxiáronse tras os muros da súa cidade e limitáronse a defendela, aínda que os tebanos tampouco tentaron capturala e dedicáronse, xunto cos seus aliados, ao saqueo da rexión de Laconia. Saquearon a rexión até chegar ao porto de Xitión, onde liberaron a algúns periecos dos seus vínculos con Esparta[55]. Epaminondas retornou durante un breve espazo de tempo a Arcadia e logo volveu marchar cara ao sur, esta vez a Mesenia, territorio que fora conquistado por Esparta había xa uns 200 anos. Aí reconstruíu a antiga cidade de Mesene sobre o monte Ítome con fortificacións que rivalizaban coas máis fortes de Grecia e liberou os ilotas. Despois enviou unha chamada a todos os exiliados mesenios esparexidos por toda Grecia para que volvesen e reconstruísen o seu país[56].

A perda de Mesenia foi particularmente daniña para os espartanos, dado que o seu territorio comprendía un terzo do total de Esparta, e contiña á metade da súa poboación de hilotas. Nese sentido, é necesario ter en conta que era o traballo servil dos hilotas o que permitía aos espartanos vivir como soldados profesionais e sen dedicarse a outros labores[57].

Esta campaña de Epaminondas foi descrita como un exemplo da "gran estratexia da aproximación indirecta", que ía encamiñada a danar as raíces económicas da supremacía militar espartana[58]. En poucos meses, Epaminondas creara dous novos estados inimigos de Esparta, atacara os cimentos da súa economía e devastara o seu prestixio. Unha vez cumprido todo isto, dirixiu ao seu exército vitorioso de volta a casa[59].

Na súa volta a casa, Epaminondas non se atopou cunha benvida propia dun heroe, senón cun xuízo preparado polos seus inimigos políticos. O cargo do que se lle acusaba era de reter o seu posto á fronte do exército máis tempo do que se permitía constitucionalmente, o cal era indiscutiblemente certo: Epaminondas convencera ao resto de beotarcas para permanecer no campo de batalla varios meses máis despois de que o seu cargo expirase, aínda que o fixo para poder cumprir todo o que se propuxo no Peloponeso. Na súa defensa, Epaminondas unicamente solicitou que, se ía ser executado, a inscrición na que aparecese o veredicto dixese:

Epaminondas foi castigado polos tebanos coa morte, porque os obrigou a derrotar en Leuctra aos lacedemonios, aos cales, antes de que el fose xeneral, ningún dos beocios se atrevía a enfrontar no campo de batalla, e porque el non só nunha batalla rescatou a Tebas da destrución, senón que tamén asegurou a liberdade de toda Grecia, e trouxo o poder as súas xentes a tal punto que os tebanos atacaron Esparta, e os lacedemonios estaban satisfeitos con só lograr salvar as súas vidas; e non cesou a guerra ata que, tras reconstruír Mesenia, encerrou a Esparta nun duro cerco

O xurado rompeu a rir, retiráronse os cargos, e Epaminondas foi reelixido beotarca ao ano seguinte[60].

Segunda invasión do Peloponeso (-369).

[editar | editar a fonte]

En -369 Argos, Elea e Arcadia volveron solicitar o apoio tebano para continuar coa súa guerra contra Esparta. Epaminondas, nun momento de gran prestixio político, volveu dirixir unha forza de invasión dirixida cara ao Peloponeso. Ao chegar ao Istmo de Corinto, os tebanos atopárono fortemente defendido polos espartanos e os atenienses, que á súa vez contaban coa axuda de Corinto, Megara e Pelene. Epaminondas decidiu atacar o punto máis débil, defendido polos lacedemonios, nun ataque no que logrou atravesar as posicións espartanas e unirse aos seus aliados peloponesios. Con iso, os tebanos lograron unha fácil vitoria que lles permitiu atravesar o Istmo, nunha acción que Diodoro define como "un logro non inferior en intelixencia ás súas grandes fazañas"[61].

Con todo, esta vez os seus logros foron moito máis limitados. Conseguiu que Sición e Pelene cambiasen a súa lealdade cara á alianza con Tebas, e saquearon as rexións de Trecén e Epidauro, pero non lograron tomar as cidades. Cando volveu a Tebas de novo atopouse cun xuízo, e unha vez máis foi declarado inocente. Tras un ataque abortivo sobre Corinto e a chegada dunha forza de axuda enviada por Dionisio I de Siracusa para axudar a Esparta, os tebanos decidiron volver a casa[62].

Tesalia (-368).

[editar | editar a fonte]

Cando Epaminondas volveu a Tebas, continuou sendo acosado polos seus inimigos políticos, que o volveron a levar a xuízo por segunda vez. Aínda que non tiveron éxito na vía xudicial, si que foron capaces de evitar a súa reelección como beotarca durante o ano seguinte. Foi o único ano desde a vitoria de Leuctra até a súa morte que non foi así[63].

Este ano serviu no exército como simple soldado cando o exército marchou cara a Tesalia para rescatar a Pelópidas e a Ismenias, que foran feitos prisioneiros por Alexandre de Feras mentres actuaban como embaixadores. Os xenerais que dirixiron a expedición foron superados e forzados a retirárense para salvar o seu exército, atopando serias dificultades na súa retirada que Epaminondas, a partir do seu posto como soldado, logrou liquidar. De volta en Tebas, Epaminondas foi reinstaurado no mando e a comezos do ano -367 levou o exército de volta a Tesalia, onde superou tacticamente aos tesalios e obrigou á liberación de Pelópidas sen ter nin sequera necesitado establecer combate[64].

