Hemocromatose
Aparencia
Hemocromatose | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Depósitos de ferro nunha tinción histolóxica. | |
ICD-10 | E83.1 |
ICD-9 | 275.0 |
OMIM | 235200 |
DiseasesDB | 5490 |
MedlinePlus | 000327 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A hemocromatose (do grego αἷμα haima 'sangue' e χρώμα chróma 'cor') é unha doenza que afecta ao metabolismo do ferro, provocando unha acumulación excesiva e prexudicial deste metal nos órganos e sistemas do corpo humano. Non ha de confundirse coa hemosiderose, afectación caracterizada polo exceso de hemosiderina nos tecidos, mais que non chega a producir dano orgánico algún. Cando o depósito de ferro chega a tal punto que ocasiona prexuízo aos órganos nos que se deposita (sobre todo o fígado), fálase de hemocromatose. Consitúe unha doenza hereditaria, sendo máis común na raza caucásica, sobre todo nos habitantes do norte de Europa. A prevalenza é de arredor de 1 cada 200-250 persoas nestes países.
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |