Saltar ao contido

Fene

Modelo:Xeografía políticaFene
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°28′00″N 8°10′00″O / 43.466666666667, -8.1666666666667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
CapitalFene Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación12.561 (2023) Editar o valor en Wikidata (477,79 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie26,29 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude395 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataGumersindo Galego Feal (2011–2015)
Juventino Trigo Rey (2018–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Fene Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15500 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15035 Editar o valor en Wikidata

Sitio webfene.gal… Editar o valor en Wikidata

Fene é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra. Segundo o IGE en 2014 tiña 13.498 habitantes (14.165 no 2009, 14.346 no 2006, 14.355 no 2005, 14.485 no 2004, 14.530 en 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «fenés, fenesa».

Está situado á beira da ría de Ferrol. Ten unha superficie de 26,3 km² e conta con 8 parroquias.

Da época castrexa existen varios castros: Prismos, Cardoeiro, Magalofes, Orra, Río Castro, Sartego, Barallobre e As Pías[1]. En 1941 fundouse ASTANO, unha empresa que nos seus comezos construía pequenas embarcacións, pero que rematou especializándose na construción de grandes petroleiros. Chegou a converterse nun dos maiores estaleiros da Europa. Grazas ao gran desenvolvemento acadado coa construción naval nestes estaleiros, o concello de Fene é un dos máis poboados da comarca de Ferrolterra. Porén, a reconversión naval trouxo consigo unha decadencia tanto na economía coma na poboación do concello. O estaleiro de Fene pasou posteriormente a denominarse IZAR Fene, e actualmente forma parte do grupo industrial público estatal Navantia, co nome de Navantia Fene, pero sen dedicarse xa á construción de buques.

Poboación

[editar | editar a fonte]
Censo total 2014 13.498 habitantes
Menores de 15 anos 1.492 (11.05 %)
Entre 15 e 64 anos 8.497 (62.95 %)
Maiores de 65 anos 3.509 (26 %)
Fonte: Instituto Nacional de Estadística, INE; 1857-2011
Evolución da poboación de Fene   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5.388 6.540 8.110 15.097 14.485 14.165 13.807 13.780 13.498
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Goberno municipal

[editar | editar a fonte]

O BNG foi o partido máis apoiado na localidade desde as primeiras eleccións democráticas celebradas en 1979, co seu candidato Xosé María Rivera Arnoso como alcalde, ata 2007. O socialista Iván Puentes Rivera foi o seguinte, entre 2007 e 2011. Ese ano o PPdeG gañou as eleccións municipais e Gumersindo Galego Feal converteuse en rexedor. Logo dos comicios de 2015, foi sucedido por Juventino Trigo Rey, do BNG, mais o 6 de abril de 2018 Galego Feal recuperou a alcaldía ao prosperar a moción de censura impulsada polo PP, co apoio de Somos Fene e a abstención do PSOE[2]. De xeito inverso ao acontecido no mandato anterior, tralas eleccións municipais de 2019 o popular Galego Feal volveu ser investido alcalde, mais unha moción de censura apoiada polo BNG, o PSdeG-PSOE e EU o 7 de febreiro de 2020 devolveu o mando a Juventino Trigo.[3]

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía de Fene está fortemente vencellada ao sector naval e á historia e evolución de Astano. A súa fundación foi un fito no crecemento do concello xunto coa inauguración da Ponte das Pías e a chegada da autoestrada AP-9 a Ferrol. O polígono industrial Vilar do Colo está entre a autoestrada AP-9 e a estrada Mugardos-As Pontes VG-1.2.

Monumentos de interese

[editar | editar a fonte]
  • Igrexa de San Salvador de Fene
  • Igrexa de San Salvador de Maniños (século XVII)
  • Casa do Concello, deseñada en 1975 polo arquitecto Alberto Campo Baeza e Premio Nacional de Arquitectura. Foi inaugurada como nova sede do Goberno Municipal a finais do ano 1981.[4]
  • Ponte medieval sobre o río Belelle
  • Monumento ao Pallaso, obra en cerámica realizada por Francisco Xosé Pérez Porto e localizada no Parque Castelao, moi preto da Casa do Concello.

Fene posúe ademais unha das máis numerosas e ricas mostras de arquitectura indiana do país, mostra que se concreta en numerosas vivendas particulares, repartidas polas súas oito parroquias, que reproducen o estilo arquitectónico da América latina de finais do s. XIX e principios do XX. Os seus primeiros propietarios, xeralmente emigrantes en Hispanoamérica, reproduciron ao seu regreso ao municipio o estilo das edificacións que coñeceran nas ex-colonias. A principal mostra de arquitectura indiana en Fene constitúea, sen dúbida, a vivenda coñecida como Casa da Maleta, unha orixinal obra de arte situada en Barallobre e rematada por unha cúpula aberta, sobre a que se levanta unha estatua do seu antigo propietario e desde a que se pode apreciar unha das melloras vistas da Ría de Ferrol.

Para poder apreciar estas edificacións, o Concello de Fene ten trazado e sinalizado un camiño, a Ruta da Arquitectura Indiana, que nos leva a través do municipio por algunhas das máis singulares.

Enclaves naturais

[editar | editar a fonte]

O predominio do urbano e o industrial no seu núcleo, non debe facernos esquecer que en Fene podemos atopar paraxes naturais de enorme beleza, nos que gozar das augas tranquilas das rías de Ferrol e Ares ou do ambiente autóctono do bosque atlántico nas fragas do Río Belelle, espazo natural que arestora está proposto como lugar de importancia comunitaria (LIC).[5]

  • Na ría de Ares temos as praias de Río Sandeo, Coído, Almieiras e Río Castro, todas elas na parroquia de Limodre. Trátase de calas absolutamente naturais, afastadas dos grandes estradas e núcleos de poboación, nas que un pode tomar o sol e bañarse en contacto directo coa natureza. O mar e a area chocan cos carballos, castiñeiros e eucaliptos que delimitan as praias.
  • Na ría de Ferrol destacan os peiraos de Maniños e Barallobre, antigos centros económicos do municipio, pois aos seus pés situábanse as industrias de salgadura e curtidorías, das que vivía o municipio ata a explosión do naval. Hoxe son tranquilas paraxes nos que fondean as embarcacións os mariscadores locais e un dos poucas mostras que quedan da costa tradicional do municipio.

En pleno centro urbano, na parroquia de San Valentín, podemos gozar dunha tranquila camiñada ás beiras da ría polo paseo marítimo, que decontado conectará co do veciño concello de Neda.

Para rematar, na parroquia de Sillobre atopamos o Monte Marraxón, a paraxe máis natural e quizais máis espectacular de Fene. Desde o cume de Coto do Rei (395 m.) a maior altitude de toda a Ría de Ferrol, apréciase unha das mellores vistas desta baía. Se o ceo está despexado, alén da propia ría, pódese divisar ao sur a cidade da Coruña e ao norte o océano Atlántico no Concello de Valdoviño.

Se a ladeira Oeste do Marraxón dá á Ría de Ferrol, pola Leste discorre o Río Belelle, que serve de fronteira natural co Concello de Neda. Pola ribeira de Fene discorre un sendeiro que nos penetra nunha das reservas de bosque atlántico (fraga) mellor conservadas de Galicia. Ademais da beleza e da tranquilidade do bosque, poderemos gozar das antigas instalacións (pequena presa, canle, cámara de carga e turbinas) dunha central hidroeléctrica aínda en uso e, sobre todo, apreciaremos a espectacular fervenza pola que cae o río pouco antes de abandonar o territorio de Fene.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Fene.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Fene

Barallobre (Santiago) | Fene (San Salvador) | Limodre (Santa Eulalia) | Magalofes (San Xurxo) | Maniños (San Salvador) | Perlío (Santo Estevo) | San Valentín (San Valentín) | Sillobre (Santa Mariña)

Lugares de Fene

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Fene vexa: Lugares de Fene.

  1. Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos. O boom arqueolóxico de finais do século XX na bisbarra de Ferrol: Análise comparativa. Anuario Brigantino, 2000
  2. "Gumersindo Galego, novo alcalde de Fene ao prosperar a moción de censura impulsada polo PP". Sermos Galiza. 6 de abril de 2018. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2018. Consultado o 6 de abril de 2018. 
  3. ""O PP perde a Alcaldía de Fene, que pasa ao BNG"". nosdiario.gal. 7 de febreiro de 2020. Consultado o 7 de febreiro de 2020. 
  4. Páxina do arquitecto
  5. Xunta de Galicia, eds. (20 de decembro de 2011). "A Consellería do Medio Rural dálle un pulo definitivo á conformación da Rede Natura 2000 de Galicia". Santiago de Compostela. Consultado o 7/8/2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]