Saltar ao contido

Estación de London Victoria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Estación de London Victoria
Fachada da estación

A estación de London Victoria (en inglés: London Victoria Station), tamén coñecida simplemente como estación de Victoria, é unha das estacións de ferrocarril máis importantes de Londres. Atópase xunto á rúa Victoria, no borough da Cidade de Westminster.

Con máis de 73 millóns de pasaxeiros ao ano, é a segunda estación máis transitada do Reino Unido despois da de Waterloo. A zona é tamén un importante intercambiador de diversos medios de transporte, ao atoparse alí a estación de autobuses de Victoria Coach Station e a estación de metro Victoria.

Dende a estación saen varias liñas cara ao sueste de Inglaterra, sendo os destinos máis importantes Brighton, Worthing, Eastbourne, Canterbury e Dover.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]