Haltere
Este artigo trata dunha peza de equipamento deportivo; non confundir con halterio, termo de zooloxía.
Un haltere[1] é unha peza de equipamento deportivo utilizado en musculación. Consiste nunha masa que pode ser sostida nunha man. Durante moito tempo estes pesos foron utilizados, por pares, por loitadores, culturistas, atletas e por persoas que desexan aumentar a forza e o volume dos seus músculos en xeral.
Os halteres modernos poden ser de metal, de PVC ou doutros materiais. Tamén poden suxeitarse con velcro[2] (marca rexistrada), sistema constituído por dúas tiras de tea diferentes que se unen por presión e se separan por tracción, unido aos pulsos ou aos nocellos.
Historia
[editar | editar a fonte]Os halteres eran un tipo de pesos duplos utilizados na Antiga Grecia, nos deportes. Poe exemplo, eran usados no levantamento de pesas (desta mesma orixe deriva o termo deportivo halterofilia), e tamén como pesos na versión antiga do salto de lonxitude, que probabelmente consistía nun conxunto de tres saltos.[3][4][5]
No salto, os halteres levábaas o atleta en ambas as mans para poder saltar a unha distancia maior. Talvez as deixaban caer tras o primeiro ou o segundo salto. Segundo evidencias arqueolóxicas, o atleta balancearía os pesos cara a atrás e logo o botaba cara a adiante xusto antes do salto e faríaas pivotar cara a atrás xusto antes de liberalas e chegar o saltador ao chan.
A principios do século XVII xa existían halteres coa familiar forma de dous pesos iguais unidos por un eixo.
Tipos de halteres modernos
[editar | editar a fonte]Os halteres pódense dividir en tres tipos:
- Halteres axustábeis: formadas por unha barra de metal cuxa parte central pode ser rugosa para mellorar o agarrado. Os pesos (discos) encáixanse nos extremos da barra e axústanse con clips ou porcas.
- Halteres de peso fixo: son pesos creados con forma de haltere. Os máis caros fabrícanse con aceiro fundido, ás veces recuberto de goma por seguridade. Os de menor prezo adoitan estar fabricados en plástico e recheas de cemento.
- Halteres "seleccionábeis": son halteres cuxo peso se pode cambiar de xeito mecánico mediante un dial ou outro medio. Isto fai moi sinxelo o troco de peso entre exercicios.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A palabra haltere provén do grego antigo ἁλτῆρες altḗres, un derivado do verbo ἅλλομαι hállomai, 'saltar', 'lanzarse'. (Cf. ἅλμα hálma, 'saltando').[6][7][8]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Saltador grego de lonxitude provisto de halteres.
Contra 510 a.C. -
Atleta grego facendo exercicios con dous halteres. Copia de 1885 do debuxo dunha xerra antiga.
-
Halteres modulábeis, constituídas por unha barra central e aneis remudábeis.
-
A modelo e presentadora da TV brasileira Amanda Françozo, exerciándose.
-
Marine estadounidense facendo exercicios con halteres.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para haltere.
- ↑ Recomendación do Servizo de Normalización Lingüística da USC
- ↑ Gardiner, Norman (2002). "Athletics in the Ancient World". Dover (en inglés). Consultado o 20 de marzo de 2017.
- ↑ Pearl, Bill (2005). "Getting Stronger: Weight Training for Sports" (en inglés). Shelter. Consultado o 20 de marzo de 2017.
- ↑ Miller, Stephen G. (2006). "Ancient Greek Athletics" (en inglés). Yale University Press. Consultado o 20 de marzo de 2017.
- ↑ ἁλτῆρες
- ↑ ἅλλομαι
- ↑ ἅλμα
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Haltere |