Saltar ao contido

Eurocopter AS532 Cougar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eurocopter AS532 Cougar
AS532 do exército francés
Tipohelicóptero militar utilitario medio
FabricanteAérospatiale, Eurocopter, Airbus Helicopters
Primeiro voosetembro de 1977
Introducido1978
Produción1977-presente
VariantesEurocopter AS332 Super Puma

O Eurocopter AS532 Cougar (no presente Airbus Helicopters H215M) é un helicóptero militar multipropósito medio de dous motores desenvolvido por Francia. O AS532 é un desenvolvemento e mellora do Aérospatiale SA 330 Puma na súa forma militarizada. O seu equivalente civil é o Eurocopter AS332 Super Puma. O AS532 foi desenvolvido posteriormente como o Eurocopter EC725.

Deseño e desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

O AS332 Super Puma, deseñado como unha versión máis grande para substituír o SA 330 Puma, voou por vez primeira en setembro de 1977. Foi equipado con dous motores turboeixo de 1 330 kW Turbomeca Makila 1A1, palas do rotor de materiais compostos, e un tren de aterraxe e unha cola modificados.

En 1990 a designación de todos os Super Puma militares cambiou de AS 332 a AS 532 Cougar para facer unha distinción entre as variantes civís e militares do helicóptero.

Canadá considerou mercar o Cougar para substituír os seus CH-113 Labrador, pero finalmente optou por mercar o CH-149 Cormorant. En 2012 Francia iniciou un proxecto de 288,8 millóns de euros para actualizar 23 Cougar do Exército e 3 da Forza Aérea para abordar os problemas de obsolescencia e equipar con aviónicas semellantes aos seus helicópteros EC225 e EC725.[1]

Variantes

[editar | editar a fonte]

AS532 UL/AL

O AS 532 UL/AL é a versión longa da familia Cougar e está impulsada por dous motores turboeixo Turbomeca Makila 1A1. Leva 2 tripulantes e ata 29 soldados ou 6 feridos en padiolas xunto con 10 pasaxeiros máis. Ao igual que as outras versións do Cougar, o AS 532 UL/AL pode levantar 4,5 toneladas mediante unha eslinga. O sistema de vixilancia do campo de batalla Horizon pode instalarse no AS 532 UL (utility version). O AS 532 AL (armed version) tamén pode equiparse con varias armas, como canóns de 20 mm, foguetes de 68 mm ou metralladoras.[2]

AS532 SC

O AS 532SC é a versión naval da familia Cougar e está impulsado por dous motores Turbomeca Makila 1A1. Esta versión é usada principalmente para unidades de guerra anti-superficie equipada con mísiles AM 39 Exocet, guerra anti-submarina con sónar de profundidade e torpedos, busca e rescate, e patrulla marítima.[2]

AS535

Versión de busca e rescate de combate do exército francés.

Operadores

[editar | editar a fonte]
AS532 Cougar ecuatoriano
Albania
Brasil
Bulgaria Bulgaria
Chile
Francia
Eurocopter Cougar da Forza Aérea de Eslovenia
Alemaña Alemaña
Malaui Malaui
Países Baixos Países Baixos
Arabia Saudita
Eslovenia Eslovenia
Eurocopter AS532UL Cougar Mk1 da Forza Aérea de Suíza
España España
Suíza Suíza
Turquía Turquía
Venezuela
  1. "Projet de loi de finances pour 2013 : Défense : équipement des forces". Senado de Francia. Consultado o 3 de novembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Endres and Gething 2005, p. 487
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 3,14 3,15 3,16 3,17 3,18 "World Air Forces 2014" (PDF). Flight International. Consultado o 17 de novembro de 2018. 
  4. "World's Air Forces 2004". Flight International. Consultado o 2018-11-17.