Saltar ao contido

Gran Premio de Australia de 1996

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Australia de 1996
Imaxe
Nome na lingua orixinal(en) LXI Transurban Australian Grand Prix Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de Australia Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1996 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento58 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónMelbourne Grand Prix Circuit (City of Port Phillip (en) Traducir) 37°50′59″S 144°58′06″L / -37.849722222222, 144.96833333333 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude5,278 km Editar o valor en Wikidata
PaísAustralia Editar o valor en Wikidata
Data10 de marzo de 1996 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoDamon Hill Editar o valor en Wikidata
Pole positionJacques Villeneuve Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaJacques Villeneuve Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de Australia de 1996 foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 10 de marzo de 1996 en Melbourne. Foi a primeira vez que se celebrou esta carreira en Melbourne, substituíndo ao Circuíto urbano de Adelaide como anfitrión do Gran Premio de Australia. A rolda do Campionato do Mundo de Australia volvía a unha sede anterior do Gran Premio de Australia, aínda que nun circuíto moi diferente, nos arredores do Lago de Albert Park, anfitrión dos Grandes Premios de Australia de 1953 e 1956. Esta foi a carreira de debut do futuro campión mundial Jacques Villeneuve.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

Foi o segundo gran premio consecutivo celebrado en Australia, a carreira anterior fora a conclusión da tempada 1995 de Fórmula Un poucos meses antes En Adelaide.

Estaba programado que Taki Inoue correra co equipo Minardi como piloto de pago, pero non conseguiu os cartos antes da carreira e foi substituído por Giancarlo Fisichella.[1] Marlboro expresou interese en que Fisichella correra desde o inicio da tempada.[2]

A carreira foi a primeira en usar o novo sistema de inicio de carreira, aínda usado hoxe na Fórmula 1.[3] substituíndo o vello sistema de luz vermella a verde. Co novo sistema, cinco luces vermellas encéndense nun intervalo dun segundo, comezando despois de que o último piloto chege á súa caixa na grella. Haí unha pausa pre-determinada, e entón as cinco luces apáganse simultaneamente.[4] Esta foi tamén a primeira carreira en ter unha sesión cualificadora o sábado pola tarde; a sesión de venres retirouse en 1996.

Cualificación

[editar | editar a fonte]

Jacques Villeneuve, no seu debut na Fórmula 1, logrou a pole position.

Ambos Forti non iniciaron a carreira debido á nova regra do 107% para cualificar, que dice que calquera coche que clasificase un 107% máis lento que o tempo da pole (1:38.837 nesta carreira) quedaría excluído. Por certo, que o equipo lograra o seu mellor resultado 7º na anterior carreira no fin da tempada no Gran Premio de Australia de 1995[5]

A medida foi introducida para asegurar que os equipos fosen o suficientemente rápidos como para correr e non ser só unha especie de chicanas móbiles.[6]

A primeira fila foi para Williams con Damon Hill e o debutante Jacques Villeneuve nos coches Rothmans azuis e brancos. Na primeira curva, Irvine foi presionado por Hill e o que significou que perdeu o seu impulso e foi superado polos dous Ferraris antes de entrar na terceira curva. Detrás de Hill, Alesi cruzouse diante de Hakkinen e Barrichello para reclamar a curva e comezou unha reacción en cadea de fortes freadas, xa que os pilotos intentaron evitar chocar uns contra outros. Foi ben ata que tocoulle a Coulthard. O McLaren de súpeto virou á esquerda e cruzou a pista cara ao lado do Sauber de Herbert. Herbert intentou evitar o coche e frenou fortemente pero detrás del Martin Brundle non puido controlar o seu coche. O piloto de Jordan intentou parar, pero contactou coa parte traseira de Herbert e Coulthard, e saíu voando para aterrar na trampa de area da curva 3 onde o coche rompeu en dous, facendo que a carreira fose reiniciada. Brundle saíu ileso.[7] O McLaren de David Coulthard e o Sauber de Johnny Herbert, tamén resultaron danados.[3]

Posteriormente Brundle trompeou logo dun pequeno contacto con Pedro Diniz no reinicio. Schumacher fixo un bo traballo para seguir adiante, pero nunca pareceu un candidato para o liderado. Nun patrón de carreira a dúas paradas, Schumacher perdeu medio minuto coa súa parada, aínda que permaneceu no terceiro lugar ata a volta 28 cando un problema cos freos deixouno fora. Iso deixou a Irvine, que anteriormente sobrevivira a unha colisión na sexta volta co Benetton de Jean Alesi, en terceiro lugar.

A carreira estivo marcada polo dominio de Jacques Villeneuve, que liderou a maior parte da carreira pero o seu debut nas carreiras viuse estragado por unha fuga de aceite ao final da carreira. Hill atrapou e pasou a Villeneuve.

Hill logrou a súa 14ª vitoria nun Gran Premio, igualando ao seu pai Graham no número total de vitorias. Ao final, o podio foi Hill-Villeneuve-Irvine.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Cualificación

[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Construtor Tempo Diferenza
1 6 Jacques Villeneuve Williams-Renault 1:32.371
2 5 Damon Hill Williams-Renault 1:32.509 +0.138
3 2 Eddie Irvine Ferrari 1:32.889 +0.518
4 1 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 1:33.125 +0.754
5 7 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:34.054 +1.683
6 3 Francia Jean Alesi Benetton-Renault 1:34.257 +1.886
7 4 Austria Gerhard Berger Benetton-Renault 1:34.344 +1.973
8 11 Rubens Barrichello Jordan-Peugeot 1:34.474 +2.103
9 15 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Sauber-Ford 1:34.494 +2.123
10 19 Finlandia Mika Salo Tyrrell-Yamaha 1:34.832 +2.461
11 9 Francia Olivier Panis Ligier-Mugen-Honda 1:35.330 +2.959
12 17 Países Baixos Jos Verstappen Footwork-Hart 1:35.338 +2.967
13 8 David Coulthard McLaren-Mercedes 1:35.351 +2.980
14 14 Johnny Herbert Sauber-Ford 1:35.453 +3.082
15 18 Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 1:35.715 +3.344
16 21 Italia Giancarlo Fisichella Minardi-Ford 1:35.898 +3.527
17 20 Portugal Pedro Lamy Minardi-Ford 1:36.109 +3.738
18 16 Ricardo Rosset Footwork-Hart 1:36.198 +3.827
19 12 Martin Brundle Jordan-Peugeot 1:36.286 +3.915
20 10 Pedro Diniz Ligier-Mugen-Honda 1:36.298 +3.927
107% tempo: 1:38.837
NSC 22 Italia Luca Badoer Forti-Ford 1:39.202 +6.831
NSC 23 Italia Andrea Montermini Forti-Ford 1:42.087 +9.716
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 5 Damon Hill Williams-Renault 58 1:32:50.491 2 10
2 6 Jacques Villeneuve Williams-Renault 58 +38.020 1 6
3 2 Eddie Irvine Ferrari 58 +1:02.571 3 4
4 4 Austria Gerhard Berger Benetton-Renault 58 +1:17.037 7 3
5 7 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 58 +1:35.071 5 2
6 19 Finlandia Mika Salo Tyrrell-Yamaha 57 +1 volta 10 1
7 9 Francia Olivier Panis Ligier-Mugen-Honda 57 +1 volta 11
8 15 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Sauber-Ford 57 +1 volta 9
9 16 Ricardo Rosset Footwork-Hart 56 +2 voltas 18
10 10 Pedro Diniz Ligier-Mugen-Honda 56 +2 volta 20
11 18 Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 55 +3 voltas 15
Ret 20 Portugal Pedro Lamy Minardi-Ford 42 Cinto de seguridade 17
Ret 1 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 32 Freos 4
Ret 21 Italia Giancarlo Fisichella Minardi-Ford 32 Embrague 16
Ret 11 Rubens Barrichello Jordan-Peugeot 29 Motor 8  
Ret 8 David Coulthard McLaren-Mercedes 24 Acelerador 13
Ret 17 Países Baixos Jos Verstappen Footwork-Hart 15 Motor 12
Ret 3 Francia Jean Alesi Benetton-Renault 9 Colisión 6
Ret 12 Martin Brundle Jordan-Peugeot 1 Colisión 19
Ret 14 Johnny Herbert Sauber-Ford 0 Colisión 14
Fonte:[8]

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]
  • Nota: só se inclúen as cinco primeiras posicións en ambas as clasificacións.
  1. "Minardi to get Fisichella?". www.grandprix.com. 4 de marzo de 1996. Consultado o 8 de agosto de 2017. 
  2. "Five drivers bidding for Minardi". www.grandprix.com. 15 de xaneiro de 1996. Consultado o 8 de agosto de 2017. 
  3. 3,0 3,1 "Grand Prix Results: Australian GP, 1996". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2009. Consultado o 28 de maio de 2009. 
  4. "FIA Formula One World Championship - Lights and Pit Lane" (PDF). FIA.com. 14 de marzo de 1996. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de marzo de 2005. Consultado o 20 de xaneiro de 2010. 
  5. "Forti - Team Summary". Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2012. Consultado o 09 de xuño de 2018. 
  6. "107% Disapproval". Autosport. 
  7. "Martin Brundle's Melbourne crash". www.grandprix.com. 11 de marzo de 1996. Consultado o 8 de agosto de 2017. 
  8. "1996 Australian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 1 de novembro de 2014. Consultado o 24 de decembro de2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]


Carreira anterior:
Gran Premio de Australia de 1995
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1996
Carreira seguinte:
Gran Premio do Brasil de 1996
Carreira anterior:
Gran Premio de Australia de 1995
Gran Premio de Australia Carreira seguinte:
Gran Premio de Australia de 1997