Saltar ao contido

Federación Internacional de Motociclismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Federación Internacional de Motociclismo
Logo
AcrónimoFIM
Tipofederación deportiva internacional
DeporteMotociclismo
Área de operaciónmundial
Data de fundación21 de decembro de 1904
SedeMies
Na rede
http://www.fim-live.com e https://www.fim-moto.com/en/
Facebook: FIMLive Twitter: FIM_live Instagram: fimlive Youtube: UCegwEecpz-jKQQvy7H9p67A Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Vito Ippolito, presidente da Federación dende 2006.

A Federación Internacional de Motociclismo (FIM, en francés: Fédération Internationale de Motocyclisme) é o órgano gobernante das competicións de motociclismo. Representa a 98 federacións nacionais de motociclismo que están divididas en seis rexións continentais.

Dentro da FIM hai cinco disciplinas que supón 34 campionatos do mundo e outros títulos: velocidade, motocross, trial, enduro, e track racing que combina o grasstrack (carreiras sobre herba) e o speedway. A FIM tamén está involucrada noutras actividades non competitivas para a promoción deste deporte, a súa seguridade e outras actividades públicas relacionadas.

A FIM creouse a partir da Fédération Internationale des Clubs Motocyclistes (FICM, Federación Internacional de Clubs de Motocilcismo), que se fundou en París (Francia) o 21 de decembro de 1904. O Auto-Cycle Union (ACU) do Reino Unido foi un dos membros fundadores. En 1906, a FICM disolveuse, pero foi refundada en 1912, pero agora coa súa sede en Inglaterra. Os Seis Días Internacionais de Enduro celebráronse ao ano seguinte, e foi o primeiro evento internacional celebrado pola nova Federación.

O nome foi cambiado a Fédération Internationale Motocycliste (FIM) en 1949, o mesmo ano en que se celebrou a primeira edición do xa soado Campionato do Mundo de Motociclismo. A sede trasladouse a Xenebra (Suíza) en 1959.

En 1994 a sede trasladouse de novo, agora a Mies (Suíza), ocupando o seu propio edificio por primeira vez, cun deseño recordando a unha motocicleta. O nome foi cambiado outra vez en 1998, pasándose a denominar Fédération Internationale de Motocyclisme tal como decidiuse no congreso celebrado en Cidade do Cabo (Suráfrica). O mesmo ano, o Comité Olímpico Internacional recoñeceu provisionalmente á FIM, alcanzando o total recoñecemento nos Xogos Olímpicos de Sidney 2000.

En 2004 celebrouse o seu centenario durante o congreso de París no mes de outubro. Desde 2006 o venezolano Vito Ippolito é o primeiro latinoamericano que exerce a presidencia da FIM.

Competicións da FIM

[editar | editar a fonte]

Velocidade

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]