Saltar ao contido

Gran Polonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaGran Polonia
Imaxe

EpónimoGrande Polónia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 52°20′N 17°14′L / 52.33, 17.23
EstadoPolonia Editar o valor en Wikidata
CapitalPoznan Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación3.495.470 (2019) Editar o valor en Wikidata (117,2 hab./km²)
Xeografía
Superficie29.826 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1999 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoGreater Poland Regional Assembly (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2PL-30 e PL-WP Editar o valor en Wikidata
Código NUTSPL41 Editar o valor en Wikidata

Páxina webumww.pl Editar o valor en Wikidata
Instagram: wielkopolska.travel Editar o valor en Wikidata
Divisións administrativas do voivodato

O Voivodato de Gran Polonia (polaco: województwo wielkopolskie) é unha das 16 provincias (voivodatos) que conforman a República de Polonia, segundo a división administrativa do ano 1998. Creouse o 1 de xaneiro de 1999, a partir dos anteriores voivodatos de Poznań, Kalisz, Konin, Leszno, e dunha parte do antigo voivodato de Piła. É a segunda en tamaño e a terceira en poboación, con 29.826 km² e 3,4 millóns de habitantes. Está dividido en 35 distritos ou poviatos, dos que 4 cidades posúen a categoría de poviato, e 226 comunas. As súas principais cidades son Poznań, Kalisz, Konin, Leszno, Piła e Gniezno. Comprende a maioría da rexión histórica (agás algunhas pequenas comunidades do suroeste) do mesmo nome (en polaco Wielkopolska).

Situación e Natureza

[editar | editar a fonte]

O voivodato sitúase no centro-oeste de Polonia. Ten dous parques naturais, varias reservas naturais e varios parques paisaxísticos. Os dous principais ríos da rexión son o Warta e o Noteć. O norte do voivodato é unha rexión lacustre.

O nome de Gran Polonia (en polaco: Wielkopolska, Francés: Grande-Pologne, Alemán:Großpolen, latín: Polonia Maior) utilízase só dende os séculos XIV e XV. Menciónase por primeira vez en latín en 1257, e por primeira vez en polaco en 1449. O nome de Gran ou Vella Polonia adoitan referirse a que é o berce de Polonia como estado. Antigamente, esta zona estaba habitada pola tribo dos Polanos e chamábase sinxelamente Polonia. Os fortes de Giecz e de Poznań construíronse no século X. A Gran Polonia era á rexión central do país de Mieszko I e de Boleslao I o Bravo, Poznań era a capital de Polonia. Até o século XI no que se mudou a capital a Cracovia.

Tras as Particións de Polonia, a rexión ficou baixo o dominio de Prusia e sufriu un proceso forzado de xermanización. Durante a segunda guerra mundial, foi anexionada pola Alemaña Nazi co nome de Wartheland ou Warthegau, país do Warta. En 1945, volveu a Polonia.

Maiores cidades e poboacións

[editar | editar a fonte]

(poboación en 2003)

División administrativa

[editar | editar a fonte]

Economía

[editar | editar a fonte]

Os principais sectores de actividade son a industria, o agroalimentario, os transportes , a construción, o comercio e os servizos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]