Terceira invasión do Peloponeso

[editar | editar a fonte]

Na primavera de -367 Epaminondas volveu invadir o Peloponeso. Antes, nese mesmo ano, tentouse levar a cabo un novo tratado de paz entre todas os poles gregas nunha conferencia en Tebas, pero as negociacións non lograron superar a hostilidade entre Tebas e outros estados que estaban resentidos pola súa hexemonía. A paz non se chegou a aceptar nunca de forma completa, e pronto se renovou a guerra[65]. Nesa nova invasión, o exército de Argos capturou parte do istmo de Corinto a solicitude de Epaminondas, permitindo ao exército tebano penetrar no Peloponeso sen obstrución.

Nesta ocasión Epaminondas buscaba asegurarse a lealdade dos estados de Acaia. Ningún exército se atreveu a facerlle fronte en campo aberto, polo que as oligarquías da zona aceptaron a solicitude de alianza con Tebas. Por outra banda, a alianza entre Epaminondas e as oligarquías desencadearon as protestas de Arcadia e dos seus rivais políticos, polo que os acordos adoptados pronto se viron modificados: obrigouse a instaurar democracias e os oligarcas foron exiliados. Con todo, os gobernos democráticos que foron establecidos tiveron vidas moi curtas, porque os aristócratas proespartanos que fuxían da cidade pronto se aliaron entre eles, e atacaron cada unha das cidades unha a unha, restablecendo as oligarquías. Segundo G.L. Cawkwell, "a consecuencia probabelmente mostrou o bo sentido de Epaminondas. Cando estes exiliados recuperaron o control das cidades, non volveron adoptar unha postura intermedia". Á vista do comportamento de Tebas con eles, deixaron de manter a súa anterior postura neutral e, a partir dese momento, "loitaron celosamente en apoio dos lacedemonios"[66].

Resistencia fronte a Tebas

[editar | editar a fonte]

Entre os anos -366 e -365 levou a cabo un novo intento para alcanzar unha paz xeral, esta vez co rei persa Artaxerxes II actuando como árbitro e garante da mesma. Tebas organizou unha conferencia na que tentou a aceptación dos termos do tratado de paz, pero a súa iniciativa diplomática fracasou: as negociacións non foron capaces de resolver a hostilidade entre Tebas e outros estados resentidos pola súa crecente influencia (como no caso de Licomedes, líder de Arcadia que discutía o dereito dos tebanos para ser os anfitrións da propia conferencia de paz). A paz nunca chegou a ser aceptada totalmente, e a loita pronto volveu retomarse[67].

Durante a década posterior á Batalla de Leuctra, numerosos aliados de Tebas foron cambiando as súas alianzas e achegándose a Esparta ou mesmo a outros estados hostís. A mediados da seguinte década, mesmo algunhas das cidades de Arcadia (cuxa Liga Epaminondas axudara a crear en -369) volvéronse na súa contra. Ao mesmo tempo, con todo, Epaminondas lograra desmantelar a liga do Peloponeso: os últimos membros da liga que finalmente abandonaron a Esparta (en -365 Corinto, Epidauro e Fliúnte asinaron a paz con Tebas e Argos), e Mesenia permaneceu independente e firmemente leal a Tebas[68][69].

Con todo, xa no ano -371 a asemblea ateniense reaccionara ante as noticias de Leuctra cun silencio sepulcral. Aliados de confianza como Feras tamén se volveron contra o seu novo e dominante aliado nos anos posteriores á batalla.

Os exércitos de Beocia loitaron ao longo e ancho de Grecia a medida que aparecían opoñentes por todas as frontes. En -364 Epaminondas chegou mesmo a dirixir ao seu estado contra Atenas por mar[70]. Os tebanos fretaron unha frota de cen trirremes para lanzarse á conquista de Rodas, Quíos e Bizancio que finalmente partiu de Tebas en -364, aínda que os estudosos modernos cren que Epaminondas non conseguiu ningún logro duradeiro nesta viaxe[71]. Ese mesmo ano, Pelópidas morreu loitando contra Alexandre de Feres en Tesalia. Para Epaminondas a súa morte supuxo a perda do seu maior aliado político[72].

Cuarta invasión do Peloponeso. Batalla de Mantinea

[editar | editar a fonte]

No medio desta oposición crecente ao dominio tebano, Epaminondas enviou a súa última expedición ao Peloponeso en -362. O principal obxectivo da expedición era someter Mantinea, que se opuxo á influencia tebana na rexión. Para iso Epaminondas púxose á fronte dun exército recrutado en Beocia, Tesalia e Eubea, ao que se uniu Texea, que era o centro da oposición local contra Mantinea, Argos, Mesenia e parte de Arcadia. Mantinea, pola súa banda, solicitou a axuda de Esparta, Atenas, Aquea e o resto de Arcadia, polo que practicamente toda Grecia se viu representada nun ou outro bando[73].

Nesta ocasión a mera presenza do exército tebano non foi suficiente como para reprimir a oposición. Ao ver que o tempo pasaba sen que a alianza de Mantinea dese mostras de capitular, Epaminondas decidiu que debía romper o punto morto dalgunha forma. Ao ter coñecemento do feito de que os espartanos enviaran unha gran forza militar cara a Mantinea, até o punto de que a propia Esparta quedara case indefensa, Epaminondas planeou un audaz ataque contra a propia Esparta. Con todo, a noticia do cambio de rumbo de Epaminondas chegou ao rei Arquídamo III de Esparta a través dun mensaxeiro, probabelmente un corredor cretense, e este tivo tempo suficiente de preparar a chegada de Epaminondas, que se atopou á súa chegada cunha cidade ben defendida[74]. Aínda que chegou a atacar a cidade, parece que se retirou axiña que se deu conta de que non lograra sorprender aos espartanos. É máis, as tropas de Lacedemonia e Mantinea que estiveran estacionadas en Mantinea partiran cara a Esparta ao longo dese día, disuadindo a Epaminondas de volver atacar. Neste caso Epaminondas, esperando que os seus adversarios deixasen a defensa de Mantinea na súa présa por protexer Esparta, volveu marchar á súa base de Texea e enviou á súa cabalaría a Mantinea, aínda que un encontro fóra das murallas con cabalaría ateniense frustrou tamén esta nova estratexia[75]. Vendo que se terminaba o tempo dedicado á campaña militar anual, e razoando que no caso de que partise sen derrotar aos seus inimigos de Texea a influencia tebana no Peloponeso quedaría destruída, decidiu arriscalo todo a unha soa batalla campal.

