Extremadura Unión Deportiva
Extremadura | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Extremadura Unión Deportiva | |||
Fundación | 2007 | |||
Estadio | Francisco de la Hera, Almendralexo, España | |||
Inauguración | 1996 | |||
Capacidade | 11.580 | |||
Presidente | Manuel Franganillo | |||
Adestrador | Manuel Mosquera Bastida | |||
Liga | Primeira RFEF – Grupo 1 | |||
2020–21 | 2ª B – Grupo 5 (B), 2º 2ª B – Grupo 5 (C), 4º | |||
Na rede | ||||
http://www.extremaduraud.com/ | ||||
| ||||
O Extremadura Unión Deportiva foi un club de fútbol español da cidade de Almendralexo, na provincia de Badaxoz. Foi fundado en 2007 e xogou por última vez no grupo I da Primeira División RFEF.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado en 2007, cando o CF Extremadura estaba a piques de desaparecer. Comezou a súa andaina na derradeira división do fútbol extremeño, naquel entón a Primeira Rexional de Estremadura. Ao final da súa primeira tempada en competición logrou o seu obxectivo de ascender de categoría, ademais folgadamente, distanciando ao segundo clasificado en 11 puntos.
Na tempada 2008-2009 competiu na Rexional Preferente de Estremadura, onde fixo unha espectacular campaña, xa que, tres datas antes do remate do torneo logrou conseguir o campionato e ascender á Terceira División. Desde que comezase a competición, por setembro, o club azulgrana mantívose sempre en postos de liguiña de ascenso á Segunda División B Española. Ao terminar a campaña acabou en terceira posición con 79 puntos, meténdose así nos "play-off" de ascenso. Na primeira fase da liguiña eliminou o Novelda, sendo válido o gol de Neto en terreo valenciano tras o empate a cero da ida no Estadio Francisco de la Hera. A segunda fase da liguiña tamén tivo un final exitoso para os de Juan Marrero, que lograron pasar á terceira e última fase, ante o Mairena, cultivando un empate a dous no partido de volta tras o empate a cero en terreo estremeño. O último chanzo, correspondente á terceira fase de liguiña de ascenso, era o Atlético Mancha Real. O partido de ida tocou na casa, que a pesar do resultado, catro goles a dous, foi un partido enmarañado e difícil. Co empate a cero no partido de volta os azulgrana conseguiron o ascenso á Segunda División B española.
Tras moitas temporadas competindo e debido aos problemas económicos que arrastraba o club foi excluído da competición debido a unha incomparecencia por folga ante o Racing Club de Ferrol. O luns 28 de febreiro del 2022, Manuel Franganillo compareceu ante os medios comentando que o club desaparecía e era levado a liquidación.[1]
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta azulgrana, pantalón azul e medias azulgranas a raias horizontais.
- Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalóns verdes e medias verdes.
Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Estadio Francisco de la Hera.
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 1 (incluída a 2018/19)
- Tempadas en 2ªB: 3
- Tempadas en 3ª: 6
- Tempadas en Rexional Preferente: 1
- Tempadas en Primeira Rexional: 1
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Terceira División (1): 2012–13
- Rexional Preferente de Estremadura (1): 2008–09
- Primeira Rexional de Estremadura (1): 2007–08
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Franganillo certifica la liquidación del Extremadura". Hoy (en castelán). 2022-02-28. Consultado o 2022-02-28.