Saltar ao contido

Gaio Xulio Fedro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGaio Xulio Fedro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementodécada de 20 a. C. Editar o valor en Wikidata
Macedonia Central, Grecia Editar o valor en Wikidata
Mortedécada de 50 Editar o valor en Wikidata (59/78 anos)
Actividade
Ocupaciónescritor, poeta Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoFábula Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1164815 Bitraga: 76 Discogs: 3410159 Editar o valor en Wikidata

Caio ou Gaio Xulio Fedro[a], nado ca. -15 e finado ca. 50, foi un fabulista romano. Seguidor de Esopo, introduciu mordaces alusións contemporáneas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fedro foi un escravo orixinario de Macedonia. Recibiu a liberdade de mans de Augusto e desenvolveu a súa actividade literaria durante os reinados de Tiberio, Calígula e Claudio.

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Publicou en cinco libros a súa colección de fábulas latinas en verso. Moitos dos temas destas composicións están tomados de Esopo; outros, con todo, proceden da súa experiencia persoal ou inspíranse na sociedade da súa época.

Características

[editar | editar a fonte]

Como el mesmo declara no prólogo da súa obra, a fábula foi inventada porque os escravos, medorentos do castigo se ousaban dicir o que sentían, enmascararon as súas ideas expresándoas en forma de fábulas para evitar con bromas finxidas as reaccións violentas dos seus señores.

Sexa ou non real esta afirmación, o certo é que no cento unha fábulas de Fedro que se conservaron apréciase con claridade a intención didáctica e moralizante que introduce o breve relato, protagonizado preferentemente por animais. Nelas desenvólvese o concepto de protesta social, adaptándoo ao contido e aos costumes da súa época. Altivo e ambicioso, quixo conferir ao apólogo moralista popular a elegancia e o garbo da poesía.

Clásicos en Galego 2: Fábulas.

Con todo, aínda que Fedro confesa que só se limita a representar de forma xenérica a vida e os costumes dos homes do seu tempo (ipsam vitam et mores hominum ostendere), o certo é que as veladas alusións críticas a personaxes contemporáneos valéronlle un proceso por parte de Sexano, o poderoso prefecto do pretorio e favorito do emperador Tiberio.

  1. En latín, C. Iulius Phaedrus.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]