Estonia no Festival de Eurovisión
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Estonia | |
---|---|
Estación membro | ERR |
Final nacional | Eurolaul (1993-2008) Eesti Laul (2009-) |
Aparicións | 23 (14 finais) |
Primeira aparición | 1993 |
Mellor resultado | |
Final | 1º 2001 |
Semifinal | 3º 2009 3° 2015 |
Peor resultado | |
Final | 24º 1994 24º 2011 |
Semifinal | 22º 2007 |
Ligazóns externas | |
Páxina de ETV | |
Páxina de Estonia en Eurovision.tv |
Estonia participou no Festival da Canción de Eurovisión desde 1994, aínda que levaba tentándoo desde 1993. No seu primeiro intento non logrou clasificarse para a final, acabando en 5º lugar dunha semifinal organizada para introducir aos países debutantes que proviñan de Europa do Leste, celebrada en Liubliana (Eslovenia).
Desde 1996 e até o 2002, Estonia logrou clasificarse para a final e obter boas posicións. No 2001, "Everybody" de Tanel Padar e Dave Benton gañou o festival. Foi a primeira vez que algún dos países ex-comunistas se alzou coa vitoria, e tamén foi o primeiro país báltico en logralo.
O triunfo de Estonia en 2001 foi totalmente inesperado, xa que as apostas daban como gañadores a Francia (4°), Grecia (3°), España (6°), Malta (9°) ou o país anfitrión Dinamarca (2°). Estonia alzouse co triunfo nunhas rifadas votacións. Como resultado desta vitoria, Estonia organizou o Festival en 2002, no Saku Suurhall en Tallin, daquela o país repetiu unha moi boa posición, quedando na terceira, empatada co Reino Unido.
A partir de entón non tivo o mesmo éxito; desde a introdución da semifinal en 2004 até 2008, Estonia non logrou avanzar ás finais, co engadido de que nin sequera conseguiu unha boa posición na mesma, tan só no 2004 quedou ás portas, tras conseguir unha undécima posición na semifinal.
Despois da pésima actuación do 2008 onde quedaron penúltimos na Semifinal 1, decidiron cancelar a preselección Eurolaul e cambiala polo Eesti Laul, o cal deu mellores resultados ao país. Por primeira vez desde que se impuxese as semifinais, Estonia pasou á final no ano 2009, coa canción "Rändajad" do grupo Urban Symphony, quedando no 6° lugar.
En 2010 foi a última vez que serían eliminados na semifinal. No 2011 volveu pasar como unha das grandes favoritas, pero quedou 24° na final, igualando a peor posición do país nunha final de 1994. No ano 2012, seguiron manténdose na final, esta vez con Ott Lepland e a canción "Kuula", cantada na súa lingua oficial. Finalmente conseguiu, de novo, un 6º posto con 120 puntos.
En 2013, volveron levar unha canción cantada no seu idioma oficial, titulada "Et uus saaks alguse", coa cantante Birgit Õigemeel. Por terceira vez consecutiva, Estonia clasificouse á final, esta vez cun 10º posto e, na final, quedou en 20º lugar con 19 puntos. En 2014, non conseguiu clasificarse á final. En 2015 Estonia levou un dúo composto por Stig e Elina, que pasaron á final co seu mellor resultado nunha semifinal igualando tamén, o de 2009. As apostas marcábanlles dentro do top 10, co cal quedaron 7º por detrás dos seus veciños de Letonia e por diante de Noruega. En 2016, Rästa volvía como compositor de "Play", un tema particular que quedou no último lugar do festival.
A pesar dos resultados, Estonia é considerado o país báltico máis exitoso na historia de Eurovisión, estando tan só 9 veces no TOP 10 na gran final (de 21 participacións).
Participacións
[editar | editar a fonte]Ano | Sede | Artista | Canción | Final | Pts | Semifinal | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1993 | Millstreet | Janika Sillamaa | Muretut meelt ja südameetuld | 05 | 47 | ||
1994 | Dublín | Silvi Vrait | Nagu merelaine | 24 | 2 | Sen semifinal | |
deNon participou en 1995de | |||||||
1996 | Oslo | Maarja-Liis Ilus & Ivo Linna | Kaelakee hääl | 05 | 94 | 05 | 106 |
1997 | Dublín | Maarja Liis-Ilus | Keelatud maa | 08 | 82 | Sen semifinais | |
1998 | Birmingham | Koit Toome | Mere lapsed | 12 | 36 | ||
1999 | Xerusalén | Evelin Samuel & Camille Camille | Diamond of night | 06 | 90 | ||
2000 | Estocolmo | Ines | Once in a lifetime | 04 | 98 | ||
2001 | Copenhague | Tanel Padar, Dave Benton & 2XL | Everybody | 01 | 198 | ||
2002 | Estonia(Tallin) | Sahlene | Runaway | 03 | 111 | ||
2003 | Riga | Ruffus | Eighties coming back | 21 | 14 | ||
2004 | Istambul | Neiokõsõ | Tii | 11 | 57 | ||
2005 | Kíiv | Suntribe | Let's get loud | 20 | 31 | ||
2006 | Atenas | Sandra Oxenryd | Through my window | 18 | 28 | ||
2007 | Helsinqui | Gerli Padar | Partners in crime | 22 | 33 | ||
2008 | Belgrado | Kreisiraadio | Leto svet | 18 | 8 | ||
2009 | Moscova | Urban Symphony | Rändajad | 06 | 129 | 03 | 115 |
2010 | Oslo | Malcolm Lincoln | Siren | 14 | 39 | ||
2011 | Düsseldorf | Getter Jaani | Rockefeller Street | 24 | 44 | 09 | 60 |
2012 | Bakú | Ott Lepland | Kuula | 06 | 120 | 04 | 100 |
2013 | Estocolmo | Birgit Õigemeel | Et uus saaks alguse | 20 | 19 | 10 | 52 |
2014 | Copenhague | Tanja | Amazing | 12 | 36 | ||
2015 | Viena | Elina Born e Stig Rästa | "Goodbye to yesterday" | 07 | 106 | 03 | 125 |
2016 | Estocolmo | Jüri Pootsmann | Play | 18 | 24 | ||
2017 | Kíiv | deKoit Toome e Laurade | de«Verona»de (Sven Lõhmus) |
14 | 85 | ||
2018 | deLisboade | deElina Nechayevade | de«La forza»de (Ksenia Kuchukova, Mihkel Mattisen, Elina Nechayeva, Timo Vendt) |
8 | 245 | 5 | 201 |
2019 | deIsraelde |