Saltar ao contido

Ernst Röhm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaErnst Röhm

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Ernst Julius Günther Röhm Editar o valor en Wikidata
28 de novembro de 1887 Editar o valor en Wikidata
Múnic (Imperio Alemán) Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xullo de 1934 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Munich Prison (Alemaña nazi) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, Magnicidio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaWestfriedhof (Munique) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parlamentario da República de Weimar
Membro do Reichstag da Alemaña nazi
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Núremberg
Berlín Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico , oficial , militar , ministro Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1914 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores
German Völkisch Freedom Party (en) Traducir
Partido dos Traballadores Alemáns
Movimento Nacional-Socialista da Liberdade (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua alemá Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeAlemaña nazi Editar o valor en Wikidata
Rama militarExército Imperial Alemán Editar o valor en Wikidata
Rango militarHauptmann (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Participou en
9 de novembro de 1923Putsch de Múnic Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
30 de xuño de 1934-1 de xullo de 1934Noite dos coitelos longos
Escândalo de Röhm (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1691205 Discogs: 810965 WikiTree: Röhm-95 Find a Grave: 14714612 Editar o valor en Wikidata

Ernst Julius Röhm, nado en Múnic o 28 de novembro de 1887 e finado na mesma cidade o 2 de xullo de 1934, foi un militar alemán, comandante e cofundador das SA (1931) e ministro sen carteira de Hitler (1933). Foi executado na Noite dos coitelos longos por ordes de Hitler ao consideralo un rival potencial.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Röhm foi un dos tres fillos de Julius Röhm e a súa esposa Emilie. Nado en Múnic, Röhm serviu como oficial co exército Bávaro durante a primeira guerra mundial. Röhm acadou o rango de Oberleutnant co 13 Rexemento de Infantaría Bávaro, e foi gravemente ferido na cara en setembro de 1914 na Lorena, Francia. Posteriormente foi ascendido a Hauptmann.

Hitler xunto con Röhm (á dereita).

Despois da fin da guerra en 1918 uniuse ao Freikorps, unha das moitas milicias privadas que se formaron en Múnic para combater a insurrección comunista. En 1920 converteuse en membro do Partido Nacional Socialista dos Traballadores Alemáns e axudou a organizar a Sturmabteilung (SA). En 1923, despois do marrado Putsch de Múnic, Röhm pasou quince meses no cárcere, durante os cales estreitou os seus lazos de amizade con Adolf Hitler.

Röhm foi liberado en 1924 e traballou con Hitler na reconstrución do Partido Nazi, pero profundas diferenzas de personalidade entre ámbolos dous fan que se manteña á parte da maquinaria nazi, aínda que continuou ao mando das SA. En abril de 1924 axudou a crear a Frontbann, como alternativa legal ás SA. Traballou no Reichstag como parte do renomeado Nationalsozialistische Freiheitspartei antes de dimitir en 1925. Trala súa dimisión marchou a Bolivia para traballar como asesor militar baixo as ordes do xeneral alemán Hans Kundt.

En setembro de 1930, como consecuencia da Revolta de Stennes en Berlín, Hitler asumiu o mando supremo das SA coma o seu novo Oberster SA-Führer. Hitler envioulle unha petición persoal a Röhm, pedíndolle que regresase para servir como xefe das SA. Röhm aceptou o ofrecemento e ocupou o seu novo cargo a principios de xaneiro de 1931. Röhm trouxo novas e radicais ideas ás SA e nomeou a varios dos seus amigos máis próximos coma principais dirixentes do corpo.

A tradicional función das SA como escolta do líder do partido foi asumida polas SS, pero esta continuou coas súas loitas na rúa contra os comunistas e atacando os xudeus. As SA tamén atacaron ou intimidaron a todos aqueles que consideraban hostís ao programa nazi: editores, mestres, políticos e funcionarios ou empresarios pouco colaboradores.

Baixo o mando de Röhm, as SA tamén se puxeron do lado dos traballadores en folgas e outros problemas laborais, atacando os crebafolgas e apoiando os piquetes. A intimidación das SA axudaron ao ascenso dos nazis, debilitando a actividade electoral dos partidos de esquerda. Porén, a reputación das SA pola violencia na rúa foi un obstáculo.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.