Saltar ao contido

Frauta travesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Claude Debussy: Syrinx (1913)
Frauta travesa
Información
Clasificación
Tesitura
Instrumentos relacionados
Músicos notables
Frauta travesa de madeira
Frauta travesa contemporánea de pratos abertos, co seu estoxo e instrumental de limpeza, xunto a un metrónomo.
Frauta travesa desmontada. De arriba a abaixo as súas partes son: pé (ou pata), boquilla e corpo.

A frauta travesa é un instrumento de vento madeira de timbre suave e doce. Chegou a Europa durante o século XII, usándose sobre todo para a música militar. Cara mediados do século XVII xa se converteu nun elemento importante da orquestra barroca, desprazando á frauta doce. Durante o século XIX sufriu unha profunda transformación, engadíndoselle varias teclas extras e substituíndo o corpo, tradicionalmente de madeira escura, por outro de metal prateado. Algunhas veces vai acompañada por unha pequena frauta denominada frautín ou piccolo, máis raramente polas modalidades alta o baixa (cun son unha cuarta e unha oitava máis baixa, respectivamente).Ten un rexistro de 3 oitavas e media, o son mais grave é o do.

En Galicia temos un tipo de frauta travesa de madeira que se chama requinta.

Características

[editar | editar a fonte]

Os materiais que se empregan na frauta poden comprender entre madeira, alpaca (máis coñecida como prata alemá, que é do que xeralmente están feitas as frautas para os alumnos principiantes), prata, ouro e platino. O uso dos diferentes tipos de materiais virá determinado primeiramente ao gusto do frautista, pero hai outros factores que poden decidir que material preferir, por exemplo a proxección do son nos diferentes tipos de materiais e a súa cor. Por exemplo, a cor do son dunha frauta de ouro é cálido mentres que o dunha frauta de prata é máis brillante. Os materiais metálicos da frauta adóitanse combinar entre as diferentes partes das frautas, por motivos económicos, por exemplo, a cabeza de prata e o resto de alpaca, ou a frauta enteira de ouro e as chaves de prata.

As frautas non forman parte da familia dos instrumentos de vento de metal, senón que, dentro da clasificación usual, polo seu son se atopan no grupo dos instrumentos de madeira, xunto cos das familias do clarinete e do óboe, isto é, os instrumentos de lingüeta simple e dobre. Na clasificación formal que estuda a organoloxía, as frautas pertencen á familia dos instrumentos de bisel (que desde moi antigo se fabricaron de madeira), independentemente do material de que estean fabricadas.

O seu rexistro básico é de tres oitavas e vai desde o do4 ata o do7. Ese rexistro pode ampliarse ata a tres oitavas e unha quinta xusta, desde o si2 ata o fa#7. A nota grave adicional conséguese mediante unha chave adicional (algunhas frautas fabrícanse con chaves adicionais), e o extremo agudo lógrase mediante a execución de harmónicos.

Evolución

[editar | editar a fonte]

A frauta travesa tradicional estaba fabricada en madeira, e basicamente consistía nun tubo no cal se practicaban os pertinentes orificios. No século XIX Theobald Böhm perfeccionou o instrumento, modificando o método de fabricación, engadíndolle novos orificios e introducindo un sofisticado sistema de chaves, máis ergonómico, que facilitaba a dixitación.

Desde entón o deseño da frauta travesa non sufriu practicamente cambios de importancia. Con todo, os materiais para fabricala si cambiaron: hoxe en día fabrícanse frautas de metal, prata e ata ouro. A calidade do seu material inflúe moito na calidade do son. Ademais mellora notablemente se se fabrica a boquilla con especificacións detalladas que varían segundo o intérprete e as súas necesidades ou requirimentos. Aínda que se pode fabricar con pratos pechados (é dicir, a chave que pulsa cada dedo carece de orificio), o habitual hoxe día é fabricala con pratos abertos.