Os acontecementos que se sucederon na chaira situada en fronte de Mantinea foron a maior batalla hoplita da historia de Grecia. Participaron case todos os estados gregos, nun lado ou noutro. Con Beocia aliñáronse unha serie de aliados, cos texeos, os megalopolitanos e os arxivos entre eles. No lado de Mantinea e Esparta estaban tamén os atenienses, elisanos e moitos outros. Epaminondas contaba co maior exército, con 30.000 soldados de infantaría e 3.000 de cabalaría, mentres que os seus opoñentes contaban con 20.000 de infantaría e 2.000 de cabalaría[76].

Xenofonte indica que, unha vez decidira loitar, Epaminondas despregou ao exército en orde de batalla, e logo marchou nunha columna paralela ás liñas de Mantinea, de maneira que parecese que o exército marchaba a algún outro lugar e que non tiña intención de loitar ese día. Chegando a un punto concreto da marcha, fixo que o exército baixase as armas para que parecese que se preparaba para acampar. Xenofonte suxire que con esta actuación provocou que a maior parte dos inimigos relaxasen a súa concentración ao perder a expectativa dunha batalla inminente, e que por tanto tamén relaxasen a súa preparación de cara á batalla"[77]. Con todo, toda a columna, que estivera marchando de dereita a esquerda do exército de Mantinea, chegado a un punto virouse á dereita, de forma que se colocasen en liña de batalla enfrontados ao inimigo. Epaminondas, que estivera á cabeza da columna (no que agora era a á esquerda), fixo traer algunhas das compañías de infantaría do extremo da á dereita para reforzar o extremo esquerdo. Con este movemento, recreou o despregamento coa á dereita reforzada que utilizara en Leuctra (neste caso posibelmente composta por todos os beocios, e non só polos tebanos como na batalla anterior). Nos flancos colocou unha importante forza de cabalaría reforzada con infantaría lixeira[78]. Con iso esperaba conseguir unha rápida vitoria nos enfrontamentos de cabalaría e comezar a romper a falanxe inimiga.

Epaminondas deu entón a orde de avanzar, collendo ao inimigo coa garda baixa e provocando bastante confusión no campo de Mantinea na preparación da batalla. A batalla desenvolveuse como Epaminondas planeara: as forzas dos flancos fixeron retroceder á cabalaría de Atenas e Mantinea e comezaron a atacar os flancos da falanxe inimiga[79]. Diodoro indica que a cabalaría ateniense da á dereita de Mantinea, aínda que non era inferior en calidade á beocia, non puido aguantar as armas arreboladizas que lanzaba a infantaría lixeira que Epaminondas colocara entre a súa propia cabalaría. Mentres tanto, a falanxe tebana avanzaba. Xenofonte describe de forma evocativa o pensamento de Epaminondas, e compara o avance do seu exército co dunha trirreme, á vez que indica que Epaminondas pensaba que se fose capaz de golpear e atravesar as liñas inimigas en calquera lugar, destruiría ao exército completo dos seus adversarios. Como en Leuctra, a débil á dereita recibiu ordes de aguantar máis atrasada e de evitar o enfrontamento directo. Na batalla entre os hoplitas houbo un breve equilibrio inicial, pero logo os tebanos lograron romper as liñas espartanas, e a falanxe inimiga completa foi posta en fuga. Parecía que ía ser unha nova vitoria decisiva de Tebas baseada no modelo de Leuctra pero, cando os vitoriosos tebanos se lanzaron en persecución dos seus inimigos, Epaminondas foi ferido mortalmente por un espartano e morreu pouco despois. A medida que as noticias da morte de Epaminondas se estendían no campo de batalla dun soldado a outro, os aliados cesaron na súa persecución do exército derrotado, nunha proba da importancia central de Epaminondas na guerra[80].

Xenofonte, que termina o seu relato coa batalla de Mantinea, fai o seguinte comentario sobre os resultados da batalla:

Cando todas estas cousas ocorriran, pasou o contrario do que todos os homes crían que ía pasar. Posto que cando todas as xentes de Grecia se xuntaran e formaran en liñas contrarias, non había ninguén que non pensase que se a batalla fose a ter lugar, aqueles que se demostrasen vitoriosos fosen a ser os novos líderes e os derrotados os seus sometidos; pero a deidade ordenou que ambas partes se levasen un trofeo como se tivesen saído vitoriosos e ningún tratou de estorbar aos outros, e que ambos devolveron os mortos baixo unha tregua como se fosen vitoriosos, e ambos recibiron os seus mortos baixo unha tregua como se fosen derrotados, e mentres que ambas partes clamaban a súa vitoria, ningún demostrou ser mellor que o outro, nin obtivo territorios, cidades ou dominios que antes da batalla non tivese; e mesmo houbo máis confusión e desorde en Grecia despois da batalla que antes

Coas súas últimas palabras, dise que Epaminondas aconsellou aos tebanos facer a paz, dado que non había ninguén máis que os puidese liderar. Tras a batalla asinouse unha paz común baseada no statu quo.

