Handré Pollard
(2015) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 11 de marzo de 1994 (30 anos) Somerset West, Suráfrica (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Paarl Gimnasium (en) Universidade de Pretória (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 188 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 96 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogador de rugby | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2013 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | rugby a 15 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Fly-half (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Handré Pollard, nado en Somerset West o 11 de marzo de 1994, é un xogador profesional de rugby que xoga na posición de apertura no club inglés Leicester Tigers e na selección de Suráfrica. Como apertura titular dos Springboks conquistou dúas veces a Copa do Mundo de Rugby nas edicións de Xapón 2019 e Francia 2023. É o terceiro máximo anotador de puntos da historia da selección de Suráfrica e o máximo anotador en finais de Copas do Mundo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En categorías inferiores, o rapaz xa foi seleccionado por Western Province, o equipo da súa provincia. No 2013 converteuse en profesional e pasou a xogar nos Blue Bulls. No 2014 tamén comezou a xogar nos Bulls do Super Rugby. Xa no ano 2015, Handré firmou cos NTT Docomo Red Hurricanes da Top League do Xapón. Entre 2019 e 2022 xogou en Montpellier, club co cal gañou a Challenge Cup en 2021 e o Top 14 en 2022. En outubro de 2022 debutou como xogador de Leicester Tigers.
En canto á conxunto nacional, Pollard foi debutou por primeira vez cos Springboks absolutos o 28 de xuño de 2014 nun partido amigábel conta Escocia. Tamén formou parte da selección no Rugby Championship 2014, Rugby Championship 2015 e na Copa do Mundo de Rugby 2015. Xa dende o seu comezo, Pollard é o pateador de conversións e golpes de castigo do equipo.
Títulos
[editar | editar a fonte]- Coa selección de Suráfrica
- Copa do Mundo de Rugby = 2019, 2023
- Rugby Championship = 2019
- Co equipo de Montpellier
- Top 14 = 2022
- Challenge Cup = 2021