Henrique I de Castela
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de abril de 1204 Valladolid, España |
Morte | 6 de xuño de 1217 (13 anos) Palencia, España |
Causa da morte | morte accidental |
Lugar de sepultura | Mosteiro de las Huelgas |
Monarca do Reino de Castela | |
1214 – 1217 | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | gobernante |
Outro | |
Título | Rei de Castela |
Familia | Casa de Borgoña |
Cónxuxe | Mafalda de Portugal (1215 (Gregoriano)–) |
Pais | Afonso VIII de Castela e Leonor Plantagenet |
Irmáns | Branca de Castela Leonor de Castela Berenguela de Castela Urraca de Castela Sancho de Castilla Sancha de Castilla Mafalda de Castilla Ferdinand of Castile Constanza de Castilla |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Henrique I de Castela, nado en Valladolid o 14 de abril de 1204 e finado en Palencia o 6 de xuño de 1217, chamado tamén Henrique de Borgoña, foi rei de Castela[1] entre 1214 e 1217.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo mais novo de Afonso VIII e de Leonor de Plantagenet, accedeu ó trono con dez anos ó morrer os seus seis irmáns homes. A súa minoridade supuxo a apertura dun período de rexencia de 24 días por parte da súa nai. Trala súa morte asumiu a rexencia a súa irmá mais vella, Berenguela, que residía na corte castelá trala anulación do seu matrimonio con Afonso IX de León polo papa Inocencio III en 1204.
A rexencia de Berenguela foi contestada pola familia Lara, nobres casteláns que xa se destacaran polas súas intrigas durante a minoría de idade de Afonso VIII. Encabezados polo conde Álvaro Núñez de Lara, negaban a oportunidade de que unha muller se fixese cargo da rexencia do reino, empuxando a Berenguela a renunciar á rexencia para evitar os mesmos conflitos que caracterizaron os primeiros anos do reinado do seu pai Afonso VIII.
A tutela do conde de Lara produciu desavinzas entre a nobreza castelá, que temía o enorme poder que con ela obtiñan os Lara, que desde un primeiro momento manobraron para consolidar a súa posición concertando en 1215 o matrimonio de Henrique coa infanta Mafalda de Portugal, filla do rei Sancho I. O matrimonio nunca foi consumado e acabou sendo anulado ó ano seguinte por Inocencio III, debido ó grao de parentesco entre eles.
Isto motivou ó conde Álvaro Núñez de Lara a concertar un novo matrimonio de Henrique con Sancha, filla de Afonso IX, co que se pretendía unir os reinos de Castela-Toledo e Galiza-León e apartar da liña sucesoria dos dous reinos a Fernando, fillo de Berenguela e do propio rei galego-leonés.
Porén, antes de celebrar os esponsais, Henrique I faleceu en Palencia de forma accidental, ó caer sobre el unha tella desprendida dunha das torres do pazo episcopal de Palencia, onde xogaba con outros nenos.
Á súa morte apareceu un problema sucesorio. Elixida Berenguela, irmá de Henrique e esposa de Afonso IX, como raíña en 1217, renunciou en favor do seu fillo, o herdeiro dos reinos de Galiza e León Fernando III o Santo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A titulación completa era Rex Castelle et Toleti (Rei de Castela e Toledo)
Reino de Castela | ||
---|---|---|
Segue a: Afonso VIII de Castela |
Henrique I de Castela | Precede a: Berenguela de León e Castela |
Borgoña |