Saltar ao contido

Florence Pugh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFlorence Pugh

(2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xaneiro de 1996 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
Oxford, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
ResidenciaOs Ánxeles (2020–)
Toronto Editar o valor en Wikidata
EducaciónSt Edward's School (en) Traducir
Cokethorpe School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura162 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactriz, cantante, actriz de cinema, compositora de cancións Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2014 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaZach Braff (2019–2022) Editar o valor en Wikidata
IrmánsToby Sebastian Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm6073955 Allocine: 705743 Rottentomatoes: celebrity/florence_pugh Allmovie: p803365 Metacritic: person/florence-pugh
Twitter: Florence_Pugh Instagram: florencepugh Youtube: UC_C_kIIHeOXt3VXaEQj2xKA Musicbrainz: dec39aa0-f9f5-4853-86fa-a5239362a325 Discogs: 7214207 Genius: Florence-pugh Editar o valor en Wikidata

Florence Pugh (|pjuː|), nada en Oxford o 3 de xaneiro de 1996, é unha actriz británica. Debutou como actriz en The Falling (2014) e recibiu recoñecemento a partir do seu papel protagonista en Lady Macbeth (2016). A súa interpretación como unha muller casada infeliz valeulle un British Independent Film Award á mellor actriz. Pugh interpretou a Isabel de Burgh no filme histórico Outlaw King (2018).[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Pugh naceu e creceu en Oxfordshire.[2][3] O seu pai, Clinton Pugh, é un restaurador en Oxford[4] e a súa nai, Deborah, é bailarina e profesora de danza. Pugh ten tres irmáns, entre eles o actor e músico Toby Sebastian e a actriz Arabella Gibbins.[1]

Cando era nena, Pugh sufriu traqueomalacia, que provocou que fose hospitalizada con frecuencia. A familia mudouse a Sotogrande, en Andalucía, cando Pugh tiña tres anos esperando que o clima tépedo mellorase a súa saúde. Viviron alí ata que cumpriu seis anos, cando regresaron a Oxford.[5][6]

O seu amor polos acentos e a actuación chegoulle precisamente aos seis anos, cando fixo parte dunha obra escolar de Nadal como a Virxe María e decidiu facer dela coma se tivese interpretala coma se tivese acento de Yorkshire. Outros papeis protagonistas seguírona na Wychwood School (2007–2009) e na St. Edward's School, en Oxford.[1][7][8][9]

Pugh debutou no cinema no filme de 2014 The Falling, en que interpreta unha adolescente precoz, actuando xunto con Maisie Williams.[1][10] Pugh foi candidata ao premio á mellor actriz debutante británica no BFI London Film Festival de 2015 e á mellor interpretación nos premios do London Film Critics' Circle.[11]

En 2015, Pugh obtivo o papel principal na fita Studio City, xunto a Eric McCormack.[12][1] O ano seguinte protagonizou Lady Macbeth e tivo un papel recorrente na primeira tempada da serie de detectives Marcella.[13] Pola súa actuación na serie recibiu un British Independent Film Award, entre outros galardóns.[14]

En 2018, Pugh interpretou a Isabel de Burgh no filme histórico Outlaw King (2018), protagonizado por Chris Pine como Roberto I de Escocia.[15] O ano seguinte interpretou a loitadora profesional Paige en Fighting with My Family, un drama deportivo sobre a relación de Paige coa súa familia.[16] Ademais protagonizou o filme de terror de Ari Aster Midsommar, e apareceu en Little Women, xunto a Saoirse Ronan, Timothée Chalamet e Meryl Streep, filme baseado na novela homónima de Louisa May Alcott, e nunha miniserie baseada na novela de espías de John le Carré The Little Drummer Girl.[17][18][19]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Personaxe Outras funcións
2014 The Falling Abbie Mortimer
2016 Lady Macbeth Katherine Lester
2018 The Commuter Gwen
Outlaw King Isabel de Burgh
Malevolent Angela
2019 Fighting with My Family Saraya "Paige" Bevis
Midsommar Dani
Little Women Amy March
2020 Father of the Bride Part 3(ish)
2021 Black Widow Yelena Belova / Black Widow
Don't Worry Darling Alice
2022 The Wonder Lib Wright
Puss in Boots: The Last Wish Goldilocks (voz)
2023 A Good Person Allison Tamén produtora
Oppenheimer Jean Tatlock
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Hayes, Martha (6 de outubro de 2018). "Florence Pugh: ‘You never see an unplucked brow in Hollywood'". The Guardian. Consultado o 21 de outubro de 2018. 
  2. Lodge, Guy (28 de decembro de 2014). "Rising stars of 2015: actor Florence Pugh". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2016. Consultado o 09 de agosto de 2021. 
  3. Masters, Tim (28 de abril de 2017). "Lady Macbeth: Florence Pugh on her killer first lead role". BBC News. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2017. Consultado o 09 de agosto de 2021. 
  4. MacAlister, Katherine (23 de abril de 2015). "Florence Pugh goes straight from A-levels to LA". The Oxford Times. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2015. Consultado o 26 de decembro de 2015. 
  5. Wood, Gaby (9 de xaneiro de 2020). "From Little Women to Marvel Superhero, Florence Pugh Is a New Kind of Breakout Star". Vogue. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2020. Consultado o 2 de febreiro de 2020. 
  6. Wood, Gaby (20 de xaneiro de 2020). "Florence Pugh es la actriz del momento tras su nominación a un Oscar por 'Mujercitas'". Elle (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 2 de febrerio de 2020. Consultado o 2 de febreiro de 2020. 
  7. Aftab, Kaleem (27 de abril de 2017). "Florence Pugh: 'Dying was not that bad'". The I. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2017. Consultado o 09 de agosto de 2021. 
  8. Fishwick, Samuel (19 de marzo de 2015). "Go Westeros: meet Game of Thrones' new player Toby Sebastian". London Evening Standard. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2015. Consultado o 09 de agosto de 2021. 
  9. "Mr and Mrs. Disraeli". Wychwood School. p. 8. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2017. Consultado o 30 de abril de 2017. 
  10. Orr, Gillian (18 de abril de 2015). "'After you left the room I said, Wow!': director Carol Morley and actress Florence Pugh on their haunting new film The Falling". The Independent. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2015. Consultado o 26 de decembro de 2015. 
  11. "Carol leads the nominations for the 36th London Critics' Circle Film Awards". London Film Critics Circle. 15 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2015. Consultado o 09 de agosto de 2021. 
  12. Wagmeister, Elizabeth (5 de marzo de 2015). "British Newcomer Florence Pugh Cast as Eric McCormack's Daughter in 'Studio City'". Variety. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2018. Consultado o 09 de agosto de 2021. 
  13. Masters, Tim (28 de abril de 2017). "Lady Macbeth: Florence Pugh on her killer first lead role". BBC News. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2017. Consultado o 09 de agosto de 2021. 
  14. Clarke, Stewart (10 de decembro de 2017). "‘God’s Own Country’ Wins Big at British Independent Film Awards". Variety. Consultado o 6 de setembro de 2018. 
  15. Bramesco, Charles (7 de setembro de 2018). "Outlaw King review – Chris Pine fronts up for some macho medieval bombast". The Guardian. Consultado o 7 de setembro de 2018. 
  16. Ford, Rebecca; Ritman, Alex (7 de febreiro de 2017). "Dwayne Johnson Gets in the Ring for 'Fighting with My Family' Wrestling Film (Exclusive)". The Hollywood Reporter. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2017. Consultado o 22 de febreiro de 2017. 
  17. Kroll, Justin. "Florence Pugh Lands Female Lead in ‘Hereditary’ Director Ari Aster’s Next Film". Variety. Consultado o 30 de xullo de 2018. 
  18. "Emma Watson in Talks to Join Meryl Streep in 'Little Women'". The Hollywood Reporter. Consultado o 26 de agosto de 2018. 
  19. Petsky, Denise (21 de agosto de 2018). "John le Carré’s ‘The Little Drummer Girl’ Miniseries Gets November Premiere Date On AMC". Deadline Hollywood. Consultado o 7 de setembro de 2018.