Mentres loitaba e presionaba coas súas tropas ás de Mantinea, Epaminondas foi alcanzado no peito por unha lanza. Cornelio Nepote suxire que os espartanos estivesen a apuntar deliberadamente a Epaminondas no intento de acabar coa súa vida, para con iso desmoralizar aos tebanos. A lanza partiuse, deixando a punta de ferro dentro do seu corpo, e Epaminondas caeu. Os tebanos que o circundaban loitaron de forma desesperada para evitar que os espartanos se fixesen co seu corpo e, mentres o levaban de volta ao campamento aínda con vida, preguntou que bando resultara vitorioso. Cando lle dixeron que gañaran os beocios dixo: "É tempo de morrer". Diodoro suxire que un dos seus amigos exclamou "Morres sen descendencia, Epaminondas" e rompeu a chorar. Supostamente Epaminondas respondeu: "Non, por Zeus, ao contrario. Deixo tras de min ás miñas dúas fillas, Leuctra e Mantinea, as miñas vitorias". Cornelio Nepote, cuxa historia é similar, ofrece tamén as últimas palabras de Epaminondas, que segundo el foron "Vivín o suficiente; posto que morro invicto". Cando se retirou a punta da lanza, Epaminondas morreu rapidamente[81]. De acordo co costume grego, foi enterrado no mesmo campo de batalla[82].

Avaliacións sobre o personaxe

[editar | editar a fonte]

Carácter

[editar | editar a fonte]
Isaak Walraven, O leito de morte de Epaminondas. Rijksmuseum, Ámsterdam.

No que se refire ao seu carácter e comportamento, Epaminondas atopábase fóra de todo reproche aos ollos dos historiadores antigos que recolleron as súas fazañas. Os seus contemporáneos encomiábano por desdeñar a riqueza material, compartindo o que tiña entre os seus amigos e rexeitando subornos. Foi un dos últimos herdeiros da tradición pitagórica, e ao parecer viviu unha vida simple e asceta mesmo cando o seu liderado o catapultara até a posición máis alta á cabeza de toda Grecia. Cornelio Nepote resalta a súa incorruptibilidade, describindo o rexeitamento dun embaixador aqueménida que se presentou para ofrecerlle un suborno[83]. Estes aspectos do seu carácter contribuíron enormemente ao renome que adquiriu tras a súa morte.

O único punto escuro da súa vida, que foi obxecto de crítica por parte dos seus contemporáneos, foi o feito de que Epaminondas nunca contraese matrimonio, posto que se consideraba que era unha obrigación cidadá prover ao país cos beneficios que lle suporía a descendencia dun home tan grande como el. En resposta, dise que Epaminondas contestou que a vitoria de Leuctra era a filla que ofrecía, destinada a vivir para sempre. Coñécese, con todo, que Epaminondas tivo varios mozos amantes, unha práctica pedagóxica estándar na antiga Grecia, e na que a cidade de Tebas era especialmente famosa. Plutarco infórmanos de que os lexisladores tebanos instituíron a práctica para "temperar as maneiras e carácter dos mozos"[84]. Por outra banda, unha anécdota de Cornelio Nepote indica que Epaminondas intimó cun mozo de nome Micito. Plutarco tamén menciona a dous dos seus eromenoi: Aspico, que loitou con el na batalla de Leuctra, na que se distinguiu enormemente; e Cafisodoro, que morreu tamén xunto con Epaminondas en Mantinea, e que foi enterrado ao seu carón.

Historial militar

[editar | editar a fonte]

Todas as biografías escritas sobre Epaminondas que perduraron até nós descríbeno como un dos xenerais máis capaces dos que xurdiron nas cidades estado gregas. Mesmo Xenofonte, que non menciona a súa presenza en Leuctra, describe a súa campaña en Mantinea de forma eloxiosa cara ao xeneral que a instigou. Diodoro, pola súa banda, encomia de forma efusiva o historial militar de Epaminondas, considerando que excedera aos seus contemporáneos tanto en capacidade como en experiencia na arte da guerra, sobresaíndo por encima de figuras como Pelópidas ou o propio rei Axesilao, contemporáneos á súa época, ou de Solón ou Pericles, de épocas anteriores[85].

Como táctico militar, a capacidade de Epaminondas sobresae por enriba de calquera outro táctico na historia grega (se exceptuamos a Filipo II de Macedonia e a Alexandre Magno), aínda que algúns historiadores modernos cuestionaron a súa visión estratéxica máis ampla[86]. Segundo Richard A. Gabriel, as súas tácticas "marcaron o comezo do final dos métodos bélicos tradicionais gregos". A súa innovadora estratexia en Leuctra permitiulle derrotar á temida falanxe espartana cunha forza máis pequena, e a súa decisión de rexeitar o uso do flanco dereito foi o primeiro uso rexistrado deste tipo de estratexia militar no campo de batalla[87]. Moitos dos cambios tácticos que puxo en funcionamento serían logo usados por Filipo II, que pasou moito tempo na súa mocidade como refén en Tebas, e que é posíbel que mesmo aprendese directamente do mesmo Epaminondas[88].

En certo xeito, Epaminondas alterou de forma dramática a cara de Grecia nos 10 anos nos que foi a figura central da política. No momento da súa morte, Esparta fora golpeada e zarandeada, Mesenia fora liberada e o Peloponeso reorganizouse completamente. Desde outro punto de vista, con todo, deixou detrás unha Grecia non moi distinta da que había antes: as inimizades e as agres diferenzas que envelenaran as relacións entre os poles durante séculos seguían sendo tan profundas ou máis que o que foran antes de Leuctra. A guerra brutal entre as distintas faccións que houbera desde a Guerra do Peloponeso e até entón continuou igual, ata que o xurdimento de Macedonia como potencia militar principal terminou con ela para sempre.

