Fiat
Fiat S.p.A. | |
---|---|
Simply more | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1899 |
Matriz | Grupo Fiat |
Localización | Torino, Italia |
Fundador | Giovanni Agneli |
Persoas clave | Olivier François (Director) |
Industria | Automóbil |
Produtos | Automóbil |
Número de empregados | 15.307 (31 de decembro de 2011) |
Na rede | |
https://www.fiat.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
FIAT (acrónimo de Fabbrica Italiana Automobili Torino), é unha empresa italiana adicada á fabricación de automóbiles, pertencente ó grupo industrial Fiat S.p.A . Fundouse en 1899, por un feixe de industriais torineses liderados por Giovanni Agnelli.[1] Desde 2021 é unha filial de Stellantis.
Historia
[editar | editar a fonte]Na primeira factoría localizouse en Corso Dante sobre 10.000 m2 na que traballaron 50 obreiros[1], fabricou o seu primeiro automóbil en 1899, chamándose o modelo Fiat 3½ HP. Na primeira década do século XX a empresa espalla as súas actividades comezando a fabricar camións, tranvías, motores mariños etc. En 1908 saíu o modelo Fiat 1 Fiabre, feito para ser taxi, e exportado a cidades como Londres, París ou Nova York. Os Fiat da década de 1910 gañaron moitas carreiras polo mundo enteiro, dende España ós Estados Unidos ou a Arxentina. O Fiat 300 HP Record, feito en 1911, tiña 250 cabalos de potencia, e foi construído para bate-lo récord de velocidade daquel entón, chegando ós 290 km/h.
Na primeira guerra mundial Fiat fabricou o seu modelo Fiat 501 para o exército italiano, e unha vez rematada a guerra, sacou unha nova versión deste modelo para uso civil, da que se venderon mais de 40.000 unidades. Trala visita de Giovanni Agnelli ás fábricas de Ford en América, o fundador de Fiat decidiu construír unha nova factoría na que se traballase do mesmo xeito que nas factorías de Henry Ford.
En 1931 Fiat comprou a empresa española Hispano-Suiza, e na súa factoría de Guadalaxara comezou a producirse o Fiat 514. As instalacións foron desfeitas na guerra civil e nunca mais foron reconstruídas.
En 1932 saíu ó mercado o modelo Fiat 508 Balilla que vai vender 110.000 unidades, pero eses números foron superados polo novo modelo Fiat 500 Topolino que saíu en 1936, e que nas seguintes 2 décadas vendeu mais de 500.000 unidades.
Co comezo da segunda guerra mundial o proceso produtivo de Fiat cambiou totalmente, pasando a fabricarse tan só vehículos de transporte para o exército, nunhas instalacións que recibían moitos bombardeos.
Tralo remate da guerra morre o fundador da empresa, unha empresa que estaba parada e desfeita polas bombas. O Plan Marshall axudou a reconstruír as factorías, e comezou a fabricarse de novo o Topolino. Uns anos despois, en 1955, naceu o Fiat 600, un modelo histórico que acadou o seu obxectivo de motorizar en masa ós italianos.
Fiat acadou o recoñecemento Coche do Ano en Europa 9 veces (1967, 1970, 1972, 1984, 1989, 1995, 1996, 2004 e 2008), cos modelos 124, 128, 127, Uno, Tipo, Punto, Bravo, Panda e 500, sendo o fabricante que máis veces recolleu ese premio.
En 1966, foi a primeira marca automobilística en construír unha factoría na antiga URSS, na localidade de Togliattigrad[2], nas beiras do Volga, no oblast de Samara: tras un acordo comercial, creouse AutoVaz (Volzhski Avtomobilny Zavod: Fábrica de Automóbiles Volga).
Outras actividades
[editar | editar a fonte]Aviación e motocicletas
[editar | editar a fonte]Fiat, como Fiat Aviazione, foi un importante construtor aeronáutico, centrado principalmente na aviación militar. Despois da primeira guerra mundial, Fiat consolidou a varios pequenos fabricantes de avións italianos, como Pomilio e Ansaldo. As aeronaves máis famosas de Fiat foron os cazas biplanos dos anos 30 Fiat CR.32 e Fiat CR.42. Outros deseños notables foron os cazas CR.20, G.50 e G.55, o hidroavión Fiat RS.14 e o bombardeiro Fiat BR.20. Nos anos 50 a compañía deseñou o avión de ataque a terra lixeiro G.91. En 1969 Fiat Aviazione fusionouse con Aerfer para formar Aeritalia.
En 1959 Piaggio pasou ás mans da familia Agnelli. En 1964 as divisións aeronáutica e de motocicletas separáronse para converterse en compañías independentes. A aeronáutica chamouse IAM Rinaldo Piaggio. Na actualidade a compañía aeronáutica Piaggio Aero está controlada pola familia de Piero Ferrari, que tamén posúe o 10% do construtor de coches Ferrari.
A división de motociclestas, Vespa, prosperou ata 1992, cando Giovanni Alberto Agnelli converteuse en CEO (aínda que tiña un cancro e morreu en 1997). En 1999 Morgan Grenfell Private Equity mercaría Piaggio.
Galería
[editar | editar a fonte]Modelos históricos
[editar | editar a fonte]-
Fiat 3½ HP de 1899.
-
Fiat 501 de 1925.
-
Fiat 508 Balilla de 1933.
-
Fiat 500 Topolino de 1939.
-
Fiat 600 de 1959.
-
Fiat 128 de 1970.
-
Fiat Panda de 1997.
Modelos actuais
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Las sociedades multinacionales. Col. EMA (Enclopedia del Mundo Actual), nº 4. Barcelona: Noguer. 1977. pp. 110–111. ISBN 84-279-1305-2.
- ↑ Agliastro, Giuseppe. "'Togliattigrad' mon amour". ansa.it. Consultado o 11-09-2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fiat |