Gerrit Rietveld
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xuño de 1888 Utrecht, Países Baixos |
Morte | 25 de xuño de 1964 (76 anos) Utrecht, Países Baixos |
Lugar de sepultura | Utrecht (Soestbergen) General Cemetery (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Arquitectura e Deseño interior |
Lugar de traballo | Utrecht (1900–1964) |
Ocupación | deseñador de mobles, fotógrafo, deseñador, deseñador gráfico, arquitecto |
Membro de | |
Movemento | De Stijl e Neoplasticismo (pt) |
Representante | Artists Rights Society |
Participou en | |
28 de xuño de 1964 | Documenta III (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
Familia | |
Parella | Truus Schröder |
Fillos | Bep Rietveld, Jan Rietveld, Gerrit Rietveld jr., Wim Rietveld |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | gerrit-rietveld.nl |
Gerrit Thomas Rietveld, nado o 24 de xuño de 1888 e finado o 25 de xuño de 1964, foi un deseñador e arquitecto holandés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Rietveld naceu en Utrecht o 24 de xuño de 1888 como fillo dun carpinteiro. Deixou a escola aos 11 anos para ser aprendiz do seu pai e matriculouse na escola nocturna[1] antes de traballar como delineante para C.J. Begeer, un xoieiro de Utrecht, de 1906 a 1911.[2]
De Stijl
[editar | editar a fonte]Cando abriu o seu propio taller de mobles en 1917, Rietveld aprendera por si mesmo a debuxar, pintar e maquetar. Despois comezou a traballar como ebanista.[3]
Rietveld deseñou a súa cadeira en 1917, que se converteu nunha peza emblemática do moble moderno. Esperando que gran parte dos seus mobles fosen producidos en masa en lugar de feitos artesanalmente, Rietveld procuraba a sinxeleza na construción.[4] En 1918, iniciou a súa propia fábrica de mobles, e pintou de vermello e azul a cadeira tras verse influenciado polo movemento De Stijl, do que se fixo membro en 1919, o mesmo ano no que se converteu en arquitecto. Os contactos que fixo en De Stijl déronlle a oportunidade de expoñer tamén no estranxeiro. En 1923, Walter Gropius invitou a Rietveld a expoñer na Bauhaus.[5]
Construíu a Casa Rietveld Schröder, en 1924, en estreita colaboración coa propietaria Truus Schröder-Schräder. Construída en Utrecht no Prins Hendriklaan 50, a casa ten unha planta baixa convencional, pero o cambio é radical na planta superior, carece de paredes fixas pero depende de paredes deslizantes para crear e alterar os espazos habitables. A casa é Patrimonio da Humanidade da UNESCO desde 2000. A súa participación na Casa Schröder exerceu unha forte influencia na filla de Truus, Han Schröder, que se converteu nunha das primeiras mulleres arquitectas dos Países Baixos.[6]
Nieuwe Zakelijkheid
[editar | editar a fonte]Rietveld rompeu con De Stijl en 1928 e asociouse cun estilo de arquitectura máis funcionalista, coñecido como Nieuwe Zakelijkheid ou Nieuwe Bouwen. O mesmo ano ingresou no Congrès Internationaux d'Architecture Moderne. Desde finais dos anos 20 ocupouse da vivenda social, dos métodos de produción económicos, dos novos materiais, da prefabricación e da normalización. En 1927 xa estaba experimentando con lousas prefabricadas de formigón, un material moi pouco habitual naquela época. Nos anos 20 e 30, porén, todos os seus encargos procedían de particulares, e non foi ata os anos 50 cando puido poñer en práctica as súas ideas progresistas sobre a vivenda social, en proxectos de Utrecht e Reeuwijk.[7]
Rietveld deseñou a cadeira Zig Zag en 1934 e iniciou o deseño do Museo Van Gogh de Ámsterdam, que rematou despois da súa morte.
Renacemento do Stijl
[editar | editar a fonte]En 1951 Rietveld deseñou unha exposición retrospectiva sobre De Stijl que se celebrou en Ámsterdam, Venecia e Nova York. O interese pola súa obra reviviu como resultado. Nos anos seguintes encargáronlle moitos edificios, entre eles o pavillón holandés para a Bienal de Venecia (1953), as academias de arte de Ámsterdam e Arnhem e a sala de prensa do edificio da UNESCO en París. Deseñado para a exposición de pequenas esculturas na Terceira Exposición Internacional de Escultura no parque Sonsbeek de Arnhem en 1955, o "Pavillón Sonsbeek"[8] de Rietveld foi reconstruído no Museo Kröller-Müller en 1965.[9] Debido aos danos irreparables causados pola desgaste natural, foi reconstruída de novo, esta vez con novos materiais, en 2010. Para levar a cabo todos estes proxectos, en 1961 Rietveld estableceu unha asociación cos arquitectos Johan van Dillen e J. van Tricht construíu centos de vivendas, a maioría na cidade de Utrecht.[7]
O seu traballo foi escurecido cando o racionalismo se puxo de moda, pero máis tarde beneficiouse dun renacemento do estilo dos anos 20 trinta anos despois.[3]
Morte
[editar | editar a fonte]Rietveld morreu o 25 de xuño de 1964 en Utrecht. O seu fillo Wim Rietveld tamén se converteu nun recoñecido deseñador industrial.
Recoñecemento
[editar | editar a fonte]- A primeira exposición dedicada ao traballo arquitectónico de Rietveld foi no Museo Central de Utrecht en 1958.
- Cando a academia de arte de Ámsterdam pasou a formar parte do sistema de educación profesional superior en 1968 e recibiu o status de "Academia de Belas Artes e Deseño", foi renomeada como Academia Gerrit Rietveld.
- "Gerrit Rietveld: A Centenary Exhibition" na Galería Barry Friedman, Nova York, en 1988 foi a primeira presentación completa das obras orixinais do arquitecto holandés que se celebrou nunca nos Estados Unidos.
- A celebración do "Ano Rietveld" en Utrecht, a exposición “Rietveld’s Universe” inaugurouse no Central Museumn, comparando a súa obra ca de famosos contemporáneos como Wright, Le Corbusier e Mies van der Rohe.
- Dúas ferramentas de software, ambas para a revisión de código, recibiron o nome de Gerrit e Rietveld.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Design’s Odd Man Out Gets Moment in the Sun". nytimes.com. Consultado o 2010.
- ↑ "Gerrit Rietveld". moma.org. Consultado o 2023.
- ↑ 3,0 3,1 Fleming, John (1972). "The Penguin Dictionary of Architecture". Penguin: 237–38.
- ↑ "Red Blue Chair (1923)". moma.org. Consultado o 2023.
- ↑ "Rietveld, an Esthetic Wellspring". nytimes.com. Consultado o 2023.
- ↑ "Han Schroeder: Architectural Papers, 1926-1998". spec.lib.vt.edu. Consultado o 2012.
- ↑ 7,0 7,1 "Gerrit Rietveld - Biography". vangoghmuseum.nl. Arquivado dende o orixinal o 2013. Consultado o 2013.
- ↑ "Rietveld Pavilion at the Kröller-Müller Sculpture Garden / Gerrit Rietveld". archdaily.com. Consultado o 2023.
- ↑ "Sculpture Garden at the Kröller Müller Museum". kmm.nl. Arquivado dende o orixinal o 2014. Consultado o 2014.