Equipos participantes na Copa Mundial de Fútbol de 2010
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2022.) |
Para a XIX Copa Mundial de Fútbol, que se realizou en Suráfrica entre o 11 de xuño e o 11 de xullo de 2010, 32 seleccións clasificáronse á fase final. As 32 seleccións dividíronse en oito grupos de catro compoñentes. De cada grupo, os dous equipos con mellor puntuación clasificáronse a unha segunda fase de eliminación directa que decidiu o gañador do campionato.
Equipos
[editar | editar a fonte]Previamente, 204 equipos inscribíronse para o proceso clasificatorio de cada continente, clasificándose finalmente 13 equipos de Europa, 3 de Norteamérica, 5 de Suramérica (incluíndo un a través da eliminatoria intercontinental con Norteamérica), 4 de Asia, 6 de África (incluíndo ao anfitrión), e un de Oceanía (a través da eliminatoria intercontinental con Asia). Destes todos, dous países participarían por primeira vez nestas instancias, aínda que cómpre menionar que Serbia xa participara, como sucesor legal do seleccionado de Iugoslavia.
Os equipos participantes no devandito torneo son:
Equipo(ver en detalle) |
Participacións | ||||
---|---|---|---|---|---|
Total | Cons. | Derradeira | |||
Alemaña | 17 | 15 | 2006 | ||
Alxeria | 3 | 1 | 1986 | ||
Arxentina | 15 | 10 | 2006 | ||
Australia | 3 | 2 | 2006 | ||
Brasil | 19 | 19 | 2006 | ||
Camerún | 6 | 1 | 2002 | ||
Chile | 8 | 1 | 1998 | ||
Corea do Norte | 2 | 1 | 1966 | ||
Corea do Sur | 8 | 7 | 2006 | ||
Costa do Marfil | 2 | 2 | 2006 | ||
Dinamarca | 4 | 1 | 2002 | ||
Eslovaquia | 1 | 1 | — | ||
Eslovenia | 2 | 1 | 2002 | ||
España | 13 | 9 | 2006
| ||
Estados Unidos | 9 | 6 | 2006 | ||
Francia | 13 | 4 | 2006 | ||
Ghana | 2 | 2 | 2006 | ||
Grecia | 2 | 1 | 1994 | ||
Honduras | 2 | 1 | 1982 | ||
Inglaterra | 13 | 4 | 2006 | ||
Italia | 17 | 13 | 2006 | ||
Xapón | 4 | 4 | 2006 | ||
México | 14 | 5 | 2006 | ||
Nixeria | 4 | 1 | 2002 | ||
Nova Zelandia | 2 | 1 | 1982 | ||
Países Baixos | 9 | 2 | 2006 | ||
Paraguai | 8 | 4 | 2006 | ||
Portugal | 5 | 3 | 2006 | ||
Serbia[1] | 11 | 2 | 2006 | ||
Sudáfrica | 3 | 1 | 2002 | ||
Suíza | 9 | 2 | 2006 | ||
Uruguai | 11 | 1 | 2002 |
Lista de xogadores
[editar | editar a fonte]Cada selección estivo na obriga de presentar para a Copa Mundial de 2010 a 23 xogadores (3 dos cales deben ser porteiros). Cada federación participante ten que confirmar aos seus 23 xogadores con 10 días de anterioridade con respecto ao inicio do torneo.
Os equipos están autorizados para efectuar trocos por lesións considerábeis dos xogadores até 24 horas antes do seu partido inicial.
- ↑ Estos datos incluyen a la selección de Yugoslavia. Sin contarla, sería su tercera participación (incluyendo la participación con el nombre de República Federal de Yugoslavia en 1998 y Serbia y Montenegro en 2006.