Saltar ao contido

Fundación Galicia Sustentable

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fundación Galicia Sustentable
Logo
TipoSocial
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
https://www.galiciasustentable.org
Facebook: galiciasustentable Twitter: fgsustentable Instagram: galiciasustentable Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Fundación Galicia Sustentable é unha fundación galega sen fin de lucro.

Obxectivo

[editar | editar a fonte]

A fundación ten como finalidade o aproveitamento do potencial de Galicia cara á sostibilidade a través do desenvolvemento dos potenciais dos individuos e dos colectivos.

Na súa constitución a Fundación pretende acadar unha sociedade cuxos individuos actúen de forma sustentable tendo en conta as necesidades futuras, melloren constantemente aproveitando as oportunidades e as novas alternativas, procuren o desenvolvemento persoal, valoren a participación, se esforcen pola excelencia e lideren co exemplo a través das súas accións.

A Fundación foi declarada de interese ambiental por Orde do 18 de febreiro do 2009 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e de interese galego por Orde do 8 de maio do 2009 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Areas de traballo

[editar | editar a fonte]

A Fundación estrutura o seu traballo nunha serie de áreas: a área de Información e capacitación para a participación, a de Ordenación do territorio e urbanismo, a de Mobilidade, a de Cambio climático, a de Sostibilidade e TIC e a de Cooperación internacional.