En Mantinea, Tebas enfrontouse ás forzas combinadas dos máis grandes estados de Grecia, pero a vitoria non lle supuxo ningunha vantaxe. Con Epaminondas fóra de escena, os tebanos volveron á súa tradicional política defensiva, e uns anos despois Atenas substituíunos no liderado do sistema político grego. Ningún estado grego volveu someter a Beocia da mesma forma en que se viu sometida durante a hexemonía espartana, pero a influencia de Tebas foise difuminando rapidamente no resto de Grecia[89]. Finalmente, na Batalla de Queronea, as forzas combinadas de Tebas e Atenas, xuntas nun intento desesperado de aguantar ante Filipo de Macedonia, foron derrotadas de forma esmagadora, e a independencia de Tebas chegou ao seu fin. Tres anos despois, empuxados por un falso rumor de que Alexandre Magno fora asasinado, os tebanos rebeláronse, e Alexandre esmagou a revolta e destruíu a cidade, masacrando ou reducindo á escravitude a todos os seus cidadáns. Só 27 anos despois da morte do home que a fixo preeminente en toda Grecia, a cidade de Tebas foi borrada da face da terra. A súa historia, que durara un milenio, finalizou en só uns poucos días.

Ruínas de Tebas.

Epaminondas, por tanto, é lembrado por igual como liberador e como destrutor. Foi considerado tanto no mundo grego como no romano como un dos homes máis grandes da historia. Cicerón eloxiouno como «o primeiro home, na miña opinión, de Grecia» e Pausanias escribiu un poema honorario para a súa tumba[90]:

Polos meus consellos foi Esparta privada da súa gloria,


E a santa Mesenia recibiu por fin aos seus fillos.

Cos brazos de Tebas foi Megalópole rodeada de muros,

E toda Grecia gañou a independencia e a liberdade[91].

As accións de Epaminondas foron sen dúbida benvidas polos mesenios e por outros aos que axudou nas súas campañas contra Esparta. Eses mesmos espartanos, con todo, estiveran no centro da resistencia ante as invasións persas do século -V, e a súa ausencia sen dúbida notouse en Queronea. A guerra interminábel de Grecia, na que Epaminondas xogou un papel central, debilitou as cidades de Grecia ata que non puideron manterse independentes fronte aos veciños do norte. A medida que Epaminondas loitaba para asegurar a liberdade de Beocia e doutros pobos de Grecia, estaba a achegar o día no que toda Grecia sería sometida por unha forza invasora. Victor Davis Hanson suxire que Epaminondas puido planear a creación dunha Grecia unida composta por federacións democráticas rexionais, pero mesmo se esta opinión fose certa, o plan nunca chegou a ser posto en práctica. Simon Hornblower defende que o gran legado que Tebas achegou ao século -IV e á Grecia Helenística foi o federalismo, elaborado como un tipo de alternativa ao imperialismo, unha forma de conseguir a unidade sen a forza[92].

A pesar de todas as súas nobres calidades, Epaminondas foi incapaz de superar o sistema grego de cidades-estado, coa súa rivalidade endémica e a súa guerra continua, polo que deixou Grecia aínda máis arrasada pola guerra e, con todo, igual de dividida que a atopou. Hornblower defende que o signo do fracaso político de Epaminondas, antes mesmo da batalla de Mantinea, é que os aliados do Peloponeso loitasen con Tebas como unha forma de rexeitar a Esparta, en lugar de pola súa atracción positiva cara a Tebas[93]. Por outra banda, Cawkwell conclúe que Epaminondas non pode ser xulgado en relación a esas inevitábeis limitacións do poder de Beocia, posto que establecer o poder desa rexión á vez que acababa coa dominación espartana no Peloponeso era o máximo ao que Beocia podía aspirar[94].

  1. Buckley, Aspects of Greek History, 12
  2. Por exemplo, en Temístocles 25 aparece unha referencia directa a Tucídides 1.137[Ligazón morta]
  3. Cornelio Nepote, Epaminondas
  4. Xenofonte, Helénicas, 1.1[Ligazón morta]
  5. Xenofonte, Helénicas, 6.4[Ligazón morta]
    * Cawkwell, Introduction, 35–36; Hanson, Hoplites, 145; Hanson, The Soul of Battle
  6. Green, Alexander the Great, xxiv–xxv
  7. Lazenby, The Defence of Greece, 7
  8. Victor Davis Hanson, The Soul of Battle.
  9. Cornelio Nepote, Epaminondas, II
  10. Plutarco, Pelópidas, 4
  11. Xenofonte, Helénicas, 5.2[Ligazón morta]
  12. Plutarco, Pelópidas, 5–6
    * Hanson, Hoplites, 146; Stylianoy, Diodorus Siculus, 172. Porén, Buck (Boiotia, 63) cuestiona a existencia dunha alianza entre Tebas e Esparta nese ano.
  13. Plutarco, Vida de Pelópidas.
  14. Ateneo, Banquete dos eruditos, 605-606 Arquivado 28 de xullo de 2012 en Wayback Machine..
  15. Plutarco, Diálogo sobre o Amor (Moralia 761).
  16. O resto da información desta sección na que non se cita expresamente outra fonte procede de Cornelio Nepote, Vida de Epaminondas.
  17. Fine, The Ancient Greeks, 547; Oxford Classical Dictionary, entrada Corinthian War
  18. Xenofonte, Helénicas, 3.5[Ligazón morta]
  19. Xenofonte, Helénicas, 4.1–8[Ligazón morta], y 5.1[Ligazón morta]
    * Seager, "The Corinthian War", 118–119
  20. Plutarco, Pelópidas, 5–6
  21. Plutarco, Pelópidas, 5–6; Xenofonte, Helénicas, 5.2[Ligazón morta]
    * Beck, Politics of Power, 170
  22. Toda a información nesta sección procede de J.V. Fine, The Ancient Greeks: A Critical History.
  23. Xenofonte, Helénicas, 5.4[Ligazón morta]
  24. Atacaron Tespia en dúas ocasións (Beck, Politics of Power, 97).
  25. Diodoro, XV, 38; Xenofonte, Helénicas, 5.4.16[Ligazón morta]
    * Beck, Politics of Power, 97–98
  26. Plutarco, Pelópidas, 15
  27. Diodoro XV, 50
  28. Plutarco, Pelópidas, 16
  29. Plutarco, Pelópidas, 20
    * Cawkwell, Epaminondas and Thebes, 257–258
  30. Cornelio Nepote, Pelópidas, 2; Plutarco, Pelópidas, 24
    * Clawkwell, Epaminondas and Thebes, 263–264
  31. Xenofonte, Helénicas, 6.1–2[Ligazón morta]
  32. Xenofonte, Helénicas, 6.3[Ligazón morta]
  33. Beck, Politics of Power, 41; Buck, Boiotia and the Boiotian League, 112
  34. Cornelio Nepote, Epaminondas, VI; Plutarco, Agesilao, 27–28
    * Beck, Politics of Power, 41–42; Buck, Boiotia and the Boiotian League, 112–113; Fine, The ancient Greeks, 575
  35. Para estes acontecementos e a descrición da batalla, véxase Diodoro, Biblioteca histórica 15.52-56, Xenofonte, Helénicas 6.4.4-20[Ligazón morta], e Plutarco, Vida de Pelópidas. Para unha síntese, véxase Fine, The Ancient Greeks.
  36. Diodoro, XV, 52–53; Plutarco, Pelópidas, 20
    * Sage, Warfare in Ancient Greece, 138; Seager, The King's Peace, 183
  37. Lazenby, The Defence of Greece, 258
  38. Tucídides, 5.71[Ligazón morta]
  39. Smith, W. Dictionary of Greek and Roman Antiquities, 485
  40. Diodoro, XV, 55; Plutarco, Pelópidas, 23; Xenofonte, Helénicas, 6.4[Ligazón morta]
    * Davis, 100 Decisive Battles, 24; Gabriel, The Great Armies of Antiquity, 182–183
  41. Diodoro, XV, 55; Tucídides IV, 93
    * Kagan, The Archidamian War, 283
  42. Diodoro, XV, 55
    * Davis, 100 Decisive Battles, 24; Gabriel, The Great Armies of Antiquity, 182; Hanson, The Soul of Battle
  43. Diodoro, XV, 55; Plutarco, Pelópidas, 23; Xenofonte, Helénicas, 6.4[Ligazón morta]
    * Davis, 100 Decisive Battles, 26; Jones, The Art of War in the Western World, 5–6
  44. Diodoro, XV, XV, 56; Xenofonte, Helénicas, 6.4[Ligazón morta]
    * Cartledge, Sparta and Lakonia, 295; Raphael Sealey, A History of the Greek City States, 420
  45. Pausanias IX, 13
    * Tritle, The Greek World in the Fourth Century, 84
  46. Cornelio Nepote, Epaminondas, VI; Diodoro, XV, 63; Xenofonte, Helénicas, 6.5[Ligazón morta]
    • Joint Association of Classical Teachers, The World of Athens, 48; Roy, "Thebes in the 360s BC", 187; Smith, W. A Smaller History of Greece, 116
  47. Xenofonte, Helénicas, 6.4[Ligazón morta]
    * Hornblower, The Greek World, 224
  48. Diodoro XV, 57
    * Roy, "Thebes in the 360s BC", 188
  49. Diodoro XV, 57; Xenofonte, Helénicas, 6.4[Ligazón morta]
    * Beck, Politics of Power, 133
  50. Unha serie de estados formaron alianzas con Tebas: Etolios, arcanianos, aenios, locrios do leste e do oeste, focios, heracleotas, malios e eubeos. Estes últimos saíron da Confederación de Atenas para se uniren a Tebas (Beck, Politics of Power, 134; Roy, "Thebes in the 360s BC", 188–189).