Primitiva (da idade media)

[editar | editar a fonte]

A orixe da frauta é certamente remoto. Era coñecida hai uns 25.000 anos e estaba feita en óso, a modo de chifre. En todo o mundo, diferentes culturas inventaron os seus propios tipos de frautas, segundo as necesidades. Nas civilizacións temperás eran feitas con madeira, ósos humanos ou caracois e había unha gran variedade de tamaños.

No 1.000 a frauta desaparece xunto coa caída de Roma e comezou a reaparecer no século X e XI. É probable que a frauta fose introducida en Alemaña polos bizantinos. No século XIV a frauta introdúcese nos demais países europeos.

Renacentista

[editar | editar a fonte]

A frauta travesa tiña un cilindro máis ancho que as anteriores. Isto permitía que a oitava grave fose máis fácil de soprar e non estaba tan limitada no seu rexistro agudo. As tendencias musicais desta época buscaban instrumentos homoxéneos, mesturados en grupos heteroxéneos. A xerarquía sonora imposta polas regras de orquestración queda reservada para a frauta en do e o piccolo, que é empregado na orquestra sinfónica. Para a frauta comézase a desenvolver o repertorio solista. O son producido pola frauta travesa aínda era inconstante, pero máis forte, claro e penetrante que o das frautas doces. Durante o século XVI foi un dos instrumentos máis populares en Italia. Esta popularidade estendeuse a Inglaterra, onde se destaca a gran colección de frautas de Henrique VIII.

O período renacentista marcou popularidade para a frauta de pico. Con todo, as frautas travesas aínda se seguían tocando na primeira metade do século XVII e os instrumentos de vento de madeira foron redeseñados. As frautas estaban construídas nunha soa peza, eran cilíndricas e tiñan seis orificios moi pequenos, o que producía unha sonoridade de cores pálidas.

A era barroca marcou o retorno da popular frauta travesa. A súa construción foi feita nun tubo cónico que contiña seis buracos abertos agrupados en dúas seccións e unha chave pechada, que producía o Re#. O corpo, antes dunha soa peza, foi realizado en tres partes: cabeza, corpo e pé.

A frauta barroca empeza as súas alturas en Re e tiña dúas oitavas. Outras notas podían tocarse intercalando dedos ou tapando a metade dos orificios, pero eran difíciles de tocar e de sonoridade opaca. Ao redor de 1700, o corpo foi dividido en dous partes e pés extras, chamados corpos de recambio, o que permitía ao frautista adaptar a súa afinación de acordo a diferentes orquestras. De todas as maneiras, coas posicións cruzadas, as frautas tiñan mellor resposta sonora en Re e Sol Maior. Aínda que había moitos frautistas, os frautistas profesionais lograron adaptarse aos cambios moi ben. En 1722 invéntanse as chaves de Do e Do#. O frautista e compositor J. Quantz criticou moito esta prolongación, que xulgaba inútil e nociva para a calidade do son. En 1752, os Tratados de Quantz e Tromlitz (en 1786), ofrecen diferentes dixitacións para cada nota. En 1760 os fabricantes Florio, Gedney e Potter agregan as chaves de Sol#, Se e Fa. Ao redor de 1790 aparecen frautas de 4 chaves na música sinfónica de Haydn e Mozart.

Durante o período clásico, Pratton, Carta, Siccama e Radcliff contribuíron a deseñar a frauta. Antes de 1800 só tiña seis chaves, pouco despois agregáronselle dúas chaves máis. Na segunda metade do século XVIII agregáronselle moitos cambios rapidamente, poucas persoas continuaron tocando as frautas de 3 e 4 chaves. Os inventos sucedéronse a unha velocidade crecente, era a época da industrialización. En 1800 as frautas aparecen no repertorio de orquestra, como as sinfonías de Beethoven. En 1808 o reverendo Frederick Nolan, en Inglaterra, inventou a chave aberta de Sol. Este invento é moi importante, xa que por primeira vez se obturan dous buracos para o mesmo dedo. En 1810 Georges Miller fabricou en Londres pínfanos de metal. Entre 1820 e 1830 o frautista Charles Nicholson, en Londres, intentou mellorar a frauta facendo os buracos máis grandes, pero non tivo éxito porque o mecanismo das chaves non era correcto. Os fabricantes Rudall & Rose fabricaron en Londres frautas de oito chaves, que foron moi populares en Inglaterra.

