Galicia (Centro Gallego de Caracas)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Galicia (homónimos).
Galicia | |
---|---|
País | Venezuela |
Lugar | Caracas |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Fundación | 1952 |
Primeira edición | 25 de xullo de 1952 |
Última edición | 1954 |
Descrito por | Consello da Cultura Galega e Enciclopedia Galega Universal |
[ editar datos en Wikidata ] |
Galicia foi unha revista editada en Caracas polo Centro Gallego de Caracas entre 1952 e 1954.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulada Revista del Centro Gallego, apareceu o 25 de xullo de 1952. O seu director era Antonio Somoza Outeiral, aínda que a partir do número 3 aparece como tal Eduardo Blanco Amor, e o administrador José María Mosqueira Manso. Como redactores figuran Silvio Santiago e Carlos Herrero Alonso. Entre os colaboradores están Francisco Fernández del Riego, Saturio C. Caramés, Manuel Daniel Varela Buxán, Alberto Vilanova, Ricardo Carballo Calero, Ángel Romero Cerdeiriña, Enrique Iglesias Vilouta, Ramón Otero Pedrayo, Vázquez da Xesta. O último número coñecido é o 9, correspondente a xaneiro-febreiro de 1954.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Galicia". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. p. 261. ISBN 84-87172-30-X.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de Galicia no Repertorio da prensa da emigración galega do CCG.
- Alonso Girgado, Luís et al. (2006). Galicia (Revista del Centro gallego). Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 84-453-4297-5.