  51. Xenofonte, Helénicas, 6.4–5[Ligazón morta]
    * Tirtle, The Greek World in the Fourth Century, 24
  52. Diodoro XV, 62; Plutarco, Pelópidas, 24; Xenofonte, Helénicas, 6.5[Ligazón morta]
    * Roy, "Thebes in the 360s BC", 189–190; Tirtle, The Greek World in the Fourth Century, 24
  53. Diodoro XV, 62; Plutarco, Pelópidas, 24; Plutarco, Agesilao, 31
    * Stylianou, Diodorus Siculus, 428
  54. Pausanias IX, 14
    * Ober, Fortress Attica, 41
  55. Plutarco, Agesilao, 31; Plutarco, Pelópidas, 24; Xenofonte, Helénicas VI, 5
    • Ober, Fortress Attica, 41; Smith, W. Smaller History of Greece, 163
  56. Diodoro, XV, 66 * Luraqhi, The Ancient Messenians, 4; Ober, Fortress Attica, 41
  57. Holland, Persian Fire, 120; Ober, Fortress Attica, 41
  58. Hart, Strategy, 35
  59. Diodoro, XV, 67
  60. Cornelio Nepote, Epaminondas, VIII; Plutarco, Pelópidas, 25. Algúns estudosos modernos non cren que o relato sobre o xuízo sexa verídico, e consideran que este non tivo lugar. Para unha análise sobre o particular, véxase Stylianou, Diodorus Siculus, 469–470.
  61. Diodoro, XV, 68; Xenofonte, Helénicas, 7.1[Ligazón morta]
    * Tirtle, The Greek World in the Fourth Century, 88
  62. Diodoro, XV, 69; Xenofonte, Helénicas, 7.2[Ligazón morta]
    * Cawkwell, Epaminondas and Thebes, 267; Stylianou, Diodorus Siculus, 452; Tirtle, The Greek World in the Fourth Century, 88–89
  63. Plutarco, Pelópidas, 25. Para os xuízos de Epaminondas, véxase Clawkwell, Epaminondas and Thebes, 276–278
  64. Diodoro XV, 71; Plutarco, Pelópidas, 27, 29
    * Roy, "Thebes in the 360 BC", 195
  65. Fine, The Ancient Greeks
  66. Xenofonte, Helénicas, 7.1[Ligazón morta]
    * Cawkwell, Epaminondas and Thebes, 269; Roy, "Thebes in the 360s BC", 197–198
  67. Xenofonte, Helénicas, 7.1[Ligazón morta]; Diodoro, XV, 76
    * Roy, "Thebes in the 360s BC", 197. Cawkwell (Epaminondas and Thebes, 269) cre que Tebas obtivo beneficios concretos do congreso: "A paz de 366/5 selou a política de Epaminondas no Peloponeso. Baixo el os membros restantes da Liga do Peloponeso abandonaron finalmente a Esparta, e recoñeceron a independencia de Mesenia e, presumibelmente, a unificación de Beocia."
  68. Malia Corinto negarse a unirse nunha alianza con Tebas, deixando claro que tan só quería a paz (Roy, "Thebes in the 360s BC", 200).
  69. Xenofonte, Helénicas, 7.1[Ligazón morta]
    * Cawkwell, Epaminondas and Thebes, 269; Roy, "Thebes in the 360s BC", 200
  70. Fine, The Ancient Greeks.
  71. Diodoro, XV, 78–79
    * Beck, Politics of Power, 174; Roy, "Thebes in the 360s BC", 201–202
  72. Plutarco, Pelópidas, 31–35
    * Hanson, The Soul of Battle; Roy, "Thebes in the 360s BC", 202
  73. Xenofonte, Helénicas, 7.4–5[Ligazón morta]
    * Tritle, The Greek World in the Fourth Century, 26–27
  74. Diodoruo XV, 82; Xenofonte, Helénicas, 7.5[Ligazón morta]
    * Stylianou, Diodorus Siculuc, 508–510
  75. Diodoro, XV, 84; Xenofonte, Helénicas, 7.5[Ligazón morta]
    * Stylianou, Diodorus Siculus, 510–512
  76. Diodoro XV, 85–86
    * Tritle, The Greek World in the Fourth Century, 93–94
  77. Xenofonte, Helénicas, 7.5[Ligazón morta]
  78. Diodoro, XV,85; Xenofonte, Helénicas, 7.5[Ligazón morta]
    * Stylianou, Diodorus Siculus, 514–516
  79. Diodoro, XV, 85; Xenofonte, Helénicas, 7.5[Ligazón morta]
    * Stylianou, Diodorus Siculus, 516–518
  80. Diodoro, XV, XV, 85–86; Xenofonte, Hellenica, 7.5[Ligazón morta]
    * Hanson, Hoplites, 146; Stylianou, Diodorus Siculus, 518–519; Tritle, The Greek World in the Fourth Century, 94
  81. Cornelio Nepote, Epaminondas, IX; Diodoro, XV, 87
    * Tritle, The Greek World in the Fourth Century, 94
  82. Stylianou, Diodorus Siculus, 519
  83. Cornelio Nepote, Epaminondas, IV
  84. Plutarco, Pelópidas
  85. Diodoro, XV, 88
  86. James F. Lazenby, "Epaminondas," de The Oxford Classical Dictionary, Hornblower, Simon, and Antony Spawforth ed.
  87. Diodoro, XV, 55
    * Gabriel, Great Captains of Antiquity, 90–91
  88. Plutarco, Pelópidas, 26
    * Bose, Art of Strategy, 8. Luraghi (The Ancient Messenians, 18) tamén resalta que Filipo tamén "reviviu a estratexia de Epaminondas de mobilizar os veciños de Esparta".
  89. Roy, "Thebes in the 360s BC", 207–208
  90. Cawkwell, Epaminondas and Thebes, 254
  91. Pausanias, Descrición de Grecia 9.15.6.
  92. Hornblower, The Greek World, 236
  93. Durant, The Life of Greece, 463; Hornblower, The Greek World, 236
  94. Cawkwell, Epaminondas and Thebes, 275

