Durante os Xogos Olímpicos de Inverno empregouse a bandeira olímpica na cerimonia de apertura e nas cerimonias de entrega de medallas, e soaba o himno olímpico cando un deportista do Equipo Unificado conseguía unha medalla de ouro. Isto repetiuse nos Xogos Olímpicos de Verán excepto cos deportistas individuais, que pese a que competían co mesmo uniforme, izábase a bandeira do seu país de orixe se gañaban unha medalla e soaba o himno cando acadaban o ouro.
O equipo estivo formado por atletas de todas as ex Repúblicas Soviéticas exceptuando os estados bálticos: