Saltar ao contido

Falcipennis canadensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Falcipennis canadensis

Falcipennis canadensis, macho

Falcipennis canadensis, femia
Falcipennis canadensis, femia

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Galliformes
Familia: Phasianidae
Subfamilia: Tetraoninae
Xénero: Falcipennis
Especie: F. canadensis
Nome binomial
Falcipennis canadensis
(Linnaeus, 1758)
Área de distribución de Falcipennis canadensis
Área de distribución de Falcipennis canadensis

Área de distribución de Falcipennis canadensis
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Falicpennis canadensis é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, unha das dúas que integran o xénero Falcipennis.

É un tetraonino propio das rexións máis setentrionais de América do Norte, de tamaño mediano, e estreitamente asociado aos bosques de coníferas boreais ou taigas. É unha das pitas do monte máis arborícolas, ben adaptado para moverse e pousar nas árbores.

Características

[editar | editar a fonte]

Esta pita do monte mide entre 38 e 43 cm de lonxitude; os machos pesan de 550 a 650 g, e as femias de 450 a 550 g.[2][3] Estes pesos son aproximados, xa que existe variación xeográfica e estacional na masa destas aves.[4]

A subespecies varían lixeiramente na plumaxe, especialmente no patrón da cola e na extensión da zona branca das partes inferiores. En xeral, os machos adultos son principalmente grises nas partes superiores e negros nas interiores, con manchas brancas ao longo dos flancos e unha mancha vermella de pel espida sobre o ollo. As fembras adultas son de cor marrón apencada (forma "vemella") ou gris apencada (forma "gris") con bandas escuras e brancas nas partes inferiores. Os xuvenís parécense ás femias.[4]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Pódese encontrar en todo o Canadá e, nos Estados Unidos, está presente en Alasca, Maine, o norte de Míchigan, o nordeste de Minnesota e nos bosques de coníferas de Montana, Idaho e do Estado de Washington.

Esta especie sempre está asociada aos bosques dominados por coníferas, xa sexan piceas, piñeiros, abetos ou tuias. Pode encontrarse en verán cerca de sotobosques ricos en arbustos como arandos e outros, prefirindo en inverno bosques máis densos.[4][5]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita inicialmente en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae,[6] baixo o nome de Tetrao canadensis. Posteriormente situouna dentro do xénero Canachites,[7] e, máis tarde, en Dendragapus.[4][6] Finalmente, despois de que en 1823 Elliot descibira o xénero Falcipennis, foi integrada neste.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Para a etimoloxía de xénero, ver Falcipennis.

O epíteto específico, canadensis, alude ao país que concentra a maior parte da súa poboación.

Sinónimos

[editar | editar a fonte]
  • Canachites canadensis (Linnaeus, 1758)
  • Dendragapus canadensis (Linnaeus, 1758)
  • Tetrao canadensis Linnaeus, 1758

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Na acutualidade recoñécense na especie as seis subespecies seguintes:[6][8]

  • Falcipennis canadensis atratus (Grinnell, 1910)
  • Falcipennis canadensis canace (Linnaeus, 1766)
  • Falcipennis canadensis canadensis (Linnaeus, 1758)
  • Falcipennis canadensis franklinii (Douglas, 1829)
  • Falcipennis canadensis isleibi Dickerman & Gustafson, 1996
  • Falcipennis canadensis osgoodi (Bishop, 1900)

Nota: a Unión Internacional para a Consercación da Natureza recoñece a subespecie Falcipennis canadensis franklinii como especie inependente, Falcipennis franklinii, en contra do organismo oficial para a clasificación científica das aves, o Congreso Ornitolóxico Internacional (que tamén segue o ITIS).

Controversia taxonómica Dengragapus - Falcipennis

[editar | editar a fonte]

Dadas as similitudes entre moitas das especies dos tetraoninos, non hai acordo unánime sobre a taxonomía do xénero Dengragapus.

Así, por exemplo, o Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS), só considera como válida a especie Dengragapus obscurus,[6] considerando a Dendragapus fuliginosus como unha subespecie desta, Dendragapus obscurus fuliginosus (Ridgway, 1873),[9] utilizando como fonte a Zoonomen - Zoological Nomenclature Resource, 2005.05.23.

Outros consideran a especie Dendragapus falcipennis, que a maioría clasifican como Falcipennis falcipennis.[1][10][11]

Finalmente, outros consideran a Dendragapus canadensis, especie definida por Linneo como Tetrao canadensis Linnaeus, 1758, que a maioría dos autores clasifican tamén dentro do xénero Falcipennis, como Falcipennis canadensis.[12]

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2016): Falcipennis canadensis na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 19 de febreiro de 2019.
  2. National Geographic (2002). Saint-Constant, Québec: Broquet, ed. Guide d'identification des oiseaux de l'Amérique du Nord. ISBN 2-8900-0551-8. 
  3. Dunning, John B. Jr. (2008): CRC handbook of avian body masses. Boca Raton, California, USA: CRC Press. ISBN 978-1-4200-6444-5.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Boag, D. A. & M. A. Schroeder (1992): "Spruce Grouse (Falcipennis canadensis), En: Birds of North America. American Ornithologists' Union.; Academy of Natural Sciences of Philadelphia.; Cornell University. Laboratory of Ornithology. Washington, DC: American Ornithologists' Union.
  5. Gauthier, Jean & Yves Aubry (1995). Montréal: L'Association québécoise des groupes d'ornithologues, ed. Les oiseaux nicheurs du Québec: atlas des oiseaux nicheurs du Québec méridional. ISBN 2-9801-5531-4. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Falcipennis canadensis (Linnaeus, 1758) no ITIS.
  7. Canachites canadensis (Linnaeus, 1758) no ITIS.
  8. Family Phasianidae na IOC World Bird List. Versión 9.1 (2019).
  9. Dendragapus obscurus fuliginosus (Ridgway, 1873) no ITIS.
  10. del Hoyo, J.; Elliott, A.; Sargatal, J.; Christie D. A. & de Juana E., coords. Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-415-3.
  11. Gallo siberiano. Falcipennis falcipennis (Hartlaub, 1855) en Avibase.
  12. BirdLife International (2016): Spruce Grouse. Falcipennis canadensis na Lista vermella da UICN.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • de Juana, E. (1994): "Family Tetraonidae (Grouse)". En: del Hoyo, J.; Elliott, A. & Sargatal, J. Handbook of the Birds of the World, Vol. 2. New World Vultures to Guineafowl. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-87334-15-6, pp. 376–411.
  • del Hoyo, J., Collar, N. J., Christie, D. A., Elliott, A. e Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona, Spain / Cambridge, UK.: Lynx Edicions / BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1.
  • Dickinson, E. C., ed. (2003): The Howard & Moore Complete Checklist of the Birds of the World. 3nd ed. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-6536-9.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]