Saltar ao contido

Giovanni Gorini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGiovanni Gorini
Biografía
Nacemento1941
País de nacionalidade Italiano.
EducaciónUniversidade de Padua.
Q89547790Estudos de moeda da Magna Grecia e medalla renacentista.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático Editar o valor en Wikidata
Premios
- (1987): Jeton de Vermeil (SFN).
- (2013): Albo d'Onore da SNI).
- (2016): Medalla da PTN.

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5239419

Giovanni Gorini, nado en 1941, é un numismático italiano especializado na moeda da Antigüidade e na medalla renacentista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Gorini estudou Arqueoloxía e Numismática na Universidade de Padua.[1]

Logo da súa graduación, ingresou no Museo Bottacin, de Padua, como conservador das coleccións numismáticas, posto que ocupou entre 1965 e 1978. Despois exerceu como profesor adxunto e, desde 1991, como catedrático de Numismática Antiga na Universidade de Padua, posto que ocupou ata a súa xubilación en 2011.[1][2][3]

Tamén impartiu docencia como profesor visitante en 1994 no seminario de verán da American Numismatic Society de Nova York; en 1997 na Universidade Estatal Hongo de Toquio; en 1999 na Escola Italiana de Arqueoloxía de Atenas, e en 2001 na Escola de Altos Estudos de París.[1][2]

O seu campo de interse como investigador numismático é a moeda da Magna Grecia, da zona do Adriático e de Cirene, así como os achados monetarios da Antiga Roma no nordeste de Italia. Tamén é un estudoso das figuras de Giovanni da Cavino, un medallista renacentista e falsificador de moedas romanas, e do médico e numismático francés do século XVII Charles Patin,[4] que ensinou na Universidade de Padua[5].[1][2][3]

Paralelamente ao seu desempeño profesional, entre 1980 e 1991 foi editor da Rivista Italiana di Numismatica, en Milán.[1][2] [3]

Entre outras entidades, Giovanni Gorini é membro da Accademia Galileiana, de Padua, e da Academia Pontificia de Arqueoloxía de Roma.[1][2][3]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Giovanni Gorini é un autor prolífico. A súa produción bibliográfica ten máis de 500 referencias, entre artigos en revistas especializadas e obras de carácter monográfico.[3] Esta é unha escolma das súas monografías máis salientables:[8][9]

  • (1973). Monete romane repubblicane del Museo Bottacin di Padova. Alfieri, Venecia.
  • (1975). Monete incuse de la Magna Grecia. Olschki, Florencia.
  • (2002). Ritrovamenti monetali nel mondo antico : problemi e metodi. Esedra, Padua. ISBN 9788886413633
  • (2005). Il ripostiglio di Enemonzo e la monetazione del Nicoro. Esedra, Padua ISBN 9788886413954
  • (2011). Campagna Lupia : studi e ricerche di storia e archeologia. Esedra, Padua. ISBN 9788860580405
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 "Gorini, Giovanni". En Coins Weekly. 8 de novembro de 2017.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 "Giovanni Gorini". Academia.edu
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 "Numismatica: Incontriamoci con... Giovanni Gorini". En Giornale di Puglia. 6 de agosto de 2020.
  4. Gorini, G. (2016). "La lapide di Charles Patin". In Zampieri, G. La cattedrale di Padova. Archeologia, Storia, Arte, Architettura. Roma. Páxinas 557-566
  5. Gorini, G. (1987). "New studies on Giovanni da Cavino". En Pollard, J. Italian Medals. National Gallery of Art, Washington. Páxinas 45-54. ISBN 978-0894681066
  6. "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
  7. "Albo d'onore Arquivado 26 de outubro de 2020 en Wayback Machine.". No sitio web da SNI.
  8. "Gorini, Giovanni 1941- Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  9. "Gorini, Giovanni (1941-)". Persée.