Guy Chambers
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Guy Antony Chambers 12 de xaneiro de 1963 (61 anos) Londres, Reino Unido |
Educación | Guildhall School of Music and Drama (en) King David High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | compositor, compositor de cancións, produtor musical |
Instrumento | Guitarra |
Sitio web | guychambers.co.uk |
Guy Antony Chambers, nado o 12 de xaneiro de 1963 en Londres, é un compositor e produtor discográfico inglés, coñecido pola súa longa colaboración artística con Robbie Williams.
Colaboración con Robbie Williams
[editar | editar a fonte]Chambers colaborou, tanto como compositor e produtor, nos primeiros cinco álbums de Robbie Williams. Todos eles acadaron o número 1 no Reino Unido e acadaron vendas mundiais de máis de 40 millóns de copias. Chambers escribiu a maioría das cancións máis coñecidas de Williams, incluíndo "Rock DJ", "Feel", "Millenium", "Let Me Entertain You" e "Angels".[1]
Outras colaboracións
[editar | editar a fonte]Chambers e Williams deixaron de colaborar despois da gravación do quinto álbum de Williams, Escapology, rematada en 2002. Despois diso, Chambers traballou con artistas como INXS, producindo e escribindo cancións para o seu álbum de 2005, Switch.[2]
Chambers tamén escribiu cancións para a banda de pop rock londiniense Busted, como "Fake" e "Better Than This", do seu segundo álbum A Present For Everyone.[3]
En 2022, Chambers colaborou co músico austríaco Trickster para escribir e producir unha canción de Nadal chea de improperios que reflicte as tensións e o estrés dese ano (que se fixo viral).[4]
Premios
[editar | editar a fonte]- 3 Ivor Novello Awards
- 3 Brit Awards
- Q Classic Songwriter Award
- MMF Best Produced Record Award
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lydia Venn. "Robbie Williams: What is his relationship with Guy Chambers like now?". Consultado o 12 de febreiro de 2024.
- ↑ "INXS – Switch". Discogs. Consultado o 12 de febreiro de 2024.
- ↑ "Busted (3) – A Present For Everyone". Discogs. Consultado o 12 de febreiro de 2024.
- ↑ "Robbie Williams' songwriter aiming for Christmas Number One with expletive-ridden tune". Daily Mirror. Consultado o 12 de febreiro de 2024.