Saltar ao contido

Grou, Lobios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Mamede de Grou
ConcelloLobios[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas41°57′08″N 8°02′33″O / 41.95227778, -8.04244444
Poboación226 hab. (2022)
Entidades de poboación24[1]
editar datos en Wikidata ]

San Mamede de Grou é unha parroquia do concello de Lobios, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. Tiña 226 habitantes no ano 2022 segundo datos do INE[2] e do IGE[3], dos cales 107 eran homes e 119 mulleres.

[editar | editar a fonte]
  • Aquela que elí vendes/ ten un baille que dá risa;/ évos do lugar das Quintas/ e ándavos sen camisa [4].
  • Fun ó San Lorenzo ás Quintas/ i a Santa Eufemia a Parada:/ as mociñas de Requeixo/ son as que botan a vaia [5].
  • Hai unha mociña en Grou/ con tanto garbo e salero/ que cando vai paseando/ casque parez un torero [6].
  • No lugarciño das Quintas/ amores hei de tomar,/ á entrada ou á saída/ ou no medio do lugar [7].
  • Santa Comba dá boas mozas,/ hainas en Grou pimpineiras,/ en Lubeira cubizosas/ i en Rubiás camanduleiras [8].
  • Se che perguntan de onde es/ contéstalle en alta voz:/ Somos os mozos de Grou,/ solo temos medo a Dios [9].
  • Viva Bande, viva Bande,/ viva tamén Recarei,/ viva o lugar de Silvares/ que foi onde me eu criei [10].

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de San Mamede de Grou

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Grou no concello de Lobios na provincia de Ourense

A Carreira | Casal do Souto | Casardecima | Casardomato | Cimadevila | Coloño | O Corgo | A Cruz | O Eido | Ferreiros | Ferreiros de Alén | Foz | Marás | Pazos | Pedrosa | Pousa | As Quintas | A Rasela | Reguengo | Requeixo | A Rúa | Silvares | O Souto | Terradas


Parroquias de Lobios

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Lobios

Araúxo (San Martiño) | A Cela (Santa María) | Grou (San Mamede) | A Illa (San Lourenzo) | Lobios (San Miguel) | Manín (San Salvador) | Río Caldo (Santa María) | San Martiño de Grou (San Martiño) | San Paio de Araúxo (San Paio) | Torno (San Salvador)

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. "Instituto Nacional de Estadística. (Spanish Statistical Institute)". www.ine.es. Consultado o 2022-04-09. 
  3. "Nomenclátor estatístico de Galicia". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2022. Consultado o 2022-04-09. 
  4. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 44. Hai dous lugares chamados As Quintas ós que pode referirise esta cantiga: un pertence á parroquia de San Vicente de Lobeira (Lobeira) e outro a San Mamede de Grou, en Lobios.
  5. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 85). Botar a vaia é botar un desafío. As Quintas será o lugar da parroquia e concello de Lobeira, aínda que hai máis; Santa Eufemia de Parada é unha parroquia do mesmo concello; Requeixo pode ser lugar de San Mamede de Grou ou de Araúxo, dúas parroquias do concello de Lobios.
  6. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 87). No se pode saber a que Grou se refire: en Lobeira hai dúas parroquias con ese nome (San Martiño de Grou e Santa Cruz de Grou) e outras dúas en Lobios (San Martiño de Grou e San Mamede de Grou.
  7. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 109. Hai dous lugares chamados As Quintas ós que pode referirise esta cantiga: un pertence á parroquia de San Vicente de Lobeira (Lobeira) e outro a San Mamede de Grou (Lobios).
  8. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 141. San Trocado de Santa Comba é parroquia do concello de Bande; Lubeira enténdese que é a parroquia de San Vicente de Lobeira; Rubiás é lugar da parroquia de Cadós, en Bande; Grou, sen advocación, enténdese que é San Mamede de Grou, parroquia do concello de Lobios, pero tamén existe unha Santa Cruz de Grou, parroquia de Lobeira, e un San Martiño de Grou, parroquia compartida polos concellos de Lobeira e Lobios.
  9. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 142. Grou, sen advocación, enténdese que é San Mamede de Grou, parroquia do concello de Lobios, pero tamén existe unha Santa Cruz de Grou, parroquia de Lobeira, e un San Martiño de Grou, parroquia compartida polos concellos de Lobeira e Lobios.
  10. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 162. Bande e Recarei son lugares da parroquia de San Pedro de Bande; Silvares é lugar de San Mamede de Grou, Lobios.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]