Saltar ao contido

Euonymus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Evónimo (xénero Euonymus)

Follas e froitos da fuseira (Euonymus europaeus)
Clasificación científica
Reino: Plantae
Filo: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Celastrales
Familia: Celastraceae
Xénero: Euonymus

Euonymus é un xénero de plantas anxiospermas da familia Celastraceae. Ten diversos nomes comúns, tipicamente aplicados á especie Euonymus europaeus, como fuseira, pauguirgoriño, bonete de preste, bonete de crego, árbore da serpe ou, simplemente, evónimo[1][2][3][4]. Comprende sobre 130 especies de arbustos caducifolios e perennifolios, árbores pequenas e lianas.[5][6] Son maioritariamente nativas da Asia oriental, até o Himalaia, mais tamén están distribuídas por Europa, Australasia, América do Norte e Madagascar. Cincuenta especies son endémicas da China[7].

Descrición

[editar | editar a fonte]
Arbustos de Euonymus europaeus nun xardín.
Follas e froitos de Euonymus europaeus no outono.

As flores inconspicuas aparecen en grupos pequenos e poden ser verdes, amarelas, rosa ou dun castaño avermellado segundo as especies[7]. As follas son opostas (raramente alternas) e ovoides simples, cunha lonxitude típica de 2 a 15 cm, e normalmente cunha marxe finamente serrada. O froito é unha baga de cor rosa ou branca e aspecto similar a unha vaíña, con catro ou cinco valvas que se abren para mostrar as sementes, caracterizadas por teren unha cuberta carnosa laranxa ou vermella.

As aves fruxívoras comen estas sementes e dixiren a súa cuberta carnosa, de maneira que as dispersan ao defecaren. Moitas especies de evónimos teñen uso medicinal e certas partes das plantas poden ser velenosas para os humanos.[8]

Cultivo e usos

[editar | editar a fonte]
Froito maduro de evónimo (Euonymus sp.), partido para mostrar as sementes.

A madeira dalgunhas especies era usada tradicionalmente para facer carbón vexetal (como compoñente da pólvora ou para o debuxo artístico), así como na elaboración de fusos para fiar a la; este uso pode ser a orixe do nome común fuseira.[9]

Os evónimos son arbustos frecuentes nos xardíns a causa do carácter decorativo das súas bagas e da súa follaxe, dado que as especias caducifolias adoitan presentar coloracións outonais dun vermello brillante. Con todo, certas especies poden ser invasoras, como acontece co Euonymus alatus nos bosques do nordeste dos Estados Unidos, ou chegar a naturalizarse, como o evónimo xaponés nas fragas do Mandeo[10].

Diversidade

[editar | editar a fonte]
Un cultivar variegado de Euonymus fortunei.
Un cultivar variegado de Euonymus japonicus.

Esta lista contén algunhas das súas especies:[11]

  • Euonymus acanthocarpus
  • Euonymus acuminifolius
  • Euonymus alatus
  • Euonymus americanus
  • Euonymus angulatus
  • Euonymus assamicus
  • Euonymus atropurpureus
  • Euonymus bungeanus
  • Euonymus castaneifolius
  • Euonymus cochinchinensis
  • Euonymus cornutus
  • Euonymus dichotomus
  • Euonymus echinatus
  • Euonymus europaeus – fuseira, evónimo europeo
  • Euonymus fimbriatus
  • Euonymus fortunei
  • Euonymus frigidus
  • Euonymus glandulosus
  • Euonymus grandiflorus
  • Euonymus hamiltonianus
  • Euonymus japonicus
  • Euonymus javanicus
  • Euonymus kiautschovicus
  • Euonymus kwangtungensis
  • Euonymus lanceifolia
  • Euonymus latifolius
  • Euonymus melananthus
  • Euonymus mengtzeanus[6]
  • Euonymus morrisonensis
  • Euonymus myrianthus
  • Euonymus nanoides
  • Euonymus nanus
  • Euonymus nitidus
  • Euonymus obovatus
  • Euonymus occidentalis
  • Euonymus oxyphyllus
  • Euonymus pallidifolius
  • Euonymus paniculatus
  • Euonymus pauciflorus
  • Euonymus phellomanus
  • Euonymus pittosporoides
  • Euonymus prismatomerioides
  • Euonymus pseudovagans
  • Euonymus sachalinensis
  • Euonymus sanguineus
  • Euonymus schensianus
  • Euonymus semenovii
  • Euonymus serratifolius
  • Euonymus tenuiserrata
  • Euonymus thwaitesii
  • Euonymus velutinus
  • Euonymus verrucocarpus
  • Euonymus verrucosoides
  • Euonymus verrucosus
  • Euonymus walkeri
  • Euonymus wui
  1. "Flora-especies - Parque Fluvial de Santiago: As brañas de Sar". Parque Fluvial de Santiago. Arquivado dende o orixinal o 28-11-2020. Consultado o 24-05-2020. 
  2. Noia, María Camino; Benavente Jareño, Pedro (1987). Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia. p. 386. ISBN 8482881345. 
  3. "ORDE SCO/190/2004, do 28 de xaneiro, pola que se establece a lista de plantas cuxa venda ao público queda prohibida ou restrinxida por razón da súa toxicidade. («BOE» 32, do 6-2 2004)" (PDF). BOE (Suplemento núm. 4): 812. 01-03-2004. 
  4. "UVIGO BDplantas Vigo". OMA (Oficina Medio Ambiente da Universidade de Vigo). Consultado o 24-05-2020. 
  5. Euonymus. Flora of China.
  6. 6,0 6,1 Du, C., et al. (2013). Revision of three species of Euonymus (Celastraceae) from China. Phytotaxa 109(1) 45-53.
  7. 7,0 7,1 Botanica: The Illustrated A-Z of over 10000 Garden Plants and How to Cultivate Them. Könemann, 2004. pg. 358. ISBN 3-8331-1253-0
  8. "Euonymus europaeus". Plants For A Future. Consultado o 24 de maio de 2020. 
  9. "Euonymus europaeus - Arbolapp". arbolapp.es (en castelán). Consultado o 24-05-2020. 
  10. "Seguimos activos: charla o día 17". Fragas do Mandeo - Fondo de conservación da natureza de As Mariñas. 2 de maio de 2020. Consultado o 24-05-2020. 
  11. "Nomes de spindle - Enciclopédia da vida". EOL - Encyclopedia of Life. Consultado o 24-05-2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]