A frauta de Boehm

[editar | editar a fonte]

O frautista alemán Theobald Boehm estudou as novas técnicas de frauta e en 1832, baseado nun novo sistema, creou a frauta que se usa hoxe en día. Entre os seus fundamentos atopamos que os buracos debían ser o máis anchos posible e estar nos lugares acusticamente correctos; que a frauta contería un certo número de chaves cubrindo todos os buracos e que todas as chaves tiñan que estar abertas na súa posición de descanso (excepto sol #). As novas frautas estaban realizadas nun tubo cónico, e en 1846 Boehm creou o tubo cilíndrico moderno cunha cabeza parabólica. Isto corrixiu a afinación e homoxeneizou o timbre nos diferentes rexistros.

A medida que o tempo pasou, as frautas construíronse en metal. Canto máis duro era o metal, máis luminoso era o timbre. Desde a construción da frauta por Boehm en 1847, conservouse basicamente o mesmo modelo. Hoxe, a frauta moderna está construída sobre 26,5 polgadas de lonxitude cun tubo de 0.75 polgadas e está dividida en tres seccións que conteñen a xuntura de cabeza, corpo e pé. Hai trece buracos que usan oito dedos e o dedo polgar esquerdo. A xuntura de cabeza péchase cunha cortiza e está aberto ata o pé. O material máis común é a prata esterlina, pero algúns modelos máis baratos son o níquel cor de prata. Experimentouse con platino, auromite (ouro e prata) e titanio. Tamén agregouse unha chave con rodete para o Re # e un mecanismo de Mi partido que permite cubrir dúas chaves, mentres nunha frauta regular cobre só un. Isto permítelle ao Mi 3 ser tocado máis limpamente e cun bo ataque. O deseño da embocadura cambiouse segundo as necesidades do frautista.

O frautín, a frauta en sol, e a frauta baixa. Usouse en orquestra e coros de frauta durante o século XIX. Ao final dese século a frauta aparece nas obras de Brahms, Strauss ou Tchaikovski. A literatura para frauta soa expándese rapidamente, con pezas moi virtuosas.

Século XX

[editar | editar a fonte]

En 1948 Alexander Murray, coñecido frautista e mestre, colaborou cos fabricantes Albert Cooper e Elmer Cole, na fabricación da Frauta "Murray", baseada na escala experimental Cooper. Entre 1961 e 1962 aparece o novo modelo de Murray, a Mark I. En 1967 Murray colabora co fabricante da compañía Armstrong Jack Moore. Desde 1972 producen o modelo en frautas e piccolos con outros cambios, a chave gizmo entre eles.

A compañía Brannen fabrica o sistema Kingma, moi utilizado en obras contemporáneas. As súas chaves están preparadas para emitir sons con timbres moi diferentes aos convencionais.

Intérpretes

[editar | editar a fonte]

Inicialmente, a frauta travesa non xerou solistas destacados. Na segunda metade do século XX, en cambio, comezaron a xurdir virtuosos especializados no papel de solista. Esta tendencia foi iniciada dentro da música culta por Jean-Pierre Rampal e continuada por James Galway, Philippa Davies e Emmanuel Pahud. É destacable, dentro da música popular, o virtuosismo de frautistas como Ian Anderson, líder do grupo Jethro Tull, e Herbie Mann, músico de jazz dedicado á fusión de distintas músicas do mundo. Asemade, salientan destacados solistas en música sinfónica, como Clara Andrada.[1]

Usos da frauta

[editar | editar a fonte]

A frauta travesa utilízase principalmente na interpretación de música culta ou de cámara, pero con todo, a través do tempo, foise incorporando a diferentes estilos musicais como o jazz (principalmente acid jazz e jazz fusión), a música celta, o power metal, o epic metal ou o rock progresivo, aínda que tamén é utilizada en ocasións en producións de música pop, baladas e ata bases para hip hop.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Libreto Orquesta Sinfónica del Principado de Asturias. De enero a marzo de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]