Gato Silvestre
- Este artigo trata sobre un personaxe de debuxos animados, para o gato montés véxase "Felis silvestris".
Silvestre (orixinalmente Thomas e, sobre todo, Sylvester na versión dos debuxos animados e historietas estadounidenses Looney Tunes) é un personaxe de caricaturas creado por Friz Freleng.
Personalidade
[editar | editar a fonte]Silvestre é un gato branco e negro, co nariz vermello (para que lembre ao dun pallaso). Na maioría das súas historias o seu obxectivo é apañar ao paxaro Tweety Bird (coñecido en Galiza co nome hispano Piolín). Os intentos, coma ocorre co Coiote e o Papaleguas, sempre resultan nun fracaso, e Silvestre gáñase os castigos da dona, unha simpática avoa (coñecida coma Granny. Do repertorio de frases de Tweety quedou a sonada expresión "Seica vin un lindo gatiño", xeralmente seguido dun "É certo! É certo! Si, vin un lindo gatiño!".
Noutras ocasións, Silvestre intenta cazar, tamén infrutuosamente ao rato Speedy Gonzales. Esporadicamente tense enfrontado ao canguro boxeador Hippety Hopper. Apareceu tamén con moitos outros personaxes da Looney Tunes.
Silvestre é un dos protagonistas de dous filmes gañadores de premios Oscar: Tweetie Pie (de 1947, a primeira aparición de Silvestre) e Birds Anonymous (1957).
Actores de voz
[editar | editar a fonte]Fala hispana
[editar | editar a fonte]Varios actores encargáronse de dar vida a Silvestre en español. Pedro D' Aguillón foi o primeiro en interpretalo.
- Pedro D'Aguillon (Primeira voz)
- Omar Jasso (Segunda voz)
- Alfonso Obregón
- Ricardo Hill
- Alfonso Ramirez (Voz actual, xa non utilizada en España, pois se dobra ao castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gato Silvestre |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Historia de Silvestre na web da Warner Bros (en inglés e con flash).