George Abbey
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de agosto de 1932 Seattle, Estados Unidos de América |
Morte | 24 de marzo de 2024 (91 anos) Houston, Estados Unidos de América |
Educación | Air Force Institute of Technology (en) - enxeñaría eléctrica (–1959) Academia Naval dos Estados Unidos (pt) - ciencia (–1954) |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro, aviador |
Premios | |
George William Samuel Abbey, nado o 21 de agosto de 1932 e finado o 24 de marzo de 2024, foi un enxeñeiro estadounidense que foi xefe de operacións dos transbordadores espaciais e da selección de astronautas no período entre 1976 e 2003.[1][2]
Biografía
[editar | editar a fonte]George Abbey naceu en Seattle (Washington) o 21 de agosto de 1932. Graduouse na Academia Naval dos Estados Unidos en 1954 e serviu na Forza Aérea, acumulando 4000 horas de voo. Acadou un máster en enxeñería eléctrica no Instituto Tecnolóxico da Forza Aérea en 1959 e comezou a traballar para a NASA en 1964 como capitán da Forza Aérea asignado ó programa Apolo. Deixou a Forza Aérea en decembro de 1967, sendo nomeado axudante técnico do director da NASA en Houston. Recibiu a Medalla da Liberdade polo seu traballo durante o incidente do Apollo 13 e en xaneiro de 1976 foi nomeado director de operacións de voo. En 1983 foi nomeado director de operacións da tripulación de voo. En marzo de 1988 pasou a ser Administrador Asociado de Voos Espaciais e en xullo de 1990 foi seleccionado como axudante de operacións. Trala elección de Daniel Goldin como administrador da NASA en 1992, Abbey foi elixido como Asistente Especial do Administrador e en 1994 foi enviado a Houston como Subdirector para pasar a ser nomeado Director en 1996. En febreiro de 2001 foi nomeado Asistente Sénior para Asuntos Internacionais. Retirouse o 3 de xaneiro de 2003, falecendo o 24 de marzo de 2024.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Mullane, Mike (2006). Riding Rockets. Scribner, New York. ISBN 0743276825, ISBN 9780743276825.