A tempada 2011-2012 da Heineken Cup é a 17ª edición da máxima competición continental do rugby europeo. O número de equipos participantes é de 24, igual que nas tempadas anteriores, divididos en 6 grupos de 4, para afrontar a primeira rolda da competición. Tralas 6 xornadas correspondentes a esta primeira rolda, comezarán os cuartos de final e semifinais, a un encontro, e a final. A primeira xornada disputouse nos días 11, 12 e 13 de novembro de 2011, e a gran final terá lugar o 19 de maio de 2012, no Twickenham Stadium de Londres.
Este ano Inglaterra ten 7 representantes no torneo xa que o ano anterior foi campión da European Challenge Cup un equipo deste país, o Harlequins. Pola súa banda, Irlanda ten 4 representantes, xa que o ano pasado o campión deste torneo foi o Leinster Rugby. O resto dos países teñen o número de representantes previsto na organización da European Rugby Cup.
A fase de grupos comezou o 11 de novembro de 2011 e rematou o 22 de xaneiro de 2012. Os 24 equipos dividíronse en 6 grupos de 4. Cada equipo tivo que disputar 6 encontros, 3 como local e outros 3 como visitante. Dos 24 equipos só 8 poderían pasar á fase de cuartos de final. Estes 8 equipos serían os 6 campións de grupo e os restantes 2 equipos con máis puntuación.
O desenvolvemento da fase de grupos foi do seguinte xeito:
Os puntos bonus acádanse anotando mais de 3 ensaios e perdendo por menos de 8 puntos.
En verde os equipos en cuartos de final.
Os Scarlets compartiron o liderado do grupo durante as 2 primeiras xornadas, pero Munster Rugby desfíxose dos galeses nos seus dous enfrontamentos particulares, acadando a súa praza para os cuartos de final matematicamente na xornada 5.
Os puntos bonus acádanse anotando mais de 3 ensaios e perdendo por menos de 8 puntos.
En verde os equipos en cuartos de final.
Edinburgh Rugby e Cardiff Blues venceron tódolos encontros agás un dos seus encontros particulares, dominando o grupo en parella, e acadando ámbolos dous o pase a cuartos de final. O equipo escocés fíxoo como líder do grupo, e o galés fíxoo por puntuación.
Os puntos bonus acádanse anotando mais de 3 ensaios e perdendo por menos de 8 puntos.
En verde os equipos en cuartos de final.
Despois dun empate na primeira xornada, Leinster acadou 5 vitorias seguidas, conquistando de xeito matemático o seu pase para cuartos de final na 5ª xornada ó derrotar a Glasgow.
Os puntos bonus acádanse anotando mais de 3 ensaios e perdendo por menos de 8 puntos.
En verde os equipos en cuartos de final.
Nun grupo caracterizado pola presenza dun equipo tan feble como Aironi, os restantes 3 equipos acadaron unha alta puntuación, sendo a última xornada a que decidiu se Clermont ou Leicester acompañaban a Ulster nos cuartos de final.
Os puntos bonus acádanse anotando mais de 3 ensaios e perdendo por menos de 8 puntos.
En verde os equipos en cuartos de final.
Saracens e Biarritz loitaron pola primeira posición deste grupo até a 5ª xornada, na cal houbo un enfrontamento particular entre os dous equipos, que rematou cunha decisiva vitoria do conxunto inglés.
Este resultado supuxo para Leinster Rugby o 3º título da Heineken Cup nos últimos 4 anos, confirmando o seu dominio a nivel de clubs no panorama europeo.