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Fontes primarias

[editar | editar a fonte]

Fontes secundarias

[editar | editar a fonte]
  • Beck, Hans (2008). Central Greece and the Politics of Power in the Fourth Century BC. Cambridge University Press. ISBN 0521837057.  BC.   
  • Bose, Partha Sarathi (2004). «Introduction». "Introduction". Alexander the Great's Art of Strategy. Gotham. 2003. ISBN 1-592-40053-1.  Gotham.   
  • Buckley, Terry (1996). «The Main Literary Sources». Aspects of Greek history, 750–323 BC. Routledge. "The Main Literary Sources". Aspects of Greek history, 750–323 BC. Routledge. ISBN 0415099587.   
  • Cartledge, Paul (1979). «The Reduction of Lakonia». "The Reduction of Lakonia". Sparta and Lakonia. Routledge. 1979. ISBN 0-710-00377-3.  Routledge.   
  • Cawkwell, George (1979). «Introduction». A history of my times (Hellenica). Penguin Classics. "Introduction". A history of my times (Hellenica). Penguin Classics. 1978. ISBN 0-140-44175-1.   
  • Cawkwell, George (novembro de 1972). "Epaminondas and Thebes" (2).  The Classical Quarterly, New Series (2): 254-278. Consultado o 1 de abril de 2009.  |mes= ()
  • Davis, Paul K. (2001). «Leuctra». "Leuctra". 100 Decisive Battles. Oxford University Press US. 2001. ISBN 0-195-14366-3.  US.   
  • Fine, John V.A. (1983). The Ancient Greeks: A Critical History. The Ancient Greeks: A Critical History. Harvard University Press. 2001. ISBN 0-385-72059-9.    
  • Gabriel, Richard A. (2002). «The Greek Way of War: Classical and Imperial Periods». "The Greek Way of War: Classical and Imperial Periods". The Great Armies of Antiquity. Greenwood Publishing Group. ISBN 0-275-97809-5.  Greenwood Publishing Group.   
  • Gabriel, Richard A. (2001). «Philip II of Macedon». "Philip II of Macedon". Great Captains of Antiquity. Greenwood Publishing Group. ISBN 0-313-31285-0.  Greenwood Publishing Group.   
  • Green, Peter (2007). «Introduction». "Introduction". Alexander the Great and the Hellenistic Age. Orion. ISBN 978-0-7538-2413-9.  Age. Orion.   
  • Hanson, Victor Davis (1993). «The Xeral as "The General as Hoplite". Hoplites: the Classical Greek Battle Experience. The Free Press. ISBN 0-415-09816-5.  Hoplites: the Classical Greek Battle Experience. The Free Press.   
  • Hanson, Victor Davis (1999). The Soul of Battle: From Ancient Times to the Present Day, How Three Great Liberators Vanquished Tyranny. The Free Press. The Soul of Battle: From Ancient Times to the Present Day, How Three Great Liberators Vanquished Tyranny. The Free Press. 2001. ISBN 0-385-72059-9.   
  • Hart, Liddell (1954). Strategy. Praeger. 1991.  Nova York: Praeger. 
  • Holland, Tom (2006). Persian Fire: The First World Empire and the Battle for the West. Doubleday. Persian Fire: The First World Empire and the Battle for the West. Doubleday. 2006. ISBN 0385513119.   
  • Hornblower, Simon (2006). «Leuctra to Mantineia and the Revolt of "Leuctra to Mantineia and the Revolt of the Satraps". The Greek world, 479–323 BC. Taylor & Francis. ISBN 0-416-75000-1.  Satraps». The Greek world, 479–323 BC. Taylor & Francis.   
  • Hornblower, Simon; Spawforth, Antony, ed. (2003). «Epaminondas». The Oxford Classical Dictionary. Oxford University Press. ISBN 0-19-866172-X.
  • Joint Association of Classical Teachers (1984). «Introduction». "Introduction". The World of Athens. Cambridge University Press. 1984. ISBN 0-521-27389-7.  Cambridge University Press.   
  • Jones, Archer (2001). «Ancient Warfare». "Ancient Warfare". The Art of War in the Western World. University of Illinois Press. 2001. ISBN 0-385-72059-9.  University of Illinois Press.   
  • Kagan, Donald (1990). «Megara and Delium». "Megara and Delium". The Archidamian War. Cornell University Press. 1990. ISBN 0-801-49714-0.  War. Cornell University Press.   
  • Lazenby, J.F. (1993). «The Evidence». "The Evidence". The Defence of Greece 490–479 BC. Aris & Phillips Ltd. ISBN 0-85668-591-7.  BC. Aris & Phillips Ltd.   
  • Luraghi, Nino (2008). «Introduction». "Introduction". The Ancient Messenians. Cambridge University Press. 2008. ISBN 0-521-85587-X.  Cambridge University Press.   
  • Ober, Josiah (1985). «Methods of Waging War». "Methods of Waging War". Fortress Attica. BRILL. ISBN 9-004-07243-8.  BRILL.   
  • Roy, J. (2000). «Sparta in the 360s BC». En Edwards, I.E.S.; Lewis, D.M.; Boardman, John; Gadd, Cyril John; Geoffrey, Nicholas Hammond, Lemprière. Edwards, I.E.S.; Lewis, D.M.; Boardman, John; Gadd, Cyril John; Geoffrey, Nicholas Hammond, Lemprière (ed.). "Sparta in the 360s BC". The Cambridge Ancient History: the Fourth Century BC. Cambridge University Press. ISBN 0-5212-3348-8. : the Fourth Century BC. Cambridge University Press.   
  • Seager, Robin (2000). «The Corinthian War». En Edwards, I.E.S.; Lewis, D.M.; Boardman, John; Gadd, Cyril John; Geoffrey, Nicholas; Hammond, Lemprière. The Cambridge Ancient History: the Fourth Century BC. Cambridge University Press. Edwards, I.E.S.; Lewis, D.M.; Boardman, John; Gadd, Cyril John; Geoffrey, Nicholas; Hammond, Lemprière (ed.). "The Corinthian War". The Cambridge Ancient History: the Fourth Century BC. Cambridge University Press. ISBN 0-5212-3348-8.   
  • Seager, Robin (2000). «Edwards, I.E.S.; Lewis, D.M.; Boardman, John; Gadd, Cyril John; Geoffrey, Nicholas; Hammond, Lemprière (ed.). "The King's Peace and the Second Athenian Confederacy". The Cambridge Ancient History: the Fourth Century BC. Cambridge University Press. ISBN 0-5212-3348-8.  King's Peace and the Second Athenian Confederacy». En Edwards, I.E.S.; Lewis, D.M.; Boardman, John; Gadd, Cyril John; Geoffrey, Nicholas; Hammond, Lemprière. The Cambridge Ancient History: the Fourth Century BC. Cambridge University Press.   
  • Sealey, Raphael (1976). «The Decline of the Spartan Hegemony». A History of the Greek City States, Ca. 700–338 BC. "The Decline of the Spartan Hegemony". A History of the Greek City States, Ca. 700–338 BC. University of California Press. 1976. ISBN 0-520-03177-6.    
  • Smith, William (2006). «The Supremacy of Thebes». "The Supremacy of Thebes". A Smaller History of Greece. Echo Library. ISBN 1-847-02481-5.  Boto Library.
  • Stylianou, P.J. (1998). «Commentary». A Historical Commentary on Diodorus Siculus, Book 15. Oxford University Press. "Commentary". A Historical Commentary on Diodorus Siculus, Book 15. Oxford University Press. ISBN 0-198-15239-6.   
  • Tritle, Lawrence A. (1997). «Thebes and Central Greece». "Thebes and Central Greece". The Greek World in the Fourth Century. Routledge. 1997. ISBN 0-415-10582-X.  Routledge.   
  • Vottéro G. , "Grandeur et déchéance d'un héros : Épaminondas le Thébain", in J. Dion, Le Paradoxe du héros ou d'Homère à Malraux; Nancy-París 1999 (pp. 43–86).

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]