Francisco Rodríguez Sánchez
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2018.) |
Francisco Rodríguez Sánchez, nado en Serantes (Ferrol) o 22 de novembro de 1945, é un político e crítico literario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou Historia e Filoloxía Románica (sección de Hispánicas) na Universidade de Madrid, doutorándose pola Universidade de Santiago de Compostela en 1988. En 1968 gañou as oposicións de agregado de Lingua e Literatura españolas de bacharelato, exercendo a docencia en Albacete (1969-1971) e Ourense (1971-1973). En 1973 gañou as oposicións a catedrático de instituto, desempeñando as súas funcións como profesor en Cangas (1974-1976), Puerto Real (provincia de Cádiz), Carballo (1976-1979), A Estrada (1985) e Ferrol (1995).
Alén de publicar diversos libros sobre literatura galega, é autor de obras coma Galiza, razón de ser, recompilación de artigos publicados na prensa diaria ao longo do período que abarca a VI Lexislatura do Congreso dos Deputados (1996-2000).
Política
[editar | editar a fonte]Foi elixido deputado no Parlamento de Galiza en 1993 polo Bloque Nacionalista Galego, ata o 13 de marzo de 1996, que foi substituído por Xaime Bello. Foi tamén deputado no Congreso dos Deputados, dende 1996 ata 2008. Foi Secretario Xeral da Unión do Povo Galego ata xuño do 2012, ano no que foi sucedido por Néstor Rego, así como membro do Consello Nacional do BNG e da súa Executiva, sendo o Secretario de Formación do partido.
Obra
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- A evolución ideolóxica de Manuel Curros Enríquez, 1972, Galaxia. 2ª edición de 1995, en A Nosa Terra.
- Conflicto lingüístico e ideoloxía en Galiza, 1976, Xistral, 2ª edición de 1999 en Laiovento.
- Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro, 1988, AS-PG.
- Literatura galega contemporánea. Problemas de método e interpretación, 1990, Edicións do Cumio.
- Eduardo Blanco Amor, o desacougo da nación negada, 1993, Edicións do Cumio.
- Galiza, razón de ser, 2000, Terra e Tempo.
- Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria, 2010, AS-PG.
- Rosalía de Castro: a persoa e a obra, de onte a hoxe, 2011.
- Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza (a segunda metade do século XIV). Tomo I. A relevancia do reino galego medieval (2022). AS-PG. 540 páxs. ISBN 978-84-949659-4-4.
- Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza (a segunda metade do século XIV). Tomo II. Un reino con clase dirixente (2022). AS-PG. 1112 páxs. ISBN 9788494965982.
Conversas
[editar | editar a fonte]- A nación galega existe: conversas con Francisco Rodríguez, con Xosé Mexuto, 2006, A Nosa Terra.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Problemática nacional e colonialismo. O caso galego, 1978, Xistral. Con Ramón López-Suevos.
- Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativas, 1980, AS-PG/Xistral.[1]
- A nosa literatura: unha interpretación para hoxe. II, 1985, Xistral.
- Literatura feminina e feminista da segunda metade do século XIX: antoloxía, 1996, AS-PG/A Nosa Terra. Edición con Pilar García Negro e Anxo Gómez Sánchez.
- A paixón por transformar: 25 anos da UMG, 2003, Terra e Tempo.
- Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación, 2009, Fundación Manuel María.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
- Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70, 2009, Fundación Bautista Álvarez.
- Sobre o racismo lingüístico, 2009, Laiovento.
- Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), 2010, Fundación Bautista Álvarez.
- No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal, 2015, Alvarellos.
- Estudos sobre o Foro de Pontevedra (1169) (2019), concello de Pontevedra. ISBN 978-84-09-11015-5.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- La lengua, en Los Gallegos, 1976, Istmo, Madrid.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativas" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de decembro de 2018. Consultado o 29 de decembro de 2018.
- Políticos da UPG
- Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG
- Deputados do Congreso dos Deputados polo BNG
- Nados en Ferrol
- Nados en 1945
- Filólogos de Galicia
- Críticos literarios de Galicia
- Sociolingüistas
- Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VI Lexislatura)