Saltar ao contido

HMHS Britannic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
HMHS Britannic

O Britannic como buque hospital durante a primeira guerra mundial, c.1915-1916.
Historial
Estaleiro Harland and Wolff, Belfast, Reino Unido Reino Unido
Clase Olympic
Tipo Transatlántico
Operador White Star Line
Royal Navy
Porto de rexistro Liverpool
Posta en grella 30 de novembro de 1911
Botado 26 de febreiro de 1914
Viaxe inaugural 23 de decembro de 1915 (como barco hospital)
Baixa 21 de novembro de 1916
Destino Afundido despois de chocar cunha mina submarina na canle de Kea (Grecia).
Características xerais
Desprazamento 53.000 t (48.158 de tonelaxe)
Velocidade Máxima: 23 nós
Tripulación 860
Capacidade 675 como barco hospital, 3.300 feridos, e 489 persoas de persoal médico.
Capacidade de como barco de pasaxeiros: en 1ª clase 790, en 2ª clase 836, e en 3ª clase 1530.

O HMHS Britannic (en inglés His majesty's Hospital Ship; Barco Hospital da Súa Maxestade), foi o terceiro barco da clase Olympic da compañía White Star Line, barco irmán do Olympic e do Titanic. A súa construción estaba na etapa inicial cando levantou áncoras o Titanic na súa viaxe inaugural. Fóra construído para transportar pasaxeiros, pero foi requisado e só funcionou como transporte de tropas e buque hospital, ata que afundíu en 1916.

Thomas Andrews foi un dos deseñadores do Britannic e os seus irmáns: o Olympic e o Titanic.

Ao igual que os seus dous irmáns o RMS Titanic e o RMS Olympic, o Britannic foi deseñado por Alexander Carlisle, xerente xeral de Harland and Wolff, e Thomas Andrews, xefe de departamento de construción do estaleiro. A quilla do Britannic foi posta o 30 de novembro de 1911 no esteleiro Harland and Wolff en Belfast, na mesma iarda na que se construíu o Olympic. O barco, chamado inicialmente Gigantic, foi renomeado logo como Britannic no último momento, para previr desgrazas como a do Titanic, e foi botado ao mar o 26 de febreiro de 1914. A White Star Line sempre negou que o buque ía chamarse Gigantic.

A causa do acontecido no Titanic en abril de 1912, fixéronse varios cambios ao deseño que consistiron en cubrir con dobre fondo todo o barco e aumentar o número de botes salvavidas máis do dobre usando uns grandes pescantes nos que cabían varios botes.

En agosto de 1914, meses despois da súa botadura, a primeira guerra mundial comezou e non compleráranse os interiores totalmente, foi requisado, adecuado e pintado como buque hospital, de cor branca cunha gran liña verde ao costado, e foron incorporadas unhas grandes cruces vermellas. A White Star Line anunciou que o buque levantaría áncoras na primavera de 1915 realizando a ruta Southampton - Nova York na súa viave inaugural, pero o comezo da primeira guerra mundial cambiou o destino do Britannic converténdoo en buque hospital con 3 300 camas para feridos.

Afundimento

[editar | editar a fonte]

O 12 de novembro de 1916, o Britannic saíu desde Southampton, capitaneado polo recoñecido capitán Charles A. Bartlett. Despois de recargar en Nápoles (Italia) o día 19 de novembro, cando cruzaba a canle de Kea (mar Exeo) no arquipélago grego, ás 08:12 da mañá do 21 de novembro tivo unha explosión causada por unha miña (tamén se di que a explosión puido ser causada por un torpedo, ou que puido ser unha explosión interna), a 4 millas ao oeste de Port St. Nikolo, illa de Kea, escorouse a estribor e afundíuse en só 55 minutos. O capitán Bartlett tentou embarrancar na illa de Kea para salvar ás persoas que transportaba o barco, pero o intento non tivo éxito e o barco empezou a afundirse máis rápido, polo que se ordenou o abandono e comezouse a arriar os botes salvavidas. Viaxaban no buque 1.125 persoas e morreron 29, a maioría cando os botes nos que ían foron succionados por unha das hélices. As máis de 1.000 persoas que sobreviviron foron rescatadas por varios barcos tras o naufraxio. O Britannic foi o barco máis grande perdido durante a primeira guerra mundial.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]