Gran Premio de Francia de 1966
Nome oficial | 52e Grand Prix de l'Automobile Club of France |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Francia |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1966 |
Distancia do evento | 48 |
Localización e Datas | |
Localización | Reims-Gueux (Gueux) 49°15′15″N 3°55′51″L / 49.2542, 3.9308 |
País | Francia |
Data | 3 de xullo de 1966 |
Competición | |
Primeiro posto | Jack Brabham |
Pole position | Lorenzo Bandini |
Volta máis rápida | Lorenzo Bandini |
O Gran Premio de Francia de fórmula 1 de 1966 celebrouse no circuíto de Reims-Gueux o 3 de xullo de 1966. Foi a carreira do '60º Aniversario' dos Grandes Premios, que comezaron co GP de Francia en 1906. Foi a terceira carreira da tempada de Fórmula Un de 1966. Tamén foi a 16ª e última vez no que o Gran Premio de Francia celebrouse nas diversas variacións das autoestradas francesas preto de Reims logo dunha ausencia de tres anos desta a rexión. A carreira levouse a cabo sobre 48 voltas ao circuíto de oito quilómetros cunha distancia de carreira de 400 quilómetros.
A carreira foi gañada polo campión do mundo de 1959 e 1960, o piloto australiano Jack Brabham pilotando o seu Brabham BT19. Foi a oitava vitoria de Brabham nun Gran Premio, a primeira desde o Gran Premio de Portugal de 1960, seis anos antes. Foi a súa primeira vitoria desde a creación do seu propio equipo, Brabham Racing Organisation e a primeira vitoria para o motor australiano Repco V8. Converteuse no primeiro piloto en gañar un Gran Premio do Campionato do Mundo nun coche que levaba o seu propio nome. Brabham logrou a vitoria con nove segundos sobre o piloto británico Mike Parkes pilotando un Ferrari 312. O piloto neozelandés Denny Hulme compañeiro de equipo do líder logrou o terceiro lugar no seu Brabham BT20.
Brabham lideraba o campionato con 12 puntos, dous máis que o piloto de Ferrari Lorenzo Bandini e tres por diante do BRM de Jackie Stewart e do Ferrari de John Surtees. A vitoria foi a primeira de catro consecutivas para Brabham, ao comezar a súa marcha cara ao seu terceiro campionato mundial.
Resumo da Carreira
[editar | editar a fonte]Jim Clark non participou, sufriu un accidente ao ser golpeado nun ollo por un paxaro durante a práctica. A pole position foi para a Ferrari nas mans de Lorenzo Bandini cun tempo de 2:07.8 no seu 312/66 de 3-litros, cunha media de 233´780 km/h. Trala saída, Bandini lideraba, con Jack Brabham, que tiña un pouco menos de velocidade punta en recta, no seu ronsel durante algún tempo. Mike Parkes, que se fixo cargo do Ferrari de John Surtees defendeuse ben, no duelo con Graham Hill polo terceiro posto, quedando segundo cando a árbore de levas de Hill rompeuse. Cando o Bandini tivo que retirarse debido a rotura do acelerador, Brabham logrou o primeiro lugar na meta, a súa primeira vitoria desde o Gran Premio de Portugal de 1960 foi o primeiro piloto en gañar un Grand Prix no seu propio coche. Tamén foi a última carreira en Reims-Gueux, o lugar de orixe dos Grandes Premios de Fórmula Un en Francia.
O campión do mundo da tempada de 1950 Nino Farina morreu nun accidente de coche cando se dirixía como espectador a esta carreira.[1]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 12 | Jack Brabham | Brabham-Repco | 48 | 1:48:31.3 | 4 | 9 |
2 | 22 | Mike Parkes | Ferrari | 48 | + 9.5 | 3 | 6 |
3 | 14 | Denny Hulme | Brabham-Repco | 46 | + 2 voltas | 9 | 4 |
4 | 6 | Jochen Rindt | Cooper-Maserati | 46 | + 2 voltas | 5 | 3 |
5 | 26 | Dan Gurney | Eagle-Climax | 45 | + 3 voltas | 14 | 2 |
6 | 44 | John Taylor | Brabham-BRM | 45 | + 3 voltas | 15 | 1 |
7 | 36 | Bob Anderson | Brabham-Climax | 44 | + 4 voltas | 12 | |
8 | 8 | Chris Amon | Cooper-Maserati | 44 | + 4 voltas | 7 | |
NC | 42 | Guy Ligier | Cooper-Maserati | 42 | Non clasificado | 11 | |
Ret | 2 | Pedro Rodríguez | Lotus-Climax | 40 | Fuga aceite | 13 | |
NC | 20 | Lorenzo Bandini | Ferrari | 37 | Non clasificado | 1 | |
NC | 30 | Jo Bonnier | Brabham-Climax | 32 | Non clasificado | 17 | |
Ret | 16 | Graham Hill | BRM | 13 | Motor | 8 | |
Ret | 38 | Jo Siffert | Cooper-Maserati | 10 | Sistema combustible | 6 | |
Ret | 32 | Mike Spence | Lotus-BRM | 8 | Embrague | 10 | |
Ret | 10 | John Surtees | Cooper-Maserati | 5 | Sistema combustible | 2 | |
Ret | 4 | Peter Arundell | Lotus-BRM | 3 | Caixa cambios | 16 |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Giuseppe Farina Profile - Drivers - GP Encyclopedia - F1 History on". Grandprix.com. Consultado o 2012-06-13.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Francia de 1966 |
- "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2008. Consultado o 2008-01-15.
Carreira anterior: Gran Premio de Bélxica de 1966 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1966 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Reino Unido de 1966 |
Carreira anterior: Gran Premio de Francia de 1965 |
Gran Premio de Francia | Carreira seguinte: Gran Premio de Francia de 1967 |