Fermín Penzol
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de agosto de 1901 Sahagún, España |
Morte | 5 de marzo de 1981 (79 anos) Santiago de Compostela, España |
Causa da morte | morte natural |
Lugar de sepultura | Castropol |
Educación | Universidade Central |
Actividade | |
Ocupación | rexistrador da propiedade |
Membro de | Real Academia Galega (membro de honra) (1973–1981) Real Academia Galega (membro correspondente) (1952–1973) |
Familia | |
Cónxuxe | Blanca Jiménez Alonso (1948–) |
Fillos | non tivo |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Fermín Luis Fernández Penzol-Labandera,[1] nado en Sahagún (provincia de León) o 19 de agosto de 1901 e finado en Santiago de Compostela o 5 de marzo de 1981, foi un bibliófilo, rexistrador da propiedade e galeguista do interior durante a ditadura franquista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu pai, Indalecio Fernández López, era natural de Ponferrada e a súa nai, María de la Asunción Penzol-Labandera, de Castropol. Naceu en Sahagún, onde residía a familia polo traballo de xuíz do pai, porén, aos poucos meses de vida de Fermín trasladáronse a Mondoñedo. Á idade de ingresar no instituto foron a vivir a Pontevedra, onde fixo o bacharelato. Despois a familia volveu a trasladarse, desta volta a Madrid, onde Fermín estudou Dereito.
Na etapa das Irmandades da Fala e do nacionalismo, sentiuse especialmente identificado con Vicente Risco e Antón Villar Ponte. En Madrid fundou a Mocidade Céltiga con Salvador Mosteiro Pena. Máis tarde, nos anos 30, colaborou con Alexandre Bóveda, tamén dende Madrid.
No franquismo
[editar | editar a fonte]Durante o franquismo serviu de contacto con Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego. En 1950 incorporouse ó equipo fundador da Editorial Galaxia.
Cos fondos da súa biblioteca creouse a Fundación Penzol na cidade de Vigo, inaugurada o 5 de maio de 1963 cunha conferencia do profesor Manuel Rodrigues Lapa.
Recibiu o Pedrón de Ouro en 1971.
Está soterrado no cemiterio parroquial da vila de Castropol.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]En decembro de 1948 casou con Blanca Jiménez Alonso (Ribadeo 1926-2012) que o axudou de xeito entusiasta no seu labor como bibliófilo nos últimos anos da súa vida. Blanca Jiménez foi presidenta e presidenta de honra, sucesivamente, da Fundación Penzol, integrante do plenario do Consello da Cultura Galega entre 2001 e 2008 e Medalla Castelao en 2002.[2] Non tiveron fillos.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Certificación de acta de nacemento.
-
Fermín Penzol de neno.
-
Sede da Fundación Penzol.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fermín Penzol |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gallego, Olga e López, Pedro (1987). Guía das coleccións bibliograficas e documentais da Fundación Penzol. ISBN 84-300-2746-7.
- Monteagudo, H. (coord.) (2010). Fermín Penzol. Unha obra para un país Galaxia. ISBN 978-84-9865-312-0.
- Piñeiro, R. (2005). "Penzol, Fermín". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Fermín Penzol in memoriam xulio-agosto-setembro 1981. Grial n.º 73. ISSN 0017-4181. Inclúe:
- "Perder amigos: Fermín Penzól" por Ánxel Fole.
- "A personalidade política de Fermín Penzol" por Ramón Piñeiro.
- "Penzol e a súa obra" por Ramón Lorenzo.
- "Documentación epistolar".
- "Discanto pra Fermín Penzol" por Fermín Bouza-Brey.
- "Fermín en Barcelona" por Basilio Losada.
- "Unha lembranza da figura humana e cordial de Fermín Penzol" por Isaac Díaz Pardo.
- "O meu Fermín, o noso Penzol, a "Penzol" de todos" por Xesús Alonso Montero.
- "Fermín Penzol e a "Mocedade Céltiga" de Madrid" por Emilio González López.
- "Os espellos de Fermín Penzol" por Marino Dónega.
- "Protagonistas do galeguismo no Arquivo da Fundación Penzol" por Olga Gallego e Pedro López.
- "Os fondos bibliográficos da Biblioteca Penzol".
- "Fernández Penzol-Labandera, Fermín". Diccionario enciclopédico galego universal 27. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 77. ISBN 84-7680-429-6.
- "Fernández-Penzol Labandera, Fermín". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 895. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Fernández Penzol-Labandera, Fermín". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- VV.AA. (1972). Homenaxe a Fermín Penzol (PDF). Vigo: